A reforma das cotas participativas das caixas de aforros é o segundo paso, o mais importante, cara á privatización das caixas de aforros.
Primeiro foi a criación das propias cotas participativas, que introducíu un mecanismo de participación de capital que ainda que naceu sen dereitos políticos facía sospeitar que este paso chegaría. Ese é o acordo ao que chegaron onte Zapatero e Rajoy.
Qué mais ten que as caixas sexan ou non galegas se poden ser mercadas por grupos de fora e levalas coma xa ten pasado con outras empresas? Mais o problema non é un problema galego, é un problema do conxunto do estado.

Lin nalgures que a obra social das caixas, no seu conxunto, aporta mais a España do que os fondos de cohesión da Unión Europea. Dun xeito ou doutro eses cartos gastáronse na percura dun ben común. Agora unha parte deses cartos convertiranse en remuneración dos capitais investidos nas caixas. Serán dividendos igual que os que teñen os accionistas dos bancos. Desaparecerá a única diferenza que ainda quedaba entre bancos e caixas, a mais importante desde o meu punto de vista.

Chegouse a este punto aproveitando a desculpa da crise. A crise non é unha causa, é unha desculpa. Igual que eliminar a protección social dos traballadores e abaratar o despido faise coa desculpa da crise.

Volto sobre o mesmo tema de hai unhas semanas, a ideoloxía neoliberal xurdida no entorno dos grandes grupos de capitais gaña terreo cada día. Xa non somos cidadáns, apenas consumidores e traballadores, necesarios para que a economía funcione. Os nosos dereitos están cada día mais debilitados sen que nos decatemos. E a culpa non é deles.

Cada día preocupámonos menos do ben común e mais das nosas cousas. A perda de prestixio social da política é moi indicativa disto. Damos por feito que só alguén que ande detrás do enriquecemento persoal é quen de adicar o seu esforzo á política. Xa non se concibe adicarse á Res Publica polo ben da comunidade. Deixamos o goberno que debía ser do pobo pase a ser duns xestores profesionais. As maxistraturas que en Roma eran temporais de seu, un servizo á comunidade que tiña data de caducidade, convertíronse no noso tempo nunha profesión.

Por iso non temos que estrañarnos cando non defenden os intereses dos seus votantes, porque xa non somos cidadáns, somos consumidores. E os consumidores ríxense polas leis económicas. Por iso controlan os medios de comunicación como xa comentara aí atrás, para manipular a demanda e acomodala á súa oferta e levarnos polo seu rego.

E as caixas de aforros estorbaban, porque non podían ser controladas direitamente polo poder económico. Eran un competidor rexido por unhas estrañas leis que estragaban unha parte importante dos dividendos. Igual os dirixentes eran dos seus, porén os beneficios non acababan onde quererían. O mercado pode medrar (ou contraerse) porén neste caso non deixará de ser limitado e a desaparición dunha parte dos actores levará a un crecemento do resto. Crecemento por captación de parte de mercado que deixarán valeiro as caixas que desaparezan, mais tamén mercando as caixas que permanezan.

Cando a Historia lembre estas décadas que estamos a vivir probablemente o fito que marque o cambio será a desaparición do comunismo coma alternativa ideolóxica ao capitalismo pola aceptación xeral do seu fracaso na posta en práctica.

Non serei eu agora o que veña a defender o comunismo, porén acho que tamén o capitalismo fracasou como doutrina económica e só sobrevivíu pola súa maior flexibilidade para acoller achegas da outra banda, coma o Estado Social. Agora que é un feito aceitado que o comunismo morreu xa non é preciso manter ese Estado Social. E só hai que ver a China para comprobar que democracia e desenvolvemento económico non van sempre da man. Ainda diría mais, o desarrollismo español dos sesenta non foi a causa da Transición, porque foi a morte de Franco a que levou ao cambio de Rexime e non a presión popular. O capitalismo sen o freo da democracia e sen o contrapeso dun modelo alternativo reamatará de mala maneira, e nós polo medio.

As Caixas de Aforro son só un símbolo mais deste cambio de tempos e se cadra non son o mais importante, porén permitide que lles dea mais importancia da que teñen porque meu pai traballaba nunha e desde pequeno para min as caixas sempre foron isto.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/uFFDsyVdiNY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]


Chuzame! A Facebook A Twitter

Unha das varias recomendacións que o señor da foto fixo este decembro no AchegArte cando lle pedín libros divertidos da súa editorial foi As leis fundamentais da estupidez humana.

O libro foi escrito por un prestixioso historiador da economía, Carlo M. Cipolla, que con toda seriedade e porén do xeito mais ameno fala das persoas estúpidas «un grupo mais poderoso que a Mafia, o complexo industrial-militar ou a Internacional Comunista, e que actúa coordinadamente sen precisar de regulamentos, líderes nin manifestos, movido só pola súa propia estupidez.»

