Para os que non viran o filme E.T. de Steven Spielberg, hai unha escea ó comezo na que varios seres de pequena talla andan por unha fraga. Entón chegán os homes, nomeadamente un que leva unhas chaves penduradas na cintura.

Os extraterrestres (que é o que son os seres) fuxen cara a súa nave e saen voando. Todos agás un, o protagonista, que queda atrás.

Estou contando todo isto de memoria. Hai alomenos quince ou vinte anos que non vexo esta historia.

Quen a viu o outro día foi unha amiga coa súa filla, por segunda vez xuntas. A primera vez para a nena fora un par de semanas antes. Un destes costumes malos que teñen os nenos, ver as pelis mil veces. (Malo para o que os acompaña quero dicir)

Vendo a pelicula, cando E.T. queda fora da nave a nena pregunta: mamá, por que E.T. non voa?

A nai, chea de razón respóstalle: Miña filla, E.T. non voa.

E se non voa como é que despois fai voar a todos os nenos montados nas bicicletas?

Esmagador razoamento. A min nunca se me ocorrera.

et.jpg

Chuzame! chuzame -

E non, non é felices en Vigo, coma diría o finado do Leri, é Happy Together. Porque o xoves 10 e o venres 11 estiven vendo na casa de Pawley no CGAI parte do seminario Happy Together: cine e culturas pop. Poño ligazó ó programa aquí por se o apagan co tempo.

Claro que non puiden ir a mais da metade das sesións porque alguén ten que tirar do país. Nomeadamente agora que os multimillonarios tamén choran (ainda que non chorarán demasiado, coma sempre).

O xoves á tarde só puiden escoitar a conferencia sobre documentais musicais que impartiu Luis Hidalgo. Estivo moi ben, dinámica e didactica. Amosando pequenos anacos de documentais moi ilustrativos.

O coloquio tamén estivo ben, ainda que de todo o que alí falaron só lembro unha 'boutade' de Jesús Palacios da que agora falarei. Iso e que Antonio Weinrichter estivo poñendo podre criticando (con bastante coña, todo hai que dicilo) a música de Joy Division e de Talking Heads.

O primeiro día Jesús Palacios falaba desde o público no coloquio cando dixo que en España (e Latinoamérica, ainda que isto era algo mais difuso) era imposible ser 'moderno' e mais concretamente ser pop, que había algo que el chamaba GRL Gen Recesivo Latino que era incompatibel co pop. Mesmo se alguén comezaba a amosar sinais de ser un artista ou músico pop, o GRL facía que voltara ó rego e fora tan rancio coma correspondía ó 'solar patrio'.

Pero o segundo día, á tarde (as únicas sesións ás que eu podía ir) Jesus Palacios estivo falando de glam rock e cando chegou o debate estaba aló arriba, á dereita de todo nesta fotografía. Igual algún o recoñece, que era un dos frikis tertulianos das Crónicas Marcianas.

Eu non dixera nada o día anterior no coloquio, porén non concordaba coa súa teoría e segundo falaban fun tomando un par de notas. Non me parecía normal que dixera que Tom Jones era pop en Mars Attacks mais o Fary non o era en Torrente ou que Raphael non era un artista superpop, nomeadamente cando Raphael encaixaba tan ben no que el mesmo definía como o glam. E Camilo Sesto? se Jesucristo Superstar é un musical pop, el non é un artista pop? Ou que falara do cine de Bollywood coma algo pop para nós pero non para eles, para así xustificar dun xeito algo revirado que non podía ser pop ningún filme español.

Conclusión: el seguíu ó seu rollo convencido e eu tamén, que é como rematan estas cousas :lol:

Despois fun comer algo por aí con pawley e mourullo e despois leváronme a coñecer a outra casa de Pawley o manteca(vigués até nos erros) Jazz filloa, evento fundamental na miña conversión ó lado escuro integración na vida coruñesa (moito mais do que o padrón, claro).

Comimos un bocata na rua e fomos ver esa cousa horrorosa moderna construcción que puxeron no Papagayo, onde antes estaban as putas había outra cousa, de camiño cara ó 14!.

Alí estaban poñendo música os que participaran no seminario e pedímoslle a Jesús Palacios algo de Raphael, mais non o tiña.

E pouco durou a noite. Ás 3 ou así marchei co señor mourullo que tiña que erguerme a unha hora normal e xa non podía seguir bebendo licor café.

