Se a contabilidade do Deportivo fora irregular calquera socio podería demandar ós administradores por falsedade contable, ¿non é?

Ocórreseme unha maldade… ¿Canto custa unha acción do Deportivo?

consello.jpg

Igual despois tiña que deixar de vivir aquí :lol:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non lembro se o dixen aquí xa, pero eu non son fuboleiro. Ainda así, son celtista, pero iso non é algo que poida evitar, levo no peito a cruz de Santiago por moitos motivos, sentimentais case todos.

Podedes imaxinar, que se en Vigo xa tiña o costume de saltar as páxinas de deportes, aquí na Coruña ainda mais. O que lle pase ou non ó Deportivo de La Coruña tanto me ten. Se cadra, o único que me podería facer simpatizar co Deportivo, sería que moitos dos meus veciños están mais ledos e optimistas cando gaña e vai ben clasificado, e nin así.

Dito isto, e deixando claro a miña posición, coméntovos que hoxe lin nas páxinas de deportes de La Voz de Galicia varias novas que chamaron a miña atención. Entre outras cousas, porque a semana pasada en Riazor estiven lendo durante o partido as publicacións do Deportivo e xa estaba avisado de que había mar de fondo.

riazor.JPG
O primeiro: Igual xa é tarde para o Deportivo. En caso de liquidación os xogadores valen cero e igual o Deportivo.

Ainda que algún dos que lee isto decote pensará que é unha boa nova, non é tal. Axiña chegarán as eleccións municipais, os vigueses lembrarán o pulo que supuxo levar a Horacio Gómez na súa lista para o PP, a xente dicía: «así fará cousas boas polo Celta desde o Concello». Os siareiros entenden o clube coma algo público e propio deles, cando é unha S.A. ainda que sexa D. Eu ODIARÍA pagar as débedas do Celta, canto mais as do Deportivo, clube polo que non teño amor ningún. Pero eu non son representativo do sentir maioritario en Vigo e tampouco na Coruña. ¿Cantos votos gañaría alguén que salvara ó Deportivo de baixar a 2ª B? ¿E se o salvara de desaparecer nunha liquidación?

Señores, o que queira salvar o Deportivo, que merque accións na ampliación de capital, e se non queren poñer cartos que calen a boca, que eu non teño porqué sacar de crises a empresas con menos de cen traballadores (non sei os que ten e tanto me ten, ainda que son polos únicos que o sentiría, e non falo de xogadores nin directivos).

Respecto as contas do Deportivo, pode que teñan moitos activos sen cobrar, pero as empresas cando teñen contas pendentes baixan o ritmo nos gastos, e non tiran para diante sen pensar na liquidez. Ese non é un xeito serio de facer as cousas. E mais nos níveles de endebedamento dos que estamos a falar (sen ter datos reais, claro)
O segundo: A asociación da Prensa critica a Lendoiro polas súas ameazas a un xornalista de La Voz.

Isto, para arranxar todo. Non lle chega ó señor Lendoiro con atacar a La Voz desde a súa revista (que fai moi ben, se quere) que ainda os ten que ameazar: ‘algún día lo pagarás’.

Claro que segundo o xefe de prensa non foi unha ameaza. Quixo dicir que o seu traballo é debido á notoriedade do deportivo e que se desaparecera o Deportivo el quedaría sen traballo. (?)

Lendoiro é unha persoa polémica de sempre. Ninguén lle nega o seu exito co Liceo e tampouco o palmarés do Deportivo, que colleu en segunda e fixo campión da Liga. Porén, é incrible que un directivo poida cobrar proporcionalmente ó que gaste a entidade (ó orzamento) e non ós beneficios. É semellante ó que fixera Villalonga no seu día en Telefónica, aquí tanto ten o que pase co clube, canto mais gaste o clube, mais gaña Lendoiro. Se os accionistas están contentos con iso, alá eles, que para iso é unha S.A.

¿Ninguén lembra xa que Lendoiro leva anos agochando a lista de accionistas da empresa para que ninguén na oposición se poida dirixir ó corpo electoral deportivista?

