Antonte, no coche, sintonicei por un tempo Radio Galega Música.

Eu xa sabía de que vai a programación habitual da RGM, por iso non me sorprendeu, pero a señora Colombo non a coñecía e dixo que semellaba o reproductor MP3 dun neno esquizofrénico.

Tentar contentar a todo o mundo normalmente conduce a non contentar a ninguén, e a falla de coherencia na selección musical non debe confundirse ca variedade ou o coidado pola diversidade.
No momento pensei en escribir esto que agora poño aquí, pero pensei tamén que igual a programación cambiara, a fin de contas sabía que Radio Oceánica se emite por esta canle os domingos, e que o mesmo tempo comezara un programa de Rodrigo Romaní. Tamén atopei hai algún tempo fotos doutro programa (que agora sei que é tres peixes voando) que pola xente que o facía prometía alomenos coñecemento do que falaban. E para rematar sabía que cambiaran á RGM estudio 3, dos poucos programas que escoitaba eu na RG de cando en vez antes de que renovaran a programación.

Pero claro, non podía falar sen coñecer o resto da programación

Abraiado quedei ó descubrir que só hai dous programas mais en toda a programación: Fagot en fuga e Modus vivendi.

A Radio Galega Música só emite dous programas diarios!!!!!

O resto do tempo emiten música en sesión continua, sen interrupcións.

Agora podo dicir xa o que pensaba, porque coñecía a situación mellor do que eu imaxinaba.

¿Como pode estar tan desaproveitado un recurso tan escaso como é o espacio radioléctrico? Nomeadamente mentras se emita en analóxico.

¿Como se xustifica desaproveitar unha canle de radio tendo xente formada e contidos abondo para encher franxas horarias a punta pala?

O modelo non hai que ir lonxe para atopalo. Penso que Radio Nacional de España está inspirada moi directamente na BBC, non sei de onde sacaron a idea de montar Radio 3 pero copiar do que está ben feito non ten que dar vergoña, e mais cando tantas veces copiamos o malo.
En troques de ter unha canle valeira, sen locutores no 80% ou 90% do tempo poderíamos cambiar para a Radio Galega 2 programas como Extrarradio, Aberto por reformas, A boca da noite, diario cultural ou mil ribeiras. Sen pechar a posibilidade de que puidera existir algun informativo.

Ainda quedaría moito espazo para engadir xente con ideas á RG, un pouco mais orientado ós ouvintes ‘tradicionais’ a RG1 e á xente menos vella a RG2. A radio non se escoita coma se ve a televisión, ter unha certa coherencia na programación ten certa importancia para capta a atención da audiencia. Tratandose dunha radio pública o importante non é só ter audiencia, pero si que o é criar contidos de calidade que lle aporten algo ó pais, e unha vez se fan os contidos procurar que cheguen ó maior numero de cidadáns posibles.

Esta proposta de reestructuración da programación pareceme sinxela, coido que aumentaría a audiencia da segunda canle e pode que mesmo da primeira e nonpenso que fora moi cara.

E estou a pensar nas dúas radios locais que eu tiven a sorte de escoitar en Vigo e na Coruña nas que non todo o mundo era bo, nin moito menos, pero si que hai xente interesante. Estou a pensar en Xosé Otero, de Radio ECCA en Vigo, unha enciclopedia humana da música maqueteira en Vigo desde hai 15 ou 20 anos e un locutor con moitísima experiencia, ou en Sak na Cuac FM, que desde hai menos tempo ven facendo un estupendo programa sobre música electrónica: e-music. Ó ghordo de Perfidia, tamén da Cuac FM coñecino antes de escoitar o seu programa, non sei se son obxectivo cando digo que parece bo, pero sei de quen concorda comigo. E supoño que no resto de cidades galegas pode haber mais xente polo estilo. E isto só nos que xa están nas ondas, se queremos atopar mais só teríamos que escoitar entre os podcasteiros galegos.
¿Con quen hai que falar? ¿A quen hai que convencer?
Xa estamos tardando moito.

rg2.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter

maquetascuac.jpg

Pois iso, este sábado á noite na mardi gran evento maqueteiro.

O prezo é de risa, e a música… non teño idea, ¡non o vou negar! :P

¡E que mal se le o cartaz este, hai que miralo dúas veces para entender o que pon!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Onte non levei a cámara á festa-concerto de e-music porque non sei onde teño as pilas.

Xa non é que as teña sen cargar ou que teñan pouca duración. Xa non sei nin onde as teño.

¿Será desculpa abondo para mercar unha nova cámara? ¿Terei que mercar só as novas baterías e seguir ca mesma cámara que ainda chega para o uso que lle dou?

Por este motivo as únicas fotos que teño están feitas co móbil.

Ainda que fixen moitas fotos, pero algunha ca cámara de Modesto e as mais delas ca de maríademallou.

Precisamente os dous saen nesta fotografía.

esvaidabesbemariaeu.jpg

Eu saio á esquerda, ó meu lado maríademallou, besbellinha e detrás de nos, Modesto. Ó fondo á dereita case non se pode ver a Calidonia.

Pero para non adiantar acontecementos, a noite tiña previsto comezar en La Mediterranea, sítio no que quedáramos para cear con Nemtele, xa que era un sitio apto para todos os públicos, vexetarianos incluidos. O problema foi que chegamos tarde. Non sei canto de tarde pero moito, o local debe levar pechado xa meses, que non estaba a placa do Concello da porta nin o mobiliario dentro.

