Hoxe traballei todo o día e non vin televisión escoitei pouco a radio e non lin nada na rede, por iso non sei o que a xente anda opinando de estas tres cousiñas que así de xeito breve quero comentar (ou estoupo).

O do BNG ca ministra.

Si é a do plan Galicia de mierda… E que?

A estaban reprobando porque dixera aquