O motivo de pedir a cámara foi para gravar a visita guiada de onte á exposición de Superheroes na Coruña, da man de Jaume Vaquer, igual que xa a gravara o ano pasado. É a mais visual das charlas pola súa propia natureza de visita guiada e ademais xa o coñecía dos dous anos anteriores e sabía que paga a pena.
Alongouse mais do programado e desta volta non o acompañaba alguén da organización que lle fora marcando o tempo, así que finalmente foron hora e tres cuartos. Por este motivo cheguei coa charla de Pere Joan xa comezada e algo canso de levar a cámara na man tanto tempo, cousa á que non estou acostumado polo que non a gravei. Por certo, o de levar a cámara en man e o pouco costume que teño agora é causa de que a imaxe sexa menos estable do desexado por min.
Faise algo longa para ver en video, é desas cousas que eu sempre vou deixando para ver pola súa duración, mais poñede a pantalla completa e ide vendo anacos se vos parece longo porque é unha visita moi interesante. Con todos vós, Jaume Vaquer:
No momento de publicar isto ainda YouTube está procesando este terceiro video polo que non da toda a calidade que acabará tendo. Paciencia.
Por certo, esqueceume contar para quen non o saiba que a rapaza que sae no terceiro video e pola que alguén pregunta é Emma Rios, que está a debuxar arestora Cloak and Dagger para Marvel.
E van dous días seguidos de blogue, isto vai ser para anotar



