Coñecía os berberechos en distintas presentacións e a miña favorita é sen dúbida en empanada.
Non é estraño, porque a empanada é un dos meus pratos favoritos. Contaba hai un par de días que viaxara a Inglaterra de pequeno, pois cando baixei do avión só pensaba en comer a empanada que fai a miña nai.
mmmm
Este ano varios coñecidos meus viaxaron ou van viaxar ó Xapón, e a outro coñecido, de alí de Xapón trouxéronlle algo que nunca imaxinara. Cal se vos ocorre que pode ser o xeito mais raro de tomar croques?
Ocórrenseme poucas que poidan trunfar nalgures e ser mais estrañas.
A quen se lle ocorre facer caramelos de berberechos?

É unha sensación estrañísima, vaise desfacendo na boca coma se fora unha fariña cun sabor a croque…
Estes xaponeses…
















