
16 xullo 2008

Neste intre algunha mala persoa estará a actualizar o seu blogue para manterme ocupado
Pido desculpas ós meus 38 suscriptores do reader (e ós 30 do bloglines) por facerlle eu o mesmo. E grazas por estar aí
chuzame - 
16 xullo 2008

Neste intre algunha mala persoa estará a actualizar o seu blogue para manterme ocupado
Pido desculpas ós meus 38 suscriptores do reader (e ós 30 do bloglines) por facerlle eu o mesmo. E grazas por estar aí
chuzame - Estes días, ademais de estar na casa ca familia e ver a televisión mais do habitual para min (eurocopa incluida) pouco mais fixen.
O mais salientabel, seguramente foi estar o venres coa familia pelacha e dorfun na presentación de que la ciencia te acompañe, atraidos pola persoalidade dun dos editores do libro, que ilusamente dixo que se algún dia os ten, os seus fillos non terán Playstation. Abofé que non. Quen quererá unha antigualla coma esa nuns anos? haberá cousas piores.
Por certo, coñecín á Pelacha e estiven falando moito rato con ela. É encantadora. E mándolle un bico a Leco para mañá, que xa sabe ela por que é.Esta é a pelacha debuxando con moito estilo

Alén diso o mais importante do que fixen leva aparellado gastar unha gran cantidade de cartos:
1.- mercar un coche.
Desta volta non contei os meus padecementos. Porque ó contrario que opaco eu odio andar buscando coche. Todo reduciuse a pasar uns meses convencendo á señora colombo de que o coche que lle conviña era o que a min me gustaba e ningún outro.
Puiden levala ó meu rego e mercamos un Honda Jazz. Que leva matriculado desde o venres e ainda non o collimos!
Somos mais raros que diola.
2.- estivemos vendo un mac mini. Probablemente merquemos un mac mini e unha pantalla de 40'' para o salón e un router para montar unha rede na casa co outro PC. Tamén é posibel que caia un disco externo de 1Tb, pero xa se verá.
O coche custou case 10 veces mais que o resto, pero dareille mais voltas á compra porque iso si que me gusta compralo
Xa vedes, paso o día repartido entre o meu papel de pai de familia e alienandome grazas ao consumismo.
chuzame - Xa está. Non agardei sequera á chegada da Moruncha para que o Google Reader estivera fora de control. Pasei a semana vendo series baixadas (do ceo) e non lin coma tiña por costume.
E esta fin de semana adicandome a cousas mais importantes (e satisfactorias) non fixeron que me recuperara. Este é o estado da cuestión.

Cando o que tiña que ler decote chega a 350 algo non está indo ben
(Ó dos friends' shared items non lle fagades moito caso que non o teño nunca día, eses 526 non contan)
E por certo, onte vin o partido de futbol (igual que outros millóns de persoas), non quería que pasara coma cando o 12-1 a Malta que perdin os primeiros 9 ou 10 goles porque preferín xogar ao tente
Se gañaban, como foi o caso, alegraríame e se perderan escarallaríame deles, así que ver o partido era unha aposta segura. Non tan segura coma da última vez. Aquel slogan de A por ellos era moito mais propicio a fozar na ferida do que este de Podemos .
Parabéns aos fuboleiros todos, e tamén aos clientes de MediaMart.
chuzame - Despois de ver as últimas estatísticas de visitas da Blogaliza cheguei a un par de conclusións:
A primeira é que no blogomillo hai un grande interese polos nenos. Igual non por ter nenos de seu, mais si polas cousas que lles pasan ós nenos do resto
E a segunda que as fotos de rapazas guapas seguen atraendo as visitas, non importa a súa idade.
Será por iso que, despois de meses e meses tentando ter tantas visitas coma o marabillosos blogue dos pelachos, foi preciso que tivera unha filla para poder adiantalos. Alfredo e Leco levaban vantaxe, que teñen un neno e unha nena, mais eles non quixeron compartir as imaxes dos seus guapísimos cativos e iso permitiume adiantalos [temporalmente, abofé
].
Pero isto descubrino onte á noite, polo medio esta fin de semana houbo 500km de autoestrada, unha voda e colicos da moruncha.
Porque o sábado casoume un curmán en Vigo, e como a señora colombo ainda está recuperándose fun eu só a voda desde Ourense a Vigo, ida e volta. O tempo xusto para saudar a xente, facer 500 ou 600 fotos e marchar (o das fotos non é coña, cando empezo coas ráfagas da cámara perdo a conta
) Nin sequera fun tomar o aperitivo, ainda que sei pola miña nai que foi un banquete de sete estalos.

