Onte desfrutei coma un anano. Pagou a pena erguerse cedo para chegar a tempo desde Ourense á terceira edición do partido das estrelas da LNB. Confeso que non gosto moito da denominación desta festa, (porque iso é o que é: unha festa) porén recoñezo tamén que o nome acaelle ben á xuntanza de estrelas que hoxe houbo na Zapateira.
Se queredes fotos non as ides atopar aquí (polo de agora) porque tiven problemas coa cámara e polo de agora non as teño.
So lembrar o emocionante que foi o decorrer da competición, con momentos na que a conferencia local (e retadora) adiantouse ós visitantes (e campións) co que a presión pareceu por uns intres que deixaría unha sorpresa no resultado.
Finalmente gañaron eles ainda que houbo que chegar ao desempate nun dos dous grupos. A emoción chegou até o final decidíndose pola maior distancia nunha derradeira carreira de desempate (anulándose ademais o primeiro golpe de cada un porque non foron válidos!!)
Algo semellante ocorreu no concurso de varados, ainda que neste caso a disputa do desmpate xogábase na casa nas filas da NorLeste e bastante apretada estivo a competición de mates na que un dúo do NorLeste impúxose a un trío do NorOeste por poucos puntos de distanza. As dúas xogadas foron moi espectaculares, porén eles fixerona á primeira e iso axudoulles na votación do xurado (completamente feminino, por certo).
Durante varios momentos da xornada escoitouse de fondo a música e no momento do saudo entre os dous equipos o tema que facía vibrar a pista da Zapateira era billarda, de Mafia Galega. Ligo á paxina de Vieiros, porque desde xa podedes saber (se non era sabido) que vieiros patrocina a LNB! Si señores, a empresa acordar, que edita Vieiros apostou por destinar parte dos cartiños que teñen para se facer publicidade a patrocinar a LNB. Concordo nisto con Xermán: que unha empresa privada apostara pola LNB, é un sinal de que isto vai cara adiante.
Por se todo isto non abondaba, despois de xogar gran parte da tribo foi xantar confraternizando cos membros da outra conferencias.
Destacaría de todo o día o bo ambiente que houbo, e o moito que me divertín. Hoxe ademais xoguei ben e gañei dúas das miñas tres carreiras e superei a presión psicolóxica que me impedía xogar ó 100%
Na parte negativa só unha cousa: lembrarlle á persoa que nos deu de comer que os chipiróns fanse na súa tinta e non na súa area. Non lle pedín a receita, porén se a queredes probar só tedes que deixarlle toda a area do mundo dentro ós chipirons e despois cociñalos coma sempre fagades.
Isto foi só un adianto, en maio a gran final vaise xogar en Santiago DC e para o ano que ven non vamos andar con chiquitas no All Star. Ainda que, quen sabe? igual o ano que ven agroma unha nova conferencia no sur e temos que ir xogar pola parte de Vigo.
Outro deporte é posibel!
chuzame -