Non estou a dicir parvadas, refírome ao programa redes de la2, o de Eduard Punset. De agora en diante podese ver xa on line en vimeo.
Cando comezou a súa andaina hai xa 12 tempadas alguén en TVE pensou que o título podía levar ó erro de pensar que falarían de mariñeiros e peixes, este dado anecdótico é unha pequena mostra do adiantado que este programa foi sempre.
Premios nobeis e moitos outros científicos de primeiro nível son entrevistados en redes.
Ademais nesta tempada o formato acúrtase até os 30 minutos, un tamaño mais que aceptabel para poder ver na rede, pequenas pílulas para estar ao día e ainda mais.
Se a calidade ten que emitirse mais tarde da 1 porque non ten audiencia agora é a oportunidade de que atope esa longa ringleira de interesados. Se de verdade existen, claro
Vía: http://chuza.org/historia/a-12-temporada-de-redes-en-vimeo/












