Despois do concerto de Leonard Cohen (e das cañas posteriores cos amigos cos que estaba) espertei cedo para poder estar na Coruña ás 11 e chegar á rolda de prensa. Pensei que sería de Paco Roca e Posy Simmonds, mais en realidade eran Vittorio Giardino,

Enrique Vegas

e Pasqual Ferry.

Ainda que Pasqual ferry tivera despistados a dous xornalistas que andaban por aló, non é un autor francés, segue sendo catalán ainda que publique normalmente nos EUA.
A conversa centrouse no mercado da BD en España, abríu Ferry cunha diagnose pesimista: dominio da importación, producción aislada e dificultades para vivir só da BD en España. Enrique Vegas engadíu que el era dos que publicaban e só aspiraba a poder cobrar polo seu traballo, igual que calquera outro. Giardino equiparou a situación de Italia ca de España e falou da competencia da TV, un ocio que non esixe esforzo ao espectador. Ainda que lembrou que xa Horacio falaba na súa época da crise da literatura, polo que igual non había que preocuparse moito.
Falaron da baixada de cifras de vendas (que tamén sentiron na súa escala nos EUA e Francia) e da competencia do manga, que é quen de segmentar o destinatario, facendo obras para seareiros do golf ou da cociña por poñer dous exemplos, e renovar o seu público coa entrada de nenos e adolescentes (incluindo as rapazas!). Tamén apuntaron que certas obras de calidade sempre tiveron baixas vendas: disque Goethe vendíu 30 ou 40 exemplares da primeira edición de Werther.
Sobre o seu paso do mercado español aos EUA Ferry dixo que foi pasar dun voluntarismo algo hippie a un mercado moi profesional, onde ser comic book artist era unha profesión na que se podía facer carreira e había moita competencia. Contou a anécdota de que no seu edificio en Barcelona cando a alguén lle di que é debuxante de comics sempre lle preguntan se non fai algo mais para vivir, cousa que xamais ocorre nos EUA onde é unha profesión considerada ‘seria’.
Enrique Vegas dixo que non se sentía encasillado no seu estilo debuxando ‘cabezóns’, que encasillarse sería traballar trinta anos en calquera profesión, que desfruta moitísimo co que fai e se lle da ben así que non ve motivo para cambiar. Ademais atoparse cos seus leitores e ver como os nenos e os seus pais desfrutan coas súas obras é moi gratificante, un motivo mais para seguir na mesma liña.
Xa vedes que recuperei as miñas notas
Despois da rolda de prensa atopeime con Zeke e Pablo que viñeron pasar o venres Á Coruña, fomos ver a expo dos guionistas americanos e despois comimos outra vez no tren os tres con Eva.
Á tarde boteille morro e dinlle os meus álbumes para que tentaran conseguirme algún debuxo. Portáronse de coña
e trouxeronme un de Pasqual Ferry e outro de José Fonollosa (co que finalmente non lle fixen unha mísera foto en toda a semana e non falei mais que dúas palabras o sábado)
Mentras, eu estaba nas charlas de Paco Roca e Posy Simmonds

Tanto un coma a outra foron moi agradabeis, ainda que xa falarei deles co gallo da rolda de prensa, porque despois á noite tiñamos… festa!
O venres foi a festa de Polaqia, coincidía co concerto de Raphael e tiñamos tamén gaña de ir, polo que había que repartirse, porén liámonos e non baixamos á praia até case as 12 e o concerto comezaba ás 11. Nese intre como Riazor estaba cheo de xente a tope a min deixou de facerme graza baixar á area para escoitalo no medio dun público ‘interxeracional’ (por dicir algo) e a festa comezaba tamén a esa hora en Montealto, así que xa tiramos para aló (con algunha discusión previa todo hai que dicilo).
A festa era nun lugar chamado el bar sin nombre, que está a carón da policía local e foi do mesmo estilo que a festa do ano pasado, só que desta volta xa estaba acordado que durara até mais tarde e a cervexa non deixou de ser de balde até que rematou
Por aló andaban os Polaqos, a xente de Astiberri que ten o bo humor de organizar a festa con eles, e algúns outros da paisaxe de viñetas: libreiros e afeccionados (tampouco demasiados que o local era pequeno). Tamén se sumaron cando rematou unha cea da organización algún dos autores e dos voluntarios da organización.

Fan sorteo duns agasallos, e mantendo a tónica do ano pasado (que foi a primeira á que fun, non sei antes) foi amenizado por berros de tongo, tongo por parte do persoal.

(Mesmo cando lle tocou algo a un dos que viña comigo seguimos berrando tongo) Acho que ese non foi o motivo polo que víu a policía local,

supoño que tivo mais que ver co pequeno que era o local e a calor que había, convertindo a rúa nunha extensión da festa.

Foi unha festa estupenda. Do mellor da semana sen dúbida.















