paraquepiquen.jpg

Se vos chega algo coma isto á vos caixa de correo, non chasquedes, e tanto ten que vos cancelen o voso servizo molonet.

Ca de cartos que se gañan co spam, ¿é preciso que empreguen un traductor automático?, ¿non poderían pagar a alguén que llo traducira?

Este correo non é unha invención miña, se vos chega algo así, ainda que non sexa tan evidente, eu aconsellaríavos que chamárades ou vos achegárades á oficina do voso banco. E facede o favor, non chasquedes alí, é mellor perder algo de tempo que de cartos, ¿non si?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Isto chegoume hoxe á caixa de correo, igual xa o coñecedes. Sen comentarios

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/K45m79fEyz8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Copio e colo un correo que me chegou enviado por Leco á miña caixa de correo (e á de mais xente tamén)

castana.jpg
«Os libros son un dos temas que orixinan máis posts e suscitan máis conversas no blogomillo. Por iso, e coincidindo co Día do libro e a un par de semanas do Día das Letras Galegas, queremos facer unha proposta a todas as persoas que navegan pola Rede e len libros en galego…
Propomos crear un grupo de lectores e lectoras de libro galego que se comunique a través de Twitter para trocar información e opinións sobre os libros que estamos a ler.
Para quen aínda non coñeza Twitter, diremos que se trata dunha rede social cuxo obxecto é comunicar aos demais o que estamos a facer. Con defensores e detractores, non deixa de ser un recurso comunicativo, que paga a pena aproveitarmos se temos contidos con que enchelo.
Como Twitter non permite, polo de agora, a creación de grupos, e para poder atopármonos con facilidade entre toda a twitterada, propomos que os tres primeiros caracteres do nome de usuario ou usuaria que escollades sexan “lg_” correspondentes a “lemosgalego”. Así por exemplo, os usuarios das persoas de quen parte a iniciativa somos: lg_leco, lg_ferreiro e lg_pawley. (Se xa es usuario de Twitter podes mudar o nome engadíndolle “lg_” ao comezo ou facer outro rexistro cun nome que comece por “lg_” e dedicar este usuario só a lemosgalego)
Comentamos brevemente os pasos que hai que seguir para unirse ao grupo:
1.-Escoller un libro en galego e comezar a lelo (se aínda non o fixeches).
2.-Rexistrarte en Twitter cun nome de usuario ou usuaria que comece por lg_ (sabemos que está só en inglés mais aínda non existe ningún clon en portugués nin en castelán)
3.-Incluír como primeiro contacto a lg_lemosgalego, ademais de outros da túa elección (como non existe a figura do administrador, é o único modo de nos asegurar que todos os participantes son visíbeis para o resto. )
4.-Comezar a trasmitir opinións, recomendacións, comentarios, glosas… sobre os libros que esteas a ler en galego. O límite por comentario está en 140 caracteres.
5.- Se che apetecer podes incluír no teu blog/web algún dos “badges” que che ofrece Twitter para teres á vista os teus contactos ou os seus comentarios.
Unha vez que te rexistres xa podes usar Twitter a través da web, desde Gtalk, descargando Twitteroo ou Twitterrific, ou desde a barra do Firefox.
Atoparás sempre os contactos actualizados nos nosos blogs. E nuns días habilitaremos un blog do grupo, onde poderás atopar a relación de contactos, as intervencións e terás a posibilidade de deixar comentarios, propostas ou peticións de axuda se precisares. Tamén nos próximos días anunciaremos un Concurso de microrrelatos…
…Seguiremos a informar.
Bks 1000
Leco«

Chuzame! A Facebook A Twitter

Se tes problemas, é porque queres. De 8 a 22 horas.

¡Resultados 100% garantidos! ¡Recuperación de parella en 7 días!

profesornabe.jpg

Estou pensando criar esta categoría no blogue, despois do de hoxe isto comeza a ser un costume.

En realidade vouna criar xa.

Xa sabedes, se queredes un negocio seguro seguide esta ligazón que atopei eu en Chuza.

mbetc.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter

Onte mourullo envioume esta ligazón á miña caixa de correo, co seguinte aviso:

Atención á simpática errata no segundo titular

Seguíndoa atopei isto

janitooriazabal.jpg

Non vos preocupedes, ¡sobrevivirei!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pero non este nin este, este outro.

Hoxe, na caixa de correo da miña casa atopei variado spam. (non é preciso que leades o que pon, só é spam ;-) )
Dos que agora están en campaña:

bng1.jpgbng2.jpg

E tamén dos que están en campaña permanente:

ohome.jpgohomevolta.jpg

Afortunadamente alguén preocúpase polo benestar do meu barrio e da miña alma.

Grazas ós dous, mágoa que desta volta non poidades venderme nada.

¡Sorte para a próxima!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp