Besbelliña mándame un meme deses. Non todos os memes gústanme, porén fastídiame quedar fora deles. Este en concreto gústame porque deixa moita liberdade.
-Facer un listado de 8 cousas, as que sexan.
-Escribir esas 8 cousas no blogue e explicar como vai o meme.
-Seleccionar a 8 persoas para que o sigan e poñelos no blogue.
-Deixar un comentario no blogue conforme foron convidados a xogar e facendo referencia ao propio post «O meme das 8 cousas»

Oito lugares comúns nos concursos de misses:
1.- a fermosa amizade entre todas as rapazas
2.- a paz mundial (en todo discurso de miss que coñeza o seu traballo)
3.- a fame no mundo (cando a anterior concursante falou da paz mundial é unha alternativa ben xeitosa)
4.- o cambio climático (a resposta do futuro, moito mellor que falar da capa de ozono)
5.- a droga (en singular da mais medo ca en plural, convén facer referencia a fogares destruidos)
6.- o paro (só para misses ca primaria rematada, require coñecer o concepto das porcentaxes)
7.- a sida (non empregar o termo castigo divino nin sodomitas)
e 8.- Rusia (recomendado:gran país, extenso pais, enorme territorio. Desaconsellado: montaña rusa, ensaladilla rusa. Moi desaconsellado: mafia rusa, …por se acaso)
Fora da lista queda dicir: que bonita é Murcia! (ou onde toque ese ano) e o sexo oral, que non sei se é lenda urbana ou só un feito indemostrabel.
e convido a seguir co meme se lles presta a: fer, xornalist(inh)a, oko, Modesto, ifrit, dorfun, arduina e prosciutto mourente.
