Esta secuela da mítica serie das Chuzarrascadas é a derradeira. As xantanzas seguirán sen dúbida, mais haberá que cambiarlles o nome porque sería coma facer pelis da Jungla de Cristal despois de morrer Bruce Willis.

O percorrido foi o de cada ano, levándolle os tempos cambiados aos da manifa para estar mais tranquilos. Disque este ano non perdimos nada co discurso, que xa durmíramos na casa.

De camiño para o Maria Castaña atopeime con fer que estaba a vender «bandeiras do apóstolo» (desas bandeiras de ateos e rojos desafectos da relixión nacional)  e contooume que pechaba Chuza!, sempre que estou desconectado un par de días pasa de todo. Tampouco sabía que pechara Vieiros. A chuzarrasacad ía camiño de converterse nun velorio festivo.

No María Castaña fixemos fotos na porta porque xa esquecera facelas dentro.

Fomos pola comisaría para evitar a morea de xente da porta Faxeira, mais este ano non fixen fotos aos policías coma o ano pasado.

Na alameda recollemos a fer que repartiu puntos de galeguidade feitos na casa e a Gerardinho que repartiu o Fest-Agal e acho que levalo inclue tamén puntos de galeguidade.

Tan concentrado estiven xantando que esqueceume facer fotos en Pulpería Porta provedor oficial da Chuzarrascada desde 2006. Desta volta fixemos ben as contas e eles fixeronnos un estupendo desconto (arredor dun 9%) e mais nos convidaron aos cafés.

Lembrei a cámara ao sair e atoparen aos Shit Pony Snob Megalove e Alex KoploBitch que estaban tirados con Ricardo ao redor dun brownie feito ao seu xeito por Alex modificando algo a receita do mítico ‘brownie de Snob’™.

velaquí o que quedaba do brownie cando nós chegamos. Crédeme cando vos digo que a foto non lle fai xustiza a esta sobredose de chocolate

Tirámonos aló cómodamente á sombra bebendo e tomando xeados

Despois de coller forzas, dimos unha volta polos postos e foi un chisco decepcionante. Poucos postos, moi pouca xente e un ambiente menos festivo que outros anos (ou igual era eu o que andaba menos festivo, non sei)

Paramos con Chiqui para botar unha foto. Vendo estas fotos mais de un decatouse da escasa presenza feminina, sen que se me amole Ale que despois corro perigo de violencia

Agasallounos no posto das ‘novas tecnoloxías da electricidade’ cunhas bolsas chulérrimas de toupa.net que levamos todos contentísimos (xa falei acó outras veces da teoría do gratis)

Voltando para o ponto de partida atopamos a Xabier Cid que viña en bicicleta dun xantar no que eran case 21.

Cos anos poderemos dicir: eu estaba aló cando Xabier Cid e Hector Anllo atopáronse en persoa.

(conste que fixeron posado dando a man ‘politician way’ :lol: )

Voltamos ao noso estado orixinal, o horizontal e Grial Parga trouxo unhas rapazas das que xa nos falara á mañá. Non era mentira, había unhas rapazas chinesas residentes en Francia e que chegaron desde Lugo.

Fer, ese políglota, despois de gabarse durante moito tempo dos seus pequenos progresos co chinés tivo oportunidade de practicalo. Desaproveitouna vilmente e agochouse como podería facer un neno de 5 anos. Momento no que Anllo empoezou a falar coas rapazas. Tivo que facelo en inglés porque sorprendentemente as rapazas non falaban castelán. Todos ficamos abraiados de que puideran andar polo mundo sen entendelo.

Porén isto foi coma esas pequenas aventuras que hai nos filmes de James Bond e que duran 5 minutos. A verdadeira historia estaba por chegar e o protagonista non podía ser outro que fer, que loitandoi contra a súa timidez falou coa rapaza un anaquiño de nada bo anaco.

E cando marcharon Anllo, Grial e as rapazas para Lugo deixándonos tristes a todos decidín marchar.

Paseino ben, coma sempre o paso cos amigos en Compostela ainda que este ano levara un lote de novas tristes das que xa teño falado e de que non houbera tanta xente coma outros anos.

Se queredes ver algunha foto mais, tédelas acó.

