Nacín no ano 1973 en Vigo e levo desde 2004 na Coruña. Estou casado ca marabillosa muller que dan en chamar señora Colombo e desde maio do 2008 temos unha filla que é a maior ledicia da nosa vida.
Nesta leria dos blogues comecei en decembro de 2005. Primeiro no Opera Community (unha rareza), despois no Blogger (un tópico), e agora na Blogaliza (un acerto).
Desde novembro do 2008 teño tamén un falangullo tamén aquí na Blogaliza: falabarato.
Se me coñeces hai moito, pouco podo contar, se me lees desde hai tempo xa sabes de que vai isto.
E se aterraches por casualidade, o mellor é que botes unha ollada. Escribo sobre a banda deseñada que leo, tamén ás veces do cinema que vexo. Conto as cousas que van pasando, coa miña famillia ou moitas veces con outras xentes do blogomillo e ilustradas con fotos ainda que as mais das veces tape as caras. Opino sobre as novas que atopo na rede, nos xornais, na radio ou na televisión. Tamén falo sobre a radio e a televisión de cando en vez e no falangullo de conceptos sinxelos de economía.
Esto encaixa bastante dentro da definición de blogue persoal, que é o mesmo que dicir que non teño un tema fixo e que falo do que me peta cada día.
Non teño viño, nin xamón, nin queixo, só podo ofrecerche o teu propio asento e apenas algo de conversa. Ainda así estás convidado á miña casa na rede sempre que queiras, e se fas o favor deixa algún comentario para írmonos coñecendo.
Grazas pola visita.
Pois moitas grazas polo apoio a todos e todas, pero especialmente a Ghanito, que xa me gustaría saber quen es e por que gardas tan malas lembranzas.
Seguiremos dando a brasa o que faga falla.
Dixo por Isa despedida 18 abril, 2008 sobre 6:45 pm
[...] E non hai mais que contar. (um pai babado) [...]
Aviso (Pingback) por uma notícia há muito aguardada… « Novo mundo 25 maio, 2008 sobre 2:35 pm
Olá gostaria que me ajudasse dissendo como faço para crakear o Office 2007, pois tem uns modelos de documentos que eu quero, mas só esta disponivel pra usuarios de office original.
Ai toda vez passa pela validação e não autoriza, dissendo ser software pirata.
Grato
Dixo por Thiago 22 febreiro, 2009 sobre 1:08 am
Pois encantada de teres aterrado aquí. Unha boa sorpresa. Apertas!
Dixo por descalza 16 maio, 2009 sobre 10:43 am