Onte desfrutei coma un anano. Pagou a pena erguerse cedo para chegar a tempo desde Ourense á terceira edición do partido das estrelas da LNB. Confeso que non gosto moito da denominación desta festa, (porque iso é o que é: unha festa) porén recoñezo tamén que o nome acaelle ben á xuntanza de estrelas que hoxe houbo na Zapateira.

Se queredes fotos non as ides atopar aquí (polo de agora) porque tiven problemas coa cámara e polo de agora non as teño.

So lembrar o emocionante que foi o decorrer da competición, con momentos na que a conferencia local (e retadora) adiantouse ós visitantes (e campións) co que a presión pareceu por uns intres que deixaría unha sorpresa no resultado.

Finalmente gañaron eles ainda que houbo que chegar ao desempate nun dos dous grupos. A emoción chegou até o final decidíndose pola maior distancia nunha derradeira carreira de desempate (anulándose ademais o primeiro golpe de cada un porque non foron válidos!!)

Algo semellante ocorreu no concurso de varados, ainda que neste caso a disputa do desmpate xogábase na casa nas filas da NorLeste e bastante apretada estivo a competición de mates na que un dúo do NorLeste impúxose a un trío do NorOeste por poucos puntos de distanza. As dúas xogadas foron moi espectaculares, porén eles fixerona á primeira e iso axudoulles na votación do xurado (completamente feminino, por certo).

Durante varios momentos da xornada escoitouse de fondo a música e no momento do saudo entre os dous equipos o tema que facía vibrar a pista da Zapateira era billarda, de Mafia Galega. Ligo á paxina de Vieiros, porque desde xa podedes saber (se non era sabido) que vieiros patrocina a LNB! Si señores, a empresa acordar, que edita Vieiros apostou por destinar parte dos cartiños que teñen para se facer publicidade a patrocinar a LNB. Concordo nisto con Xermán: que unha empresa privada apostara pola LNB, é un sinal de que isto vai cara adiante.

Por se todo isto non abondaba, despois de xogar gran parte da tribo foi xantar confraternizando cos membros da outra conferencias.

Destacaría de todo o día o bo ambiente que houbo, e o moito que me divertín. Hoxe ademais xoguei ben e gañei dúas das miñas tres carreiras e superei a presión psicolóxica que me impedía xogar ó 100% :lol:

Na parte negativa só unha cousa: lembrarlle á persoa que nos deu de comer que os chipiróns fanse na súa tinta e non na súa area. Non lle pedín a receita, porén se a queredes probar só tedes que deixarlle toda a area do mundo dentro ós chipirons e despois cociñalos coma sempre fagades.

Isto foi só un adianto, en maio a gran final vaise xogar en Santiago DC e para o ano que ven non vamos andar con chiquitas no All Star. Ainda que, quen sabe? igual o ano que ven agroma unha nova conferencia no sur e temos que ir xogar pola parte de Vigo.

Outro deporte é posibel!

Chuzame! chuzame -

Onte foi todo un éxito a primeira xornada da conferencia NorOeste da LNB.

Os palanadores pasárono moi ben, fixeron boas migas até cos arbitros, que chegarán de alén as fronteiras, desde a conferencia NorLeste e alma mater da LNB.

Houbo tres varados (algo así coma o hole in one do golf) pero a xogada mais espectacular protagonizouna Sak, e alí estaba eu para facerlle estas fotos

Dando espectáculo desde o primeiro día, estrela dos electrónicos, que non cedeu nin un punto nas tres carreiras que desputou e que contribuiu decisivamente a que os electrónicos lideren a clasificación.

Dixen lideren? Lideremos!!

Si, porque eu fago parte nesta franquicia con gran presenza de blogomilleiros, igual que a nova estrela de televaral, besbellinha.

Foi unha grande festa porque estábamos...

Non sei, mellor contades vós a xente na foto

E ainda hai sitio para mais! Para que vos fagades idea do doado que é, onte tres persoas que xogaban por vez primeira fixeron un varado e todos, todos desfrutaron coma nenos. O tempo pasou voando e quedamos con gañas de mais.

Liade a dous ou tres amigos se non queredes subir sós e seguro que estaranvos agradecidos.

E pouco mais queda por dicir, se queredes mais, tedes a clasificación toda no blogue da conferencia. Prometo subir mais fotos o flickr así que teña tempo (desculpa David ;-) )

Chuzame! chuzame -

Mañá á tarde comeza a liga na conferencia Noroeste da Liga Nacional de Billarda!

Ás catro da tarde (empeza cedo porque algún mamalón roubou as luces e hai que xogar con luz natural) na Zapateira darémonos cita para xogar á billarda.

Se tes curiosidade por este xogo pero non tes nin idea de como se xoga e non tes material non teñas medo e sube igual. Eu estou no mesmo caso, non sei xogar e tampouco teño billarda nin palán.

Se non tes a menor idea do que estou a falar, no blogue da nosa conferencia tes mais información. E naturalmente no varal o blogue orixinal da LNB a dos nosos veciños da conferencia NorLeste.

Ven e pasa unha tarde de diversión que non esquecerás.

Outro deporte é posibel!!

Chuzame! chuzame -

Son seguidor da Formula 1 desde hai moitos anos, ainda que non considero á F1 exactamente un deporte, mais ben é un espectáculo. É coma un reality shown no que se compite por equipos.

Supoño que o podo atribuir a que gosto da súa componente tática e de traballo colaborativo. Tamén é certo que cando comecei vendo carreiras, eran mais emocionantes do que adoitan ser dun tempo a esta parte ainda que o estar Fernando Alonso loitando polo título fixo que campionatos e carreiras mais sosas colleran interese.

Con todo, hoxe houbo unha carreira desas que crian afección. En realidade as últimas tres ou catro carreiras foron moi emocionantes e gran parte da culpa a ten Ron Dennis, co seu xeito de dirixir McLaren, e tamén a FIA co seu trato tan particular a Lewis Hamilton. Se temos en conta que isto é un negocio e vemos como aumentou a audiencia en Españas tras das victorias de Fernando Alonso, é comprensible que queiran aumentar a súa audiencia nun mercado maior coma é o británico.

O resultado final foi inmellorable. Gañou o campionato o piloto que mais carreiras gañou e que menos falou e derrotando ó equipo que pior xestionou o seu capital humano. Se ademais temos en conta que McLaren e os seus pilotos aproveitáronse da espionaxe para mellorar os resultados e só castigaron ó equipo razón de mais para falar de xustiza no resultado. É mágoa que Alonso non fixera o seu terceiro campionato consecutivo, porén prefiro este resultado para que leve Ron Dennis no fuciño.

Parabéns Raikonen.

kimi.jpg

Chuzame! chuzame -

A LNB Liga Nacional de Billarda medra.

Agora, ademais da conferencia Este (a orixinal) haberá unha conferencia Nororeste.

Coma di esta xente: Outro deporte é posibel!

Non hai que estar en forma para participar, e a diversión está garantida.

packlnb.jpg

É a vosa oportunidade se vivides perto da Coruña.

para pedir información polo miudo ou anotarvos podedes, ademais de mirar no blogue, enviar un correo a:

lnbnoroeste@gmail.com

Xa estades tardando!

Chuzame! chuzame -

Non son nada fuboleiro, porén son do Celta.

Cando os clubes de futbol eran outra cousa simbolizaban a toda unha comunidade. Agora que son Sociedades Anonimas seguen representando en parte á comunidade polo de Deportivas, pero moito menos que antes.

O único bo, é que agora os directivos responden co seu patrimonio ou mesmo ca cadea das súas desfeitas. Algo bo tiña que ter.

Cando o Celta volte a primeira non lle lembrarei a niguén que son do Celta. Hoxe quería facelo.

Chuzame! chuzame -