Agora, se o clube vai ó carallo ¿quen vai afrontar as débedas? ¿Teñen patrimonio abondo os directivos? ¿Van pedir eses accionistas, que deron o visto bo á xentión da directiva e non pediron contas, que se fagan cargo as administracións públicas de salvar ó clube? ¿E os siareiros que nin sequera son accionistas van ter o papo de pedirlle ó resto que tanto nos ten o futbol, que lles paguemos o vicio? ¿Que pasaría co Deportivo se baixara á 2ªB? ¿que pasaría cos siareiros do Deportivo que foron do Real Madrid mentras estaba en 2ª o Deportivo? ¿Seguirán aí?
Todo isto que digo non creo que sexa por ser celtista, mais ben por vivir na Coruña e non ser do Deportivo, sinto a situación polos deportivistas. E se alguén pensa que estou errado, aí tedes os comentarios.

foto_presi2.jpeg

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe convidaronnos á señora Colombo e a min a cear a Riazor. A uns amigos regaláronlle entradas para un palco e fomos ó campo.

O partido, Deportivo – Mallorca foi nefasto. Xa eu non son fuboleiro, e ademais xogaron de merda, nomeadamente a primeira parte. O mellor foi o descanso, non o vou negar.

palco.JPG
Ver o futbol no campo é moito mellor que na casa, pero velo no campo sentado nunha butaca e ter de comer coma se estiveras na casa e podendo ver as repeticións… É outro nível.

Góstame moito dos palcos de Riazor o pasillo de acceso.

pasillo.jpg
Xa a outra vez que fora puxera unha foto, hoxe dúas.

pasillo2.JPG

Voltarei cando poida, que ben se cea aquí. :P

Chuzame! A Facebook A Twitter

Disque cumplir os desexos de un pode ser un xeito de maldición.

E xusto iso foi o que me pasou no ximnasio.

Díxenlles os monitores que cando chegara a primavera quería estar fisicamente preparado para escalar cos meus amigos.

Non son un gran escalador, só subo o monte para pasalo ben, pero querería poder chegar ó cume das vías mais doadas alomenos sen necesidade de baixar do monte en padiola e pasar o día seguinte deitado na cama con maniotas.

Pois o monitor preparoume un plan de entreamento persoalizado, mesmo preparouno na súa casa.

Desbouto un interese extra profesional por min do monitor, que non ten moita pinta, (ó contrario, mais ben) así que agora véxome moralmente obrigado a non deixar o adestramento.

En mala hora dixen nada.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ainda que estea lonxe (por dicir algo ) das posicións ideolóxicas do Opus Dei, si que hai unha cousa que lle recoñezo a San José María Escrivá de Balaguer.

escribá

Escribá foi o valedor na Igrexa Católica de que é posible chegar á santidade co traballo cotián. O xeito de se achegar a Deus sería o traballo.

Esta idea encaixa moi ben en calquera secta, porque os seus adeptos traballarán con mais forza para o lider. Ainda así paréceme unha idea interesante dar valor ó traballo cotián.

Falo disto co gallo da chegada a porto hai uns días do pesqueiro Francisco y Catalina, van levar unha chea de premios por facer o que sempre fixeron as xentes do mar, paréceme ben porque os mariñeiros non teñen que estar nas portadas só por noticias de morte e catástrofes.

Tamén nesta liña paréceme que vai a selección española de baloncesto, unha xente que é famosa por xogar o baloncesto e ademais ben. Non son famosos por gañar moitos cartos e dicir parvadas, nin por sair no tomate, nin por deitarse con famosas de medio pelo. Vamos, que non xogan ó futbol.

Non sei que parte da culpa é deles e que parte dos medios que sacan na primeira páxina as súas paridas, pero dame que unha parte importante da tontería, os futbolistas xa a traen da casa. ¿Que pensará San José María deles desde o ceo?

Por certo, cando Escribá estaba ainda sen canonizar, pedinlle o favor de aprobar un exame no que estudiara só o temario do segundo parcial. Era imposible aprobar porque non vira nada do primeiro parcial. Preguntaronme no segundo parcial cousas que sabía e no primeiro parcial cousas tamén do segundo. Era imposible pero aprobei, por iso vendo os seus milagres, nunca porei en dúbida a súa santidade.

Oremos.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Queixase Turuto de que fale de Nadadora no blogue e non comente nada dos verdadeiros nadadores que nos foron a moaña e voltaron ó Nautico, pero ó de Vigo, polo medio da Ría e sen barco. Comenta Turuto que David Meca tardou 46 minutos, e el tardou hora e media chegou esfameado e mais inflado cas tetas de Yola Berrocal (Turuto dixit)

Como, ademais, mandou algunhas fotos, tiña que contalo e poñer unha foto da chegada, saindo da auga.

nadador.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp