Hoxe Mateo fixo chegar esta nova proposta de trebello á miña caixa de correo: o iJam, con tecnoloxía 5J

Gustades?

Chuzame! chuzame -

Hoxe chega á miña caixa de correo o seguinte texto:

Mañá martes 4 de setembro ás 19:30 o director dos Museos Científicos
Coruñeses, Ramón Núñez Centella, impartirá unha charla na FNAC da
Coruña (na Praza de Lugo) para presentar o seu libro "Esta es mi
gente. Inventos y anécdotas de 46 mentes prodigiosas", publicado pola
editorial de divulgación científica Le Pourquoi-Pas
(http://www.lepourquoipas.es). Ao final do acto, o autor asinará
exemplares da súa obra, unha compilación de artigos que revisa a
historia da ciencia a través das traxectorias de corenta e seis
grandes figuras, desde Pitágoras até Severo Ochoa.

+ Se teño tempo irei.

+ É mais que probabel que lle merque o libro. (ainda que só lin ainda unhas poucas follas da breve historia de case todo de Bill Bryson que atopara aquí, e recomendarame despois o que hoxe mandou este correo)

+ Non é tan probabel que faga o troll.

Verémonos alí?

Chuzame! chuzame -

Hai tres días chegoume por correo electrónico unha ligazón ó video do fuch fuch. Para o que ainda non o coñeza é un video onde un rapaz bébedo describe unha grota, unha braña, unha cavidade chea de humidade de setenta estalos na que estivo metendo a man toda. Non é apto para ollos sensibeis.

E pensei ¿canto tempo hai que vira xa este video? e lembrei que comentara o video con Gustavo Harvey porque andaba buscando videos galegos no Youtube para polemizar con Manolo Rivas hai case tres meses (ainda que ó final decidiu non utilizalo). Como o circulo non saíu de Galicia non tardou moito tempo en vir de volta.

E pregunteime outra cousa... ¿que pensará a descoñecida protagonista do video? ¿saberá que falan das súas interioridades? ¿sentirase coma Terelu escoitando a Pipi falar dos seus momentos de paixón?

Non sei se coñecedes outros famosos videos do youtube, a saga da metalera vs emo tamén coñecida como o video do pagafantas. Aí si que sae nos videos a cara da rapaza (e non só a cara, un deles pide confirmación de idade superior a 18 anos e xa ten mais de 1500 comentarios e de 800.000 visualizacións)

Tempo despois a rapaza fixo videos explicándose. (a verdade é que lle fixeron unha putada gordísima publicando eses videos) Ca explicación case o empeorou mais, aquí tedes o primeiro dos seus videos de resposta.

Se queredes seguir vendo como se explica tedes a continuación aquí e mais aquí.

Se a propietaria da grota quere seguir no anonimato (o que lle recomendo vivamente) podería encargarlle a un profesional que fixera o video de resposta no seu nome. E ¿quen mellor que Andressolo? (case que estrela galega do Youtube, con 135 suscriptores) Recomendo o consumo dos seus videos en pequenas doses, existe o risco de caer nun estado de surrealismo permanente.

Deixovos co video de presentación da fronte de libertaçom do grelo. Be grelo my friend!

Chuzame! chuzame -

Hoxe, Patri envioume un correo con esta historia. Traduzo:

Hai 40 anos que un vello arabe vivía en Idaho, EUA.
Quería sementar patacas nunha leira que tiña, pero labrar a terra era xa un traballo duro de mais para el, e o seu único fillo Ahmed estudaba na Francia.
Entón o vello decidiu mandar un correo electrónico ó fillo explicándolle o problema:

"Meu fillo: Síntome mal porque este ano non vou poder sementar as patacas. Estou vello de mais para sachar na leira. Se ti estiveras canda min, sei que poderías sachar por min. Que Alá estea contigo.
Quérete, teu pai."

horta.jpg
Ó día seguinte recibiu contestación do seu fillo Ahmed:

"Querido papá: Polo que mais queiras, non foces na terra do xardín.
Aí é onde teño escondido aquilo.
Quérete, Ahmed."

Ó redor das catro da mañá apareceu o Sheriff, o FBI, e outra manchea de xente con lentes escuros (ainda de noite) que removeron a terra toda da leira na percura de materiais explosivos, anthrax ou calquera outro tipo de arma.
Ó non atopar nada marcharon igual que viñeron, sen dar explicacións.

Ese mesmo día, á mañá, o home recibe un novo correo do seu fillo:

"Querido papá:
Supoño que a leira xa estará preparada para que sementes as túas patacas.
É o mellor que puiden facer desde aquí.
Quérete, o teu fillo Ahmed"

Fíxome graza este conto e rin da paranoia estadounidense, ainda que en realidade é a de todos os occidentais, tamén nós.

E despois lembrei este texto

"Primeiro viñeron buscar ós comunistas e non dixen nada porque eu non era comunista.
Despois viñeron polos xudeus e non dixen nada porque eu non era xudeu.

Despois viñeron polos sindicalistas e non dixen nada porque eu non era sindicalista.
Despois viñeron polos católicos e non dixen nada porque eu era protestante.
Despois viñeron por min pero, para entón, xa non quedaba ninguén que dixera nada".

E deixou de facerme tanta coña. Cada día hai mais xente que xustifica a perda de 'parte' das nosas liberdades para garantir a nosa seguridade. Cando pasemos da 'parte' ó 'todo' igual xa é tarde de mais.
Por certo, sempre pensei que o texto era de Bertold Brecht, pero disque é de Martin Niemöller e non é un texto metafórico, os nazis o levaron preso.

Chuzame! chuzame -

Chégame esta mensaxe de Amnistía Internacional á miña caixa de correo.

muro.jpg

Ainda pasei choio para traducir o texto da imaxe co GIMP! :P

Chuzame! chuzame -

Copio e colo este comunicado terrorista en dous actos chegado á miña caixa de correo por partes:
O dúo estático de Anarcountry e Murder Blues MEGALOVES ten o pracer de convidalo ao seu vindeiro concerto.

Mañá Venres 25 de Maio, no Embora Café, rudo club da rúa Tras San Fiz, na praza de Abastos.

A eso das 22:00.

Como teloneiro estarán The Amazing THE TWO HALFS, que é un nacho só.

Agárdanse varias aparicións estelares!

E despois, unha sesión de Soul, Garage, Punk, YeYé, Boogaloo, R&B e demáis música que precisa urxentemente un afeitado.

Cos diyeises CACAMILO e DJ PEZUNHITAS (su seguro servidor).

Beberemos cócteis de cores alucinantes. E estrearemos o Megalove, con toda seguridade.

Xa saben, Embora Café, 25 de Maio, 22H.

Facéndolle a competencia á festa da Juventud que o Partido Popular organiza na Sala Capitol.

De que lado estás???

megaloves.jpg

O Servizo de Intelixencia Megalove (SIM) advirtenos que eses susios anti-españois e pro-tugueses da Gentalha do Pichel teñen unha festa organizada ese mesmo día á noite. Os Megaloves estamos superafavor da compatibilidade entre os dous eventos, e así volo comunicamos nesta segunda rolda de spam. Igual somos menos que eles, e menos galegos, vale. Pero vestimos mellor e nunca tivemos problemas coa policía.

Atentamente,
Snob Megalove.

Non habería mais que dicir, esta xente ten mais perigo do que poidades sequera soñar, nun piso son mortais, non quero imaxinalos nun local aberto ó publico.

Vós mesmos.

Chuzame! chuzame -