Abofe que os estúpidos son mais poderosos do que foi a Internacional Comunista, como proba o declive da Internacional e a puxanza da estupidez humana.

As leis fundamentais da estupidez humana enuncianse da seguinte maneira:

Primeira: Sempre e inevitablemente cada un de nós subestima o número de individuos estúpidos que hai en circulación.

Segunda: A probabilidade de que unha persoa determinada sexa estúpida é independente de calquera outra característica desa mesma persoa.

Terceira (Lei de ouro) : Unha persoa estúpida é unha persoa que causa un dano a outra persoa ou grupo de persoas sen obter ao mesmo tempo un beneficio para si, ou mesmo obtendo unha perda.

Cuarta: As persoas non estúpidas subestiman sempre o potencial nocivo das persoas estúpidas. En concreto os non estúpidos esquecen constantemente que en calquera momento ou lugar, e en calquera circunstancia, tratar e/ou asociarse con individuos estúpidos maniféstase infaliblemente como un erro custosísimo.

Quinta: A persoa estúpida é o tipo de persoa mais perigoso que existe.

Cipolla divide a xente en coitados, intelixentes, malfeitores e estúpidos. Os coitados permitirían que os outros se beneficiaran ainda sen obter beneficio propio, mesmo sufrindo algún perxuizo, ao contrario dos malfeitores, que tentarían obter un beneficio ainda que perxudicara ao veciño. Os intelixentes benefícianse a si mesmo e ao tempo benefician tamén aos demais e os estúpidos perxudican aos outros sen obter beneficio, mesmo saindo eles tamén perdendo. Considerando esta clasificación hai un corolario á quinta lei.

Corolario á quinta lei: O estúpido é mais perigoso que o malfeitor.

O libro é divertido e moi interesante. Ademais é moi breve, permite ler o libro nunha semaniña ou menos de regularidade dixestiva, ou tamén nunha tarde de intensa iluminación e pracer intelectual. Esta editado por Rinoceronte e taducido polo señor da foto.

O curioso de todo isto que escribo foi o que me lembrou hoxe este libro. Preguntabame eu: que carallo sacarán no goberno de Núñez Feijoo despois de toda esta movida co decreto do ensino? Haberá algún beneficio para o País a longo prazo? Será beneficioso para eles mesmos a longo prazo? e a curto?

E lembrei estas leis. Nomeadamente a Lei de Ouro. Que cousas mais estrañas ten a memoria.

Toda-las citas están tomadas da edición de Rinoceronte, e esta última foto de GZ Nación.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Por se serve de algo dígolles a marca de leite que consumo eu: FEIRACO.

Pode que a algún lle resulte coñecida, é unha emnpresa do país. Venden só leite do país e pagan un prezo xusto aos productores.
Se tes problemas para chegar a fin de mes é normal que reduzan gastos, por iso o meu consello é que fales menos polo móbil e merque leite algo mais caro, é mellor para a economía do teu entorno e redundará en menor gasto estatal en subsidios que indirectamente tamén pagarás ti. Non vou dicir que sexa de mais calidade porque non o sei, pero mira que se ademais é mellor para a túa saude…

Este exemplo que poño non é mais que unha das caras podres da globalización. O primeiro mundo subsidia a venda do excedente no terceiro mundo facendo un dumping brutal que abafa aos productores e os forza a migrar cara ás cidades para converterse en man de obra barata en piores condicións laborais das que tiñan antes da intervención do primeiro mundo.
O que cambia neste caso, é que aquí facemos o papel de terceiro mundo, e tendo o poder coma consumidores de evitalo é unha mágoa non facelo.

Igual non era mala idea ler as etiquetas das cousas que mercamos, levaríamos moitas sorpresas desagradabeis.

Chuzame! A Facebook A Twitter

De un tempo a esta parte non deixo de atopar xente que opina da economía en relación coas eleccións xerais en España.

Normalmente opinan que se gaña Rajoy haberá algún cambio para mellor.

A única posibilidade de que iso ocorra é que a xente confíe en que iso vai ocorrer. Se deixan de ter medo sobre a evolución futura aumentará a cofianza e con ela o consumo, o que xerará infinidade de efctos positivos sobre a evolución económica.

Porén eles non se están referindo a iso. Eles opinan que Rajoy xestionaría mellor a crise que Zapatero. Que eles pensan que nos meteu na situación actual.

É lóxico que a xente pense iso se aproveita as posibilidades que a sociedade da información permite para ver mira quien baila, el tomate (qepd), a liga de futbol, baixarse politonos ao móvil e ligar nos chats.

Parece ser que a economía é cíclica, e que os períodos de crecemento séguense por períodos de crise. Agora estamos nun momento de crise a nível global e pouco pode facer o goberno de España para impedir que haxa desaceleración. Pode diminuir o efecto, pero é improbabel que impida a crise.

