Comentaba o venres ca rapaza do arco, besbellinha e mario que este blogue, contra o que di besbe do seu, si que pretende ter unha política de privacidade.
Non é unha política completamente clara, (como poucas cousas hai claras nesta vida) porén hai unha verdade inmutabel (alomenos polo de agora): Eu nunca deixo ver o meu rostro.
Despois de deixar isto claro, e asumindo o imperativo categórico kantiano debería apagarlle as caras a todos os demais retratados no blogue. Houbo un tempo no que as 'bolachas' na cara eran sinal de identidade do blogue, e mesmo fixen unha peza de ChuzArte adaptandolle a cor a unha foto desas con 'bolachas'.

Como hai xente que gosta da súa cara na rede, e moitos teñen unha cara mais coñecida antes de sair no blogue do que os poida facer aparecer neste humilde recuncho do lercheo blogomilleiro (tomo nota besbe para montar o Aquí hai blogotomate) algunha xente empezou a aparecer ca súa cara sen 'bolacha'. Mesmo algún reclamara xa aparecer ca súa cara sen tapar (coma berto mentras o aduaneiro Panchez, que mesmo foi disfarzado á TVG seguro que agradeceu que lle tapara a cara.


Fagamos unha paréntes para lembrar a súa marabillosa aparición en somos unha potenzia.
Por iso, agora, cando sei que alguén aparece na rede deixolle a cara a non ser que me pida que lle poña unha bolacha na cara.
Pode ser que cometa erros coma o que me reclamou o venres a rapaza do arco, porén non son á mantenta.
Por último, se alguén aparece nas miñas fotos e non poño o seu nome, igual non lle tapo a cara, porque o caso é manter o anonimato do que o queira manter (que por iso empezou toda esta leria das bolachas). A non ser casos coma o do outro día que nunha foto do público (que non puxen) aparecían dous rapaces (os que non coñezo de nada) bicándose. Non vaia ser que non sairan do armario na casa e a súa nai lea este blogue.
As queixas e suxestións, coma sempre, nos comentarios.
chuzame -