Para os que non viran o filme E.T. de Steven Spielberg, hai unha escea ó comezo na que varios seres de pequena talla andan por unha fraga. Entón chegán os homes, nomeadamente un que leva unhas chaves penduradas na cintura.

Os extraterrestres (que é o que son os seres) fuxen cara a súa nave e saen voando. Todos agás un, o protagonista, que queda atrás.

Estou contando todo isto de memoria. Hai alomenos quince ou vinte anos que non vexo esta historia.

Quen a viu o outro día foi unha amiga coa súa filla, por segunda vez xuntas. A primera vez para a nena fora un par de semanas antes. Un destes costumes malos que teñen os nenos, ver as pelis mil veces. (Malo para o que os acompaña quero dicir)

Vendo a pelicula, cando E.T. queda fora da nave a nena pregunta: mamá, por que E.T. non voa?

A nai, chea de razón respóstalle: Miña filla, E.T. non voa.

E se non voa como é que despois fai voar a todos os nenos montados nas bicicletas?

Esmagador razoamento. A min nunca se me ocorrera.

et.jpg

Chuzame! chuzame -

Non estou a dicir parvadas, refírome ao programa redes de la2, o de Eduard Punset. De agora en diante podese ver xa on line en vimeo.

Cando comezou a súa andaina hai xa 12 tempadas alguén en TVE pensou que o título podía levar ó erro de pensar que falarían de mariñeiros e peixes, este dado anecdótico é unha pequena mostra do adiantado que este programa foi sempre.

Premios nobeis e moitos outros científicos de primeiro nível son entrevistados en redes.

Ademais nesta tempada o formato acúrtase até os 30 minutos, un tamaño mais que aceptabel para poder ver na rede, pequenas pílulas para estar ao día e ainda mais.

Se a calidade ten que emitirse mais tarde da 1 porque non ten audiencia agora é a oportunidade de que atope esa longa ringleira de interesados. Se de verdade existen, claro :lol:

redes.jpg

Vía: http://chuza.org/historia/a-12-temporada-de-redes-en-vimeo/

Chuzame! chuzame -

Nunca mencionara aquí que, entre outras doenzas, padezo vitiligo.

Até o de agora non sabía que houbera unha cura certa contra o vitiligo, ainda que en Cuba disque había un remedio, e mesmo tentei curalo hai anos. Un remedio que incluía estar exposto baixo unha lámpada de raios infravermellos.

As miñas lembranzas da serie expediente X van sempre unidas a estar nun piso de aluguer no que vivín cando estaba na universidade vendo os episodios baixo aquela lámpada.

Non funcionou e sigo tendo a enfermidade, ainda que coma son branquiño de el e non tomo moito o sol non se nota moito que a teño. Nomeadamente porque non teño case lesións na cara, agás unhas pequeniñas ó redor da boca. As mais visibeis que teño están nas mans.

Pois agora mesmo atopei en Vieiros que criaron en Venezuela un fármaco cunha efectividade do 100% no tratamento do vitiligo.

Igual desta vez curo o vitiligo e todo.

vitiligo.jpg

Chuzame! chuzame -

Hoxe chega á miña caixa de correo o seguinte texto:

Mañá martes 4 de setembro ás 19:30 o director dos Museos Científicos
Coruñeses, Ramón Núñez Centella, impartirá unha charla na FNAC da
Coruña (na Praza de Lugo) para presentar o seu libro "Esta es mi
gente. Inventos y anécdotas de 46 mentes prodigiosas", publicado pola
editorial de divulgación científica Le Pourquoi-Pas
(http://www.lepourquoipas.es). Ao final do acto, o autor asinará
exemplares da súa obra, unha compilación de artigos que revisa a
historia da ciencia a través das traxectorias de corenta e seis
grandes figuras, desde Pitágoras até Severo Ochoa.

+ Se teño tempo irei.

+ É mais que probabel que lle merque o libro. (ainda que só lin ainda unhas poucas follas da breve historia de case todo de Bill Bryson que atopara aquí, e recomendarame despois o que hoxe mandou este correo)

+ Non é tan probabel que faga o troll.

Verémonos alí?

Chuzame! chuzame -

Vin onte The Prestige, a película traducida en España como El truco final. Unha de ilusionistas de época.

Para pasar a tarde pode valer, pero é unha peli trampona de carallo.

Non vou contar nada para non escarallar o final a quen non a vira, ainda así, unha parte do final intúese durante todo o filme.

Só direi que é desas películas que fan unha chea de flashbacks cando está a rematar para deixar ver todo o que sacan da manga e ti non puideches ver. O que se chama unha peli trampona, vaia. Os que viran O sexto sentido non lles teño que explicar que tipo de filme é.

Do mellor da película, ver a David Bowie facendo de señor maior (cos 60 anos que fixo o mes pasado xa lle vai tocando). Concretamente interpretando a Nicola Tesla

A primeira vez que oín falar deste home foi en relación ca banda Tesla que o reivindicaba como inventor da radio.

A súa época foi un momento de grandes avances, moitos relacionados ca electricidade, como os seus e os do Edison, co que colaborou. Aquí tendes unha lista das patentes de Tesla. A persoaxe non é a primeira vez que aparece na cultura de masas neste filme, á marxe da banda Tesla da que xa comentei, hai outras referencias a Tesla.

Toda unha persoaxe de seu, sen necesidade de engadirlle as cousas que inventa neste truco final.

Chuzame! chuzame -

Se eras neno nos anos 70 e non tomaches nunca Clamoxyl és moi rariño.

O clamoxyl mucolítico era parte da dieta dos nenos da EXB igual que os tigretón e as pantera rosa.

Por iso agora están a facer unha campaña contra o abuso dos antibióticos.  O que no seu día parecía que case servía para todo agora case non serve para nada. As resistencias creadas por anos e anos de nenos (e maiores, ollo) tomando antibioticos sen necesidade fixeron que perderan boa parte da súa eficacia.


Vai ser certo que non todo o tempo pasado foi mellor, ainda que o parecera...

Chuzame! chuzame -