Para rematar vou retirar o que dixen no coloquio non vaia ser que alguén o lembre despois. Alguén na mesa dixera que o cine español podería desaparecer e pouco se perdía e eu dixen algo mais tarde que tampouco era moito o que se perdía se pechara a Universidade española.

Recoñezo o meu erro, a Universidade española non pode desaparecer, igual que non pode desaparecer o Festival de Ortigueira. E polos mesmos motivos.

Editarei isto se teño tempo, que habería que poñer algunha ligazón.

Chuzame! chuzame -

O de quedar en datas fixas cos amigos ten a súa parte boa e mala.

Estou encantado co de atoparme cos meus amigos de sempre (ainda que despois esqueza a cámara en Vigo e quede unha semana enteira 'desarmado' :( ) mais iso vaime impedir estar en sitios interesantes algúns venres.

E o primeiro vai ser este.

Porque o venres 14 no Teatro Principal en Compostela ás 10 da noite estrean a curtametraxe AUGA.

Con entrada libre e gratuita e con viño e pinchos ó rematar, tamén de balde!
Esta xente si que sabe como facer chegar a cultura ó meu corazón.

O director desta curta é Ozo, que dirixira xa outra chamada baseado en feitos que puideron ter acontecido e repite tamén case toda a equipa con el.

img_0041bis.jpg
Se queredes pasar algo de medo disque a historia vai diso.

Xa contaredes os que poidades ir. E traédeme algún pincho!

Se ides só polos pinchos tede o detalle de chegar puntuais ás 10 para ver a curta, que logo remata e malo será que non vos guste.

Chuzame! chuzame -

Cambiou o goberno no concello de Vigo pero Martin Pawley segue escollendo as fitas que se proxectan o ar libre no verán (este ano chamarémoslle tamén verán) na praza da estrela en Vigo (a praza do botellón, ó final de Montero Ríos).

Non agarden vostedes cine comercial, para iso xa teñen os multicines todo o ano, pero si cine de calidade.

Se cadra algun dos filmes non é moi doado de ver, mais eu penso que pagará a pena o pequeno esforzo.

Neste caso ademais a cultura non ten prezo. Na praza da estrela ás 23h do 25 ó 29 de xullo.

Tendes mais información en Casa Pawley.

cartaz-retocado.jpg

Recortei o cartaz para poñelo aquí (que pouco lexible, por certo).

Chuzame! chuzame -

Onte puxeron no canal cinemateca tropical malady e decidín vela outra vez para confirmar as miñas impresións da primeira vez que a vira.

aerobic.jpg
Recoñezo que teño dificultade para ver filmes que teñan pouco ritmo e, se teño algo de sono quedo durmido en calquera lado. Xa pode ser o cine ou a miña casa. Por iso ver peliculas no CGAI, ás oito e media da tarde faiseme ás veces moi duro polo sono.

Onte, en troques, viña de botar unha soneca profesional. Desas de mais de unha hora que te deixan listo para o que queiran botar pola televisión.

Esta vez comprendín mellor a segunda parte do filme, o primeiro non ten moito que entender porque está bastante claro. Ainda que desta volta deume a impresión de que hai alomenos unha escea na que o autor representa metafóricamente unha felación (recoñezo o descoñecemento sobre a censura en Tailandia, non sei se existe e teño razón ou é só a miña imaxinación suxa)

Pero a segunda parte quedoume moito mais clara, e en realidade tampouco había que buscar moito. Xa no comezo din que se trata dun conto, e non hai que darlle mais voltas. É un conto sobre espiritos convertidos en animais e maldicións. Se cadra non o entendemos mais doadamente porque é unha historia de outra tradición cultural.

tigre.jpg

E nada mais, non podo facer crítica porque sigo sen ter puta idea e non vou facer coñas que despois pasa o que pasa.

As fotos saqueinas directamente da pantalla de plasma empregando un trípode. Que ninguén avise a Teddy Bautista.

Chuzame! chuzame -

Onte cheguei con tempo ó CGAI para ver Juventude en marcha, para que non pasara coma a outra vez.

Só teño unha queixa: a duración do filme. Duas horas e media fixéronseme longas de mais. Porén gustoume. Non é estranho que o filme sexa tan longo pensado o xeito no que foi producido, con mais de un ano de rodaxe e horas e horas de metraxe para editar.

Recoñezo que paseino mellor a fin de semana pasada vendo 28 semanas despois que vendo Juventude em marcha. Juventude em marcha non é unha película doada, mais tamén é certo que Juventude em marcha é unha película moito mais orixinal e arriscada. A planificación dos encadres é evidente mesmo para min que non teño nin idea, buscando sempre unha situación da cámara que fuxe do encadre canónico, aproveitando a luz natural para dar unha cor e unha textura abraiantes.

Pawley di que é unha peli moi Fordiana, pero os filmes de John Ford tiñan tiros e estes non. Aquí só están as persoaxes e a historia núa.

Vede a Ventura, o protagonista da película chegando ó bairro de Casal Boba na percura de Vanda. Puro teatro grego.

Parte da diversión que atopei na película ven de ser unha secuela de no quarto da Vanda, fíxome graza descubrir canta razón tiña Vanda a heroinómana cando advertía a un amigo dos perigos da adicción ó ventolín: tempo despois, nai dunha meniña, deixou a heroina pola metadona mais sigue co ventolín. Escoitar a Vanda falar explicando as súas historias é abraiante, é unha excepcional contadora de historias. Sentinme como cando escoitaba de pequeno á miña nai e á miña aboa falando nas viaxes no coche, naturalidade pura.

No filme, unha carta repítese ó longo de toda a historia, unha que non se escribe, só se lee. Unha vez, e outra, e outra mais. Preguntado nesta entrevista pola carta, Pedro Costa fala tamén do seu cine:

"Essa carta imagina como é que vem a um pedreiro uma declaração de amor. Este pedreiro que construiu um museu onde está um quadro de Rubens, mas que não entra lá. Ventura construiu o Museu Calouste Gulbenkian de Lisboa. Ele sabe melhor do que ninguém onde estão localizados os bancos, e tem mais direito de olhar o quadro do Rubens do que muitos que passam por ali. Rubens tem uma frase bonita: “Não pinto para o marchand da Côte d’Azur, pinto para o operário que está construindo aquela casa ali em frente, mesmo sabendo que ele provavelmente não vai querer o meu quadro”. Faço meus filmes para o Ventura, sabendo que ele – ou outros também – provavelmente não vão querer esses filmes."

Esta é a carta, xulgade vós mesmos:

"Nha cretcheu, meu amor,

O nosso encontro vai tornar a nossa vida mais bonita por mais trinta anos.
Pela minha parte, volto mais novo e cheio de força.
Eu gostava de te oferecer 100.000 cigarros, uma dúzia de vestidos daqueles mais modernos, um automóvel, uma casinha de lava que tu tanto querias, um ramalhete de flores de quatro tostões.
Mas antes de todas as coisas bebe uma garrafa de vinho do bom, e pensa em mim.
Aqui o trabalho nunca pára. Agora somos mais de cem.
Anteontem, no meu aniversário foi altura de um longo pensamento para ti.
A carta que te levaram chegou bem? Não tive resposta tua. Fico à espera.
Todos os dias, todos os minutos, aprendo umas palavras novas, bonitas, só para nós dois. Mesmo assim à nossa medida, como um pijama de seda fina. Não queres? Só te posso chegar uma carta por mês.
Ainda sempre nada da tua mão. Fica para a próxima. Às vezes tenho medo de construir essas paredes. Eu com a picareta e o cimento. E tu, com o teu silêncio.
Uma vala tão funda que te empurra para um longo esquecimento.
Até dói cá ver estas coisas mas que não queria ver.
O teu cabelo tão lindo cai-me das mãos como erva seca.
Às vezes perco as forças e julgo que vou esquecer-me."


Para rematar, (se algún chegou até aquí abaixo :P igual lle interesa ver esta entrevista de 9 minutos con Pedro Costa subtitulada en castelán. Explica moitas cousas sobre o seu cinema.

Concluíndo. Non teño eu o criterio para discutir se esta é ou non a millor película dos últimos vinte anos e dos vindeiros trinta coma di Pawley, mais recoñezo que é un filme moi recomendable e paga a pena velo ainda que só sexa por curiosidade. E si, Ventura é un home elegante ainda tirado no chan, ainda arrodeado do refugallo do seu bairro ou da súa vida toda. Se cadra a antítese do funcionario que lle amosa a casa, un caboverdiano coma el que só é unha peza do sistema. Ó contrario que Ventura, que é claramente 'bigger than life'.

Chuzame! chuzame -