Neste mundo global aféctanos mais se cadra económicamente o que ocorre nas eleccións nos EUA que nas de España. Niso levamos desavantaxe respecto ó Imperio Romano. Alí non era preciso nacer na metropoli para ser cidadán, aquí carecemos dos dereitos de elección que teñen os americanos.

obhill.jpg

E para rematar volto ó tema dos candidatos. Paréceme curioso (e mais vindo de onde ven) a xente que está encantada ca xestión que o señor Pizarro fixo en Endesa. Conseguiu que unha empresa de capital español acabara dominada por unha empresa alemana e por tanto trasladando o centro de decisión fora do Estado, cando nun primeiro momento fixera unha OPA unha empresa de capital español. Hai dúas opcións: que todos sexan accionistas (que non clientes) de Endesa, ou que non pensen que Cataluña faga parte do Estado español. E non, non son os independentistas cataláns os que falan ben do señor Pizarro.

pi.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter

Disque o conxunto do dolmen de Dombate estragouse por non facerlle o debido caso.

Hoxe cando o lin no xornal pareceume fatal. No mesmo xornal facían referencia á Cidade da Cultura, proxecto que deixa sen cartos calquera outra iniciativa medianamente custosa no eido da cultura.

Decatamonos da perda porque perdemos algo que xa tiñamos. O noso patrimonio cultural.

Pero a cultura vive nos museos e nas pedras? Ou mellor dito, vive nos museos e nas vellas pedras?

De onde nace a cultura se non é do pobo?

Os cartos da Cidade da Cultura nin van criar cultura onde os están metendo nin por si sós abondan para criar cultura noutro lado. Porén algúns proxectos culturais si requiren cartos para aparecer. Eses proxectos nunca verán a luz se dependen dos cartos da Xunta, porque seguen soterrando cartos no medio do monte, nunha tumba para cartos e faraóns.

Igual que agora van soterrar en Dombate o que xa perdeu gran parte do valor que tiña cando se descubríu.

Deixo unha foto (collida na wikipedia) do destino dos cartos dos nosos impostos

Que lles aproveite!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pensei titular isto oportunidade perdida, porque penso que vai ser o caso.

Son cliente de Vodafone desde que se chamaban Airtel. Non lembro exactamente, mais penso que desde o ano 1998. Levo sendo cliente seu desde o século pasado.

Cando comecei levando móbil non era nada frecuente que a xente tivera un, era algo un pouco snob e eu procuraba falar ás agachadas para que a xente non me mirara mal. E por outra banda era esclavo del porque ó ser cliente de tarxeta non me daban a posibilidade de desconectarlle o buzón de voz co que condeaba ós que me chamaran a falar co buzón de voz e pagar unha chamada ó móbil (que daquela considerábase algo carísimo).

Con tan longa traxectoria conquerín ir axustando os prezos por minuto cada vez mais ainda que non o establecemento de chamada, claro. Porque aí é ónde está o seu negocio.

Ó comezo era a propia regulamentación a que nos daba polo cu ós consumidores, porque estaba proibido baixar o establecemento de chamada, e agora son eles sós que se poñen de acordo para sacarnos os cartos do mesmo xeito que casualmente nos subiron o prezo o mesmo día.

Non estou moi contento últimamente porque desexaría poder acceder á rede co móbil sen ter que pagar coma se fora un luxo. Desgraciadamente para min, sei que en outros países do mundo considérase o acceso ás novas tecnoloxías da información unha cousa tan normal que o servizo de acceso a internet móbil espallouse coma aquí o sms. Claro que alí o prezo é outro. Igual que o da internet de banda larga na casa. Pero iso o deixarei para outro día.

Antes de cambiarme a Yoigo, o operador que tiña a tarifa que me pareceu mais axeitada: 1,20€ + iva diarios, pensei agardar a que R sacara o móbil e levei unha decepción enorme.

Non vou entrar polo miudo pero o consumo mínimo non baixa dos 6 € por liña contratada (cando xa lles pago cotas mensuais polo resto de combos) e as tarifas de acceso a internet móbil son de risa: 1€ por Mb descargado é o estandar (é certo que se pode mellorar moito ese prezo) e a operadora nin sequera sabía cal era a velocidade de baixada que ofertaban.

Certo que o trato non foi tan malo coma o día que unha operadora de Vodafone colgou cando lle dixen que quería información para darme de baixa, se cadra é porque con R só levo desde o 2000.

En tempos conseguín convencer a toda a miña familia e a miña familia política que se pasaran a R. A oferta era tan boa que só tiña que chegar o cabo á súa casa para convencelos de que o contrataran. Témome que a chegada do móbil de R non vai consolidar a súa posición no mercado, porque cos prezos que ofertan, e para falar igual pola rede de Vodafone, ou quedo onde estou ou marcho para Yoigo.

Ainda non tomei unha decisión, porque R non me axudou nada ca súa oferta.

Mágoa.

logo-r.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp