Onte foron entregados os Premios nacionais do deporte galego e con moi bo criterio, un dos premios foi parar á Liga Nacional de Billarda, na categoría de mellor iniciativa no deporte tradicional.

Con tal motivo, unha representación da conferencia NorLeste achegouse Á Coruña para recoller o premio e tomarlle algo con nós despois coma recompensa. Disque o discurso de recollida non ten desperdicio. Haberá que estar atentos a televaral para reproducilo aquí así que o suban.

Diante da bombilla fixen esta foto de familia.

As dúas estrelas de televaral, a estrela indiscutibel e a súa remuda do noroeste :D (o fondo escolleuse á mantenta)

Despois fomos ó Patachim cunha parada previa na praza do humor, (na que había mais policías que xente facendo botellón) para facer a visita turística Á Coruña de noite.

Non sei se entraría algunha vez tanta xente con garavata no Patachim

O premio non permitía beber por el, porén tivemos uns grandes momentos de air guitar.

Despois do Patachim colleron o bus para marchar todos cara ás terras da conferencia norleste e quedamos sós os electrónicos que ainda nos achegamos cara ó 14 para tomarlle a última e concretar algún tema do que xa vos contarei nuns días.

Foi estupendo pasar a noite cos irmáns billardeiros veteranos e agardo que se repita logo. A ser posible competindo polo título nacional da LNB!:lol:

Aproveito para colar un cartaz que atopamos onte na Praza de España (a.k.a. Campo da leña) como servizo público de apocalipse do porco á comunidade

E por hoxe rematei. Lembrade: outro deporte é posibel. E cada día mais!

Chuzame! A Facebook A Twitter