E remato. Non vou nin a reler que levo xa moito tempo para escribir catro cousas, se hai algún fallo xa me avisará mourullo, o bot que sobrevivíu a Chuza.


Chuzame! A Facebook A Twitter

Lembrades que o día 25 de xullo desde hai catro anos os usuaríos de Chuza primeiro (e disque o resto do mundo coñecido despois) adoitaba reunirse en Compostela para comer churrasco?
Pois si, este ano tamén houbo chuzarrascada.

Sei que hai xente que pensaba xa que este ano non ocorrera, que inventara a chuzarrascada deste ano, que os vellos usuarios de Chuza abandoaramos a páxina e renunciáramos a nosa anual xantanza. Pois ben, xa teño no meu poder as probas gráficas do momento e ademais teño conexión á rede para poñelo no blogue.

O que non teño son as gañas de pasar dúas horas coma outros anos poñendo ligazóns, lembrando nomes, escolmando e recortando fotos e facendo un relato, así que a cousa vai ir do seguinte xeito:

1.- Subirei as fotos (algo mais da metade das que fixen ou así) ao flickr, que para iso son tan paspán de pagarlles a conta pro. [As miñas fotos están feitas con licenza Creative Commons atribución, non comercial, compartir igual e pregaría que se colledes algunha das fotos do outro día poñades ligazón a esta entrada].

2.- Repasarei mais ou menos o percorrido do outro día.

E listo.

Pequena pausa e reflexión: Sorprendentemente, hai mais xente pendente do blogue da que semella, e mesmo xente que eu non contaba con que o fixera. Nesta semana coincidiron dúas persoas preguntándome polo blogue, sabendo que publicaba pouco e mesmo unha delas sabía cal fora a entrada anterior a esta (que levaba aí un monte de días, tamén é certo). Supoño que cada día teño menos tempo para adicarlle, e o pouco que teño nunca coincide cando teño cousas que contar, así que por non falar do que pasou hai tempo ou do que está por vir quedo sen escribir nada.

E comezamos coma sempre, pola caña no María Castaña, unha desas pequenas cousas que van construíndo as tradicións. É un lugar ao que só vou unha vez ao ano e serve para controlar coma vai a manifestación. Se está cheo é tarde de mais e para cando cheguemos á Carballeira de Sta Susana xa non haberá sitio na nosa pulpería favorita, hai que sair para aló antes de que a xente xhegue á Quintana para coller bo sitio. Facer pais mola, porén o bo churrasco é outro xeito de facer país.

Desta volta non paramos na alameda coma o ano pasado, un erro que tivemos que lamentar despois. Apenas paramos para sacar cartos e falar coa Policía.

Falar coa Policía?

Pois si. Resulta que atopamos uns antidisturbios equipados así

e entre que axustei a cámara á luz e xirei ao seu redor para non sacarlle a cara (prefiro non poñer a súa cara no meu blogue porque non me gustaría que o fixeran comigo no seu caso) puxéronse nerviosos e aconselláronme que sacara fotos da Catedral ou de tantos outros bonitos lugares de Santiago (isto é unha cita todo o literal que permite a memoria despois de dúas semanas e media).
Despois de indicarlle de xeito breve e respetuoso que estaban trabucados e podía sacarlles fotos se quería, accedín mansiño as súas peticións porque non quería estragar un día de festa na comisaría por unha parvada. A anécdota non tivo mais, tempo depois entereime que o día anterior houbera unha liorta importante e supoño que estarían ainda bastante amolados. Fixenlle unha foto a outros a distancia para que non se alporizaran e que os vexades ben.

Na alameda sí que fixemos unha foto tranquilamente coas xentes do lugar sen que se queixaran.

Quedei coa sensación de que era este o paisano que se cruzara na foto de Quín de hai dous anos.

Acomodámonos coma puidemos e viñeron algo mais de dúas horas sentados comendo polbo, porco, pementos e o que cadrou. Para baixalo houbo que axudarse con cervexa, viño, licor café, crema de augardente (e auga para os que andamos algo frouxos).

Ao noso lado viñeron xentes de Cabozo que levaban unhas utilísimas camisolas identificativas e na mesa do lado andaban xentes de fillos.org (non fun presentado), Fran de lareta.net e Goretoxo da Blogaliza.


Esquecímonos durante un par de hora de internet

e estivemos pensando seriamente sobre o país, os seus problemas e a solución para todo. Moi seriamente, de verdade.

O paseo posterior á comida foi mais curto do que outros anos e converteuse durante un bo cacho na percura do único no que semella que aforrou a organización despois da derrota do bipartito: os globos con hélio!! Mágoa infinita. Perdemos unha das mellores cousas que tiña o Festigal. Os nenos choran e nós queixámonos coa voz grave e viril.

Porén ainda quedan outras cousas para alegrar a tarde.


E seguen podendo facerse novas amizades.

Vou rematando. Se queren mais fotos as teñen no meu flickr, e se querían saber mais, viñeran, que non era tan lonxe.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Levo mais de un mes co aparato dixestivo posto en pe de guerra, porén esta fin de semana non puiden resistir a chamada da chuzarrascada. E xa van catro.
Churrasco, polbo, viño, licor café e moito mais.

O que agora debería é poñer algunha das fotos que botei, mais non poderá ser ainda, porque esquecín a cámara o domingo nas Rías Baixas, onde estiven papando ainda mais churrasco.

Se algún alma caritativa fai por enviarme as miñas fotos on-line farei unha crónica desas que tanto me gustan. Se non, terei que agardar a recuperar a cámara para facela. Xa vos iredes enterando, supoño.

E este xoves non terei cámara para un dos outros eventos agardados do verán!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non, hoxe non vou falar desa xente tan festeira que ainda que non son tantos semellan 61 porque non deixan de aparecer en cantas festas ou concertos haxa en Galicia.

Vou falar deses armarios que a xente ten na cociña. Eses armarios que cando abres sae algo de frio do interior. É estupendo abrir a súa porta e ver o que hai dentro.

Xa sei que haberá algún estudante lendo isto e pensará que ver o cabo dun chourizo (e toda a corda) e un anaco de queixo medio podre non lle alegra a vista a ninguén. Certo. Porén malo será que o leite tamén estea ácedo. Nomeadamente se é o único comestibel que queda dentro. E con todo, nin sequera os estudantes a teñen sempre tan mal. Ou non está chea de líquidos de diversas cores e propiedades os xoves de cada semana?

Pois ben, non podedes imaxinar o bonito que é ter a neveira na casa até que un día a neveira convírtese nun armario branco por dentro cuns andeis estraños, no que só hai algo de froita e que non solta apenas frio.

Porque, meus amigos… a nosa neveira morreu!

Polo prezo do trasplante de corazón que precisaba (e un chisco mais) e aproveitando tamén a coincidencia co ‘plan renove’ da Xunta imos mercar unha neveira nova. A quen carallo se lle ocorre meter a neveira dentro dos mobeis da cociña para que semelle un armario mais? Ademais de que así dura menos (ainda que normalmente non tanto coma a nosa, que morreu bastante nova) agora pagamos mais por unha nova e temos menos onde escoller :-(

Agardamos por ela impacientes.

Quero os meus iogurtes de volta na neveira! E a cervexa e o leite frio!  :-(

Chuzame! A Facebook A Twitter

Alguén sabe vendo a foto que é isto?

Cando adiviñedes o que é igual falo algo do tal producto.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Coñecía os berberechos en distintas presentacións e a miña favorita é sen dúbida en empanada.

Non é estraño, porque a empanada é un dos meus pratos favoritos. Contaba hai un par de días que viaxara a Inglaterra de pequeno, pois cando baixei do avión só pensaba en comer a empanada que fai a miña nai. :-) mmmm

Este ano varios coñecidos meus viaxaron ou van viaxar ó Xapón, e a outro coñecido, de alí de Xapón trouxéronlle algo que nunca imaxinara. Cal se vos ocorre que pode ser o xeito mais raro de tomar croques?

Ocórrenseme poucas que poidan trunfar nalgures e ser mais estrañas.

A quen se lle ocorre facer caramelos de berberechos?

croques.jpg

É unha sensación estrañísima, vaise desfacendo na boca coma se fora unha fariña cun sabor a croque…

Estes xaponeses…

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp