Vexo que tivo exito o da adiviña de onte coas fotos do Cinque terre feitas por pansaram, así que hoxe farei dúas cousas.

A primeira, para non esquecerme, recomendar que visitedes casa Mourente, onde xa dan unha proba do seu novo Prosciutto. Pequena sesión de kara.o.ke.

E a segunda, unha nova foto misteriosa. Desta volta vais ser moito mais doada, e xa víchedes que a de onte non tiña dificultades para moita xente. Como é tan, tan doada tedes que dicir cal é exactamente o lugar.

Aquí teredes que premer na imaxe para vela mais grande.

E non está tan lonxe coma Kuala Lumpur ;)

Chuzame! chuzame -

Canto, canto tempo había que non xogábamos ás adiviñas!

Hai tanto tempo que só os mais vellos do lugar o lembrarán.

Así que hoxe unha que, para poñervos a punto, eu penso ha de ser bastante difícil.

Onde están tomadas todas estas fotografías? O autor de todas elas tivo o bo gusto de subilas ao flickr cunha licenza creative commons recoñecemento, compartir igual, ningunha obra derivada, porén dareille o debido recoñecemento cando sexa desvelada a ubicación, para que non vaiades dereitos ao flickr a mirar onde están tomadas.

A ver, sen medo, quen é o primeiro?

Chuzame! chuzame -

Na ecografía que o venres fixéronlle a moru estivemos tentando descubrir cal vai ser o sexo da criatura e...

xa o sabemos.

Ou alomenos semella que o sabemos. Igual non ó 100%, mais abofé que as probabilidades son xa mais do 50% inicial.

Algún atrevese a adiviñalo?

Non hai premio (como xa é costume :P)

Chuzame! chuzame -

Alguén sabe vendo a foto que é isto?

Cando adiviñedes o que é igual falo algo do tal producto.

Chuzame! chuzame -

Despois do pouco suceso que tivo a última adiviña, desta volta collín imaxes do Blogomillo, modifiqueinas ou recorteinas e vounas poñer aquí, a ver se recoñecedes a súa orixe.

Agardo que nesta teñades mais acerto.

1.-

ancorado.jpg

2.-

arco.jpg

3.-

desfeita.JPG

4.-

polbo.jpg

5.-

serio.jpg

6.-

sol.jpg

7.-

muller.jpg

8.-

cadros.jpg

9.-

cordon.jpg

10.-

panoramica.jpg

Todos están na miña lista de ligazóns, e as mais delas son moi doadas.

E rematou xa o tempo, a solución xa está nos comentarios.

Chuzame! chuzame -

Só os mais vellos do lugar lembran xa que este blogue adoitaba poñer adiviñas.

Aquí tendes unha, ¿onde están sacadas estas fotos?

82057087_6b5e187c6a_b.jpg377032691_97840495f3_o.jpg59078280_e8e523b239_b.jpg330177185_330342f14a_b.jpg

O premio será...

Esa intensa satisfacción de saberse mais listo que o resto, que o orzamento de premios está a cero.

Chuzame! chuzame -