¿Por que Hugh Hefner pasa o día en bata?

hughhefner.jpg

¿Alguén o pode explicar?

¿E onde merca esas batas con ombreiras?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Por se alguén tiña dúbidas, despois do que se viu en Canarias co programa electoral, as eleccións son só un concurso de popularidade entre representantes de empresas.

Non compiten para representarnos e decidir coma se decidísemos nós mesmos, son empresas que adquiren unha concesión e prestan o servizo de decidir por nós o que a eles lles parece ben.

Se algo que mercaches non funciona, non quedas coma un parvo sen facer nada até que o rematas e mercas outro novo, protestas para que cho cambien ou o amañen.

Pois con estas empresas que nos tratan coma un mercado e non coma cidadáns hai que facer igual: unirse en asociacións de consumidores (tanto ten que sexan asociacións de veciños, sindicatos ou colectivos de afectados por un verquido) mandar cartas os xornais ou ós propios partidos, manifestarse,…

Pero o paso definitivo (que nos aforraría ademais moitos cartos) é rematar cas campañas electorais, unha proposta mais para a televisión pública: Gran Irmán, escolle o teu candidato.

Servería para parlamentos, concellos e mesmo para unhas eleccións presidenciais.

¿Vas deixar que decida por ti catro anos alguén que non coñeces de nada? ¿e non coñeces os concursantes de Gran Hermano? Podería haber ó tempo ou de xeito consecutivo unha campaña local e as primarias das xerais, unha autonómicas e unhas europeas.
¿non vos gustaría ver a Feijoo acabado de espertar? ¿E a Quín recortando a barba? ¿quen terá mais man na cociña poselectoral, Javier Losada ou Abel Caballero? ¿que pasará ca melena de Corina se dura mais de un mes na casa: sen tinxir, tera raices escuras ou brancas?
Fronte o cutre Guadalix de la Sierra, nós poderíamos montar un plató no Courel.
O que non vexo moito é a Lola Villarino presentando ainda que se podía facer un xeito á Mercedes Milá…

gran_irman.jpg

A proba da primeira semana é: ¡O Pacto poselectoral!

Podedes propoñer probas para vindeiras semanas, pero ollo, o que sexa descuberto recibindo comisións será expulsado da casa.

Nota: Para manter unha certa igualdade, o señor Antón Losada deberá ser excluido da competición, pídolle desculpas ós seus centos de miles de fans.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A señora Colombo di que a xente deRenault saíu gañando desde que non poden facer anuncios con Fernando Alonso.

Eu non sei se venderán tantos coches, mais abofé que este anuncio paréceme mellor que os que facían con Fernando Alonso.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/MaYPuSH4FO4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
As rocas en reproducción son moi boas, e o Richard Clayderman unha achega estupenda ó freak star system (moita música de ascensor levo escoitada esta semana recorrendo consultas).

Sirva esto como conmemoración do día do orgullo friki, se chegan ós frikis á publicidade a guerra está case gañada.

E esa manía de acumular celebracións fai que hoxe sexa tamén o día da toalha e do orgulho lusista e reintegrado, non acudirei á festa pese a estar convidado, mais lembrareinos ó sair da ducha (agardo que non lles amole que os lembre mentras estou espido)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estaba lendo esta entrada no blogue de Enrique Dans, e despois púxenme a facer buscas no google.

Primeiro o meu nome e primeiro apelido xuntos, 99 resultados, incluindo referencias a un xastre que fixo testamento en 1589 en Compostela.

Despois ghanito, 92.500 resultados, incluindo unha críptica referencia en Vieiros ó champú de Ghanito.

Teño un champú co meu nome e eu sen sabelo. ¿Ou sería un artigo sobre as bondades do champú que eu uso?

chanito.jpg

Non tendes que seguir a ligazón, xa vos conto eu que o erro é na primeira letra, o conto chámase champú de Chanito, de Chano Piñeiro.

Téñolles lavado o cerebro en Vieiros, Modesto apúntame que téñollo lavado co meu champú, co champú de Ghanito.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cando o outro día falaba dos reintegratas new age non sabía que o tema ía traer tanta cola.

E tampouco sabía que tiña por diante atopar o hino dos isolinos preguiceiros.

If i could turn back time, interpretado por Cher

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/024ZFdWRros" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Cher foi pioneira, e non só nese vestiario visionario. Xa no ano 89 ela quería darlle a volta ó tempo e voltar atrás, pero non para evitar as operacións cirúrxicas, nin para recuperar o amor. Quería voltar ó 82, o ano do naranjito para evitar que se aprobaran a normativa RAG/ILG e comezar de cero.

Se non o credes, lede ben a letra do tema, cando fala de verbas que firen.

If I could turn back time
If I could find a way I’d take back those words that hurt you and you’d stay

I don’t know why I did the things I did I don’t know why I said the things I said
Pride’s like a knife it can cut deep inside
Words are like weapons they wound sometimes.

I didn’t really mean to hurt you I didn’t wanna see you go I know I made you cry, but baby

[Retrouso:]
If I could turn back time
If I could find a way
I’d take back those words that hurt you
And you’d stay
If I could reach the stars
I’d give them all to you
Then you’d love me, love me
Like you used to do

If I could turn back time

My world was shattered I was torn apart
Like someone took a knife and drove it deep in my heart
You walked out that door I swore that I didn’t care
But I lost everything darling then and there

Too strong to tell you I was sorry
Too proud to tell you I was wrong
I know that I was blind, and ooh…

[Retrouso]

Ooohh

If I could turn back time
If I could turn back time
If I could turn back time
ooh baby

I didn’t really mean to hurt you
I didn’t want to see you go
I know I made you cry
Ooohh

[Retrouso #2]
If I could turn back time
If I could find a way
I’d take back those words that hurt you
If I could reach the stars
I’d give them all to you
Then you’d love me, love me
Like you used to do

If I could turn back time (turn back time)
If I could find a way (find a way)
Then baby, maybe, maybe
You’d stay

[to fade]
Reach the stars
If I could reach the stars

Chuzame! A Facebook A Twitter

¿como era o conto? ¿Estamos en seis graos de separación con calquera persoa no mundo?

Esta semana descubrín que estou en tres graos de separación con David Beckham e fíxome bastante graza. Perdeu parte da coña cando hoxe, comendo cun coñecido díxome: si, eu tamén.

Un amigo meu coñece a Rebeca Loos, que seica tivo certo trato con Beckham.

O meu coñecido é primo da muller de Zidane, que era compañeiro de Beckham.

Home, el terá menos graos de separación con deportistas, pero eu estou en tres graos ca xente de supervivientes :lol:

Con todo, non creo que o dos seis graos de separación poida cumplirse. Pensade na xente que vive nun pobo afastado de China, ¿podemos chegar a eles en tan poucos saltos? Ainda que o irmán do que coñece a Rebeca Loos traballou en China :P

En calquera caso teño claro que o centro do mundo xa non é Kevin Bacon, o centro do mundo é David Beckham, alomenos pola publicidade semella que o é. Xusto ó lado de Fernando Alonso

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/pZk7nicaQOg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp