Según comenta no blogue a autora de http://ogrobe.blogspot.com/, desde o PP do Salnés tentan que se críe un rexistro para identificar ós autores dos blogues co seu DNI.
E deixa un enlace a La Voz de Galicia e ó seu propio blogue no que o tema queda explicado.
A miña opinión:
Procuro ser moi respetuoso co dereito á dignidade e a honra das persoas. Tamén, na medida das miñas capacidades, tento non faltar á verdade cando escribo no blogue.
Por se isto non abondara, como teño un número razoablemente pequeno de comentaristas (ainda que dea agasallos para que aumenten) podo eliminar cando é preciso os comentarios que eu entendo que son inxuriosos, calumniosos ou caparlle as ligazóns ó spam que non me fai graza (mesmo no spam hai castes).
Na miña experiencia de lector no blogomillo observo que a maioría dos blogueiros adoptan actitudes semellantes e non sería preciso ningún tipo de medida para evitar con eles ese tipo de delitos que o PP pretende evitar.
Simplemente gustamos de permanecer no anonimato ou semianonimato que proporcionan os blogues. Ós casos nos que algún blogueiro puidera violar a lei son poucos abondo como para poder denuncialos un por un se entenden que violaron a lei.
Ou habería que poñer tamén cámaras nas rúas para evitar os graffitis inxuriosos?
Se finalmente o PP consegue que se instale un Estado policial en España eu cambiarei dun servedor instalado en España a un instalado no extranxeiro, e unha vez aló non darei dado ningún para me identificar. Se entenden que cometín algún delito, que me localicen eles para denunciarme.
Porén, agardo que esa absurda iniciativa non teña futuro e que poidamos seguir opinando ca mesma responsabilidade que até o día de hoxe e sen medo a represalias mentras sigamos cumplindo a lei, como é o caso.