Improvisando tiramos cara a un kebab preto de Atocha, xa que Nemtele non aparecera e o resto eramos todos carnívoros. Estábamos daquela ascárida, Modesto, aluguer (que hai tempo pediume que non lle puxera ligazóns), ictios e mais eu. A señora Colombo prometera asistir, pero o xoves esvarou no baño e mancouse (nada grave) e non veu. (a súa lenda continúa).
Descubrimos que o vello truco de ver se hai xente ou non nun local era acertado tamén desta vez. Hai dous kebabs moi preto na mesma rua, e ó que nos encamiñábamos estaba moi cheo de xente, polo que fomos ó outro. Se a camareira fora mais agradable probablemente a xente estaría mais repartida entre os dous. Anotado para a próxima.

Durante a cea descubrimos que hai lugares no mundo (de cuyo nombre no me quiero acordar) no que a concentración de mulleres frikis é infinitamente superior á media. E xa nos deron as doce e tiramos cara ó 14, onde estaba Sak e o resto de colaboradores do programa. Sak cumpliu a promesa e convidoume a unha copa, a camiseta non a gañei.
Saudei a Gustavo Harvey e maríademallou, que estaba con besbellinha e aquí voltamos xa á foto do comezo.

Mais tarde chegou Calidonia, que non é moi habitual de saraos chuceiros, e non o vira desde hai tempo.

modestocalidoniaascaeictios.jpg
Traía barba completa, non coma Modesto, que afeitou o bigode como paso previo a unirse á relixión Amish.

ghichoamish.jpg

Mais tarde chegou tamén lourixe, unha das últimas incorporacións activas ó fedello e que collera sona cun antigo episodio de abducción. ¡Por fin xa lle vimos a cara!.

E tamén coñecín a Vincent Jalo, que levaba o peto cheo de chapas de sono-tone, e as andaba repartindo como se fora o papá noel. E coñecín a maceirax (imperdoable esquecemento, terei que alegar, coma Dinio , que a noite confúndeme).
O que fallou foi case toda a xente de Perfidia, nomeadamente o Jordo, que prometera pasar (anotado queda, meu rei)
O concerto do colectivo oruga estivo ben, ainda que non sexan o meu estilo recoñezo que teñen un son moi bo. E os dj, a verdade e que non me molestaron nada.

Despois do 14, ás non sei que horas a metade ou mais dos chuceiros tiramos cara o Patachím, e despois de moi pouco tempo eu marchei cara ó puticlú, onde estaba o resto da parroquia. Grazas o meu inmenso coñecemento de Montealto este paseo levoume algo de tempo porque aproveitei para coñecer mais o barrio.

Xa no puticlú un momentiño mais dentro e marchei para casa que prometera estar cedo. Aproveitei, con todo, para facer outra visita turística mais no camiño á Praza de España. (xa anotei nas cousas por facer coñecer mais o barrio para a vindeira vez que veña)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Seguindo ca semana CUAC, despois da promoción de onte á festa do venres, hoxe fixen unha visita á propia radio, que nunca estivera alí ainda. Só vira gravar aquel programa de e-music no centro On.

Fun convidado pola xente de Perfidia, que onte mesmo botou a andar a súa aventura tamén na rede, xa podedes descargar un novo podcast en galego, as gravacións do programa perfidia xa están en podomatic.

Antes do programa tivemos que facer unha breve parada na pérgola, para non ter sede durante o programa. Aquí os culpables da desfeita poñendo cara de bos.

previa.jpg

Da igual que non lle vexades as caras, non enganaban a ninguén.

Chegamos cando ainda estaba Sak facendo e-music, un programa ‘como Dios manda’. Despois úniuse a eles, como é costume no seu ‘cuarto escuro’.

cuartoescuro.jpg

Podedes botar unha ollada, ó fondo, á calidade do aislamento acústico. Que saudade dos tempos de tocar en Cabral nun cuarto forrado de caixas de ovos polas catro paredes.

Pero a electrónica foi unha ilusión (ainda que neste caso, co hey boy, hey girl dos chemical brothers todos deran o seu visto bo) chegou a hora do R’n'R.

demo.jpg

O traxe do locutor non sei se é obrigado ou casual, pero o rapaz podía presentar un telexornal. Só pola pinta, así que falara ninguén se deixaría enganar.

E mais nada xa vedes onde gravan tanto perfidia coma e-music, só queda que baixedes os dous podcast e probedes. A algún de vos mesmo podería gustarlle. ¿Podedes imaxinar que iso sucedera? ¡E de balde!

josecouso.jpg

¡Vémonos o venres!

Chuzame! A Facebook A Twitter

festa-emusic.jpg
mapa.jpg
Os que non veñan han lamentar moito tempo o erro.

E non fagan caso de que toquen música rara, seguro que os do colectivo oruga tamén son boa xente. Se non mirade para Sak, o bo rapaz que é.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xa hai data, o venres 16 de marzo no pub 14 (Rúa San Vicente Paúl 13-15) Montealto (A Coruña) para a festa de e-music

Xa avisara no seu día que argallaban algún evento Sak e compaña. Haberá que ir, que con esta xente sempre se pasa ben.
Convídoos a todos a escoitar e-Music se lles presta a música electrónica ou se non teñen prexuizos e están abertos á boa música independentemente da familia á que pertenza.

E despois de escoitar e-music xa non os terei que convidar eu á festa, xa iran polo seu propio dereito coma ouvintes do programa.

emusic.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp