Non sei o que temos nós no ollo. Non sei se temos unha viga ou unha palla. Con todo, estaredes comigo en que os americanos, falando de xeografía, xeopolítica e cultura xeral son uns fenómenos. E iso non quere dicir que aquí saibamos de todo e ben, pero o seu ten delito.

Se non o credes ollade este video (en inglés leguendado en castelán)
[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/QVbobdL3yi0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

É certo que aquí podería facerse unha enquisa semellante, pero non creo que a cousa fora tan terrorífica.

grazas por enviar o video, zeke :-)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Se vostede descoñece o que é o bookcrossing explícollo rápido: disque compartir é amar, disque é mellor dar que recibir (e non fagades xogos de palabras, que tedes a mente suxa) pois se amas a lectura, que mellor xeito de demostralo que agasallando os teus libros?

O bookcrossing consiste en abandoar libros en lugares publicos, ceibalos, para que outro os desfrute e os ceibe despois outra vez. Cultura libre ó 100%.

Pois agora, dentro do moi activo movemento podgalego, dorfun criou un novo termo: o podcrossing. Pero que sexa el quen vos explique

Podcrossing …coma o bookcrossing, pero con podcasts!

O intercambio de obxectos debe ser, despois do sexo, un dos xeitos de relación social máis estendido do mundo. Agora que as relacións interpersoais están tornándose en novas definicións coa intromisión da rede internet, existen aínda certos movementos que, mantendo os métodos tradicionais analóxicos, fan uso desas novas capacidades tecnolóxicas que se ofrecen hoxe en día.

O bookcrossing é o máximo expoñente deste tipo de accións. Un rexistro en-liña onde queda reflectida a vida dun libro, que por miles de posibles motivos distintos, unha persoa decide ceibar nalgún punto do planeta, agardando que un curioso o recolla. Tan simple coma iso: un colle un libro, rexístrao en bookcrossing.org e libérao coa esperanza de que quen o recolla reflita na mesma web o interese mostrado no libro… e así, ad-infinitum.

Con esta idea de partida nace o Podcrossing. Os podcasts, esa especie de locucións embebidas en arquivos de audio distribuidos pola rede coma sementes, están ocupando un espazo, coma o que anos atrás ocupaban as radios universitarias, locais, piratas,… Pero esa conexión puramente dixital, en ocasións impide que a difusión destes medios alcance a todo o mundo, sobre todo a aqueles que non teñen acceso a ese tecido enredado de bits.

A idea do podcrossing é ben sinxela: gravar un cd de audio co contido dun podcast e perder ese cd nalgún lugar concorrido. Así, sen máis… ben, igual estaría ben escribir na carátula os enderezos web e nomes dos podcasts incluídos. Pero permitir en calquera caso, que a sorpresa do descoñecido poda cativar para sempre ó inocente oínte.

Se a persoa que os escoite gusta do contido, estou ben seguro de que ha facer todo o posible para continuar con esta afección.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Disque o conxunto do dolmen de Dombate estragouse por non facerlle o debido caso.

Hoxe cando o lin no xornal pareceume fatal. No mesmo xornal facían referencia á Cidade da Cultura, proxecto que deixa sen cartos calquera outra iniciativa medianamente custosa no eido da cultura.

Decatamonos da perda porque perdemos algo que xa tiñamos. O noso patrimonio cultural.

Pero a cultura vive nos museos e nas pedras? Ou mellor dito, vive nos museos e nas vellas pedras?

De onde nace a cultura se non é do pobo?

Os cartos da Cidade da Cultura nin van criar cultura onde os están metendo nin por si sós abondan para criar cultura noutro lado. Porén algúns proxectos culturais si requiren cartos para aparecer. Eses proxectos nunca verán a luz se dependen dos cartos da Xunta, porque seguen soterrando cartos no medio do monte, nunha tumba para cartos e faraóns.

Igual que agora van soterrar en Dombate o que xa perdeu gran parte do valor que tiña cando se descubríu.

Deixo unha foto (collida na wikipedia) do destino dos cartos dos nosos impostos

Que lles aproveite!

Chuzame! A Facebook A Twitter

O xoves fun á Fnac para a presentación da guía do ceo editada por lepourquoipas? e había bastante xente. Alí estaba Pawley co resto dos autores do libro.

Merquei o libro e non puiden deixar de aprezar que o seu formato, cas follas cosidas cunha espiral favorece, ademais de usala no monte, poder fotocopiala con comodidade. Será que estas xentes confórmanse con cobrar o canon?

Na Fnac estaba tamén leco co pelacho.

O libro en si penso que pode ser útil polos bos consellos para neófitos e a chea de desculpas para sair no ano 2008 a ver o ceo. Unha publicación que agrado teña sorte nas vendas e consolide a iniciativa nos vindeiros anos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Que e (mais importante aun) para quen é o canon?