O domingo tivemos a novidade de que a moruncha, como agora está mais esperta e con mais fame, nas tomas zuga con tanta ansia que toma moito mais ar do que antes e está tendo algúns cólicos. Non me gusta un carallo que a nena chore, porén a que o leva pior é a señora colombo.
Con todo, tiven tempo para descansar no balcon lendo algo de BD ca moruncha ó meu carón.

Ainda que todavía mellor que iso foi poder collela todalas veces que quixen na fin de semana.

chuzame - Despois das dúas anteriores entradas non sei como seguir.
Tantos comentarios, tantas visitas... Este blogue chegou ó seu cume. Agora todo vai ser cara abaixo
E tampouco sei que facer na casa, só.
Si, só. Porque a señoraColombo quedou ocupándose de educar, alimentar e coidar á Moruncha mentras eu sigo traballando para ter algo que levarlle á boca poder seguir mercándolle cueiros á nena.
O plan é o seguinte [vouno contar aquí para que vos deades todos por explicados
]: despois destes días polo parto quédanme ainda 14 días (que convertirei nas vacacións do verán que pasarei cas miñas rapazas). E os días propiamente de vacacións (algo mais de un mes) empregareinos coma se foran a miña baixa paternal cando a sra. Colombo teña que voltar ao traballo. Así, e coa axuda da miña sogra uns poucos días soltos mais, a nena non terá que ir á gardeiría até 2009. (mañá vou botar unha ollada a que está ó lado do traballo da Sra. Colombo e probabelmente a reservar praza, que disque ten a súa dificultade)
Onte contoume ifrit no fedello que entre os dous facemos un coñecido. O outro día no Rock en Costa un espontaneo non identificado (se les isto agardo que te identifiques) abordouno e dicindolle "ghanito, ghanito" e o nome da moruncha. Cando ifrit quedou conxelado, sen saber que dicir cambiou e empezou a dicir "apocalipse do porco, apocalipse do porco" entón ifrit aclaroulle que el era ifrit de cinema friki.
Non sei de onde ven a confusión. Nas fotos, ainda que apague a cara, pódese ver que eu non son rubio coma o Ifrit. Supoño que sería unha desas estrañas ocasións nas que Ifrit non vai arrodeado de rapazas polacas e iso levou a este rapaz á confusión de identidades.
Remato por hoxe. Podedes ver unha imaxe de onde preferiría estar e non aquí diante do teclado.

Vendo esta foto sinto envexa de min mesmo (é iso posíbel?)
chuzame - Hoxe, derradeiro serán na Coruña antes de marchar para Ourense para agardar polo nacemento da moruncha, estiven na charla que mantiveron na FNAC Pawley e José Manuel Sande. Despois das interesantes reflexións sobre o cine africano (que descoñezo completamente, claro) merquei o libro de Ousmane Sembène O xiro postal editado por Rinoceronte (ben que tardei en mercarlle o primeiro libro a esta xente).
Mañá traballarei á mañá e despois irei para Ourense e comerei xa aló.
Cando poida contarei que tal foi todo, agora estou moi impaciente e cada día mais nervioso.
Todo vai cambiar.
Moito.
(este do sorriso son eu)
chuzame -