Temos dereito á copia privada?

Se o temos, (que evidentemente o temos, e recoñecido por lei) e ademais nos queren cobrar un canon compensatorio, por que está todo o día falando esta xentalla das descargas ilegais?

Para quen vai o canon?

Para a maioría dos autores que disque non chegan a final de mes?

Ou para os supervendas que son ós que o sistema calcúlalles maiores perdas?

NINGUÉN O SABE!!!

A SGAE (e outras entidades de xestión) cobra o canon e o reparte coma mellor lle parece, porque é unha entidade privada. SI, SI, PRIVADA. Non o sabías? A SGAE non é pública, é privada, igual que o Banco de Santander. Só que o Banco de Santander, coma calquera entidade cotizada é mais democrático ca SGAE.

Parece mentira, mais é certo. TODOS os accionistas dunha empresa teñen dereito a voto, proporcional á súa participación na compañía. Algunhas empresas poñen un límite mínimo de accións para comparecer na asemblea, porén sempre é posibel a delegación do voto por escrito.

Na SGAE, mais de 60.000 socios carecen do dereito ó voto. Nin moito nin pouco, ningún dereito a decidir. Se non vendes un mínimo que poñen eles non votas. E ademais non dan moitas facilidades ós que discrepan da dirección.
No Banco de Santander, ademais é público (e notorio) o importe dos dividendos que lle corresponde a cada acción. Na SGAE non sabemos canto cobra cada un duns cartos RECAUDADOS (lembremos que é un cobro con forma de tasa indiscriminada regulado por lei e non directamente ligado á producción de cada autor).

Que dereito ten a SGAE a cobrar polo meu disco duro?

A tarxeta da miña cámara non sei se encaixa co canon, mais cos seus 8Gb é mais que idonea para facer copias privadas e na puta vida viu nada que non fora da miña criación. Tendo en conta que eu non pertenzo a ningunha xestora de direitos porque publico todas as miñas obras (ou por ter un blogue son menos autor que se xunto todas as miñas tonterías en papel e lle poño unhas tapas) cunha licenza Creative Commons, porque cona teño que pagar un canon?

Mentras o canon sexa empregado para amorear pedras en Compostela e para pagarlle os chales en Miami a catro ou cinco artistas (ós que eu non sigo) opóñome ó canon.

Onde están os meus deputados? Se o señor Farré permítese ameazar ós políticos, que nos queda ós votantes?

Se o único partido que se opón ó canon é o PP plantexareime moi seriamente esa opción de voto. Non votarei nas vindeiras eleccións xerais a NINGÚN PARTIDO que vota a favor do canon se a xestión vai ser a mesma ca agora.

Que os políticos non nos respetan normalmente é un feito, mais aquí é tan evidente que votan contra nós e a favor dun lobby…

Que non falen do 20% que vai a formación e axudas sociais. Que falen do continuo aumento dos seus ingresos.

Lede isto e cabreadevos coma min.

E para que conste: eu fago moito gasto en cultura. Se non basta o exemplo da banda deseñada que merco (e non direi o importe anual, que a señora colombo despois botame unha bronca) direi que teño os discos de the homens e Fanny + Alexander ainda que xa os baixara previamente da rede. E o mesmo podo dicir do libro O home inédito.

Eu non paguei nada polo último disco de Radiohead, non contribuín a que fora o disco mais beneficioso para eles nos seus primeiros de todos os que publicaron, pero é que tampouco tiña interese en descargalo.

Será que hai outros modelos de criación e difusión cultural? Outros xeitos de vivir da cultura?

Igual a alguén que vive dos artistas agora mesmo está interesado en que pensemos que non. Se os contos son cultura, esta xente vive do conto.
Señor Clós, espabile, que as eleccións logo chegan!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estábamos o outro día no fedello falando lourixe, besbelliña e mais eu e preguntámoslle a lourixe se viña ó concerto do venres.

Ela dixo que non, que xa estaba cansa de ter que desprazarse ela sempre desde Lugo e que a ver cando Mahoma ía á montaña.

Nese momento besbe tivo unha saída xenial e respostoulle que seica cando rematen a Cidade da Cultura todos os concertos serán na montaña.

Hoxe na radio escoitei dicir que a ‘redecoración’ do Gaiás vai custarnos 600 millóns de euros (dividide iso entre o número de galegos) levamos botadas unha chea de moedas.

Todo isto para dicirvos que encántame o disco de Fanny + Alexander, pero un tema tenme perturbado e non podo parar de escoitalo. Agora tócalle ós políticos bailar ad eternumn «…e canto mellor será se a túa moeda é grande…» Abondan 600 millóns?

[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/H94sadl2AWg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Por certo, na entrevista que onte (na páxina 16) publicaron en de luns a venres de Noel puxeron un anaco dunha foto que lle fixen o outro día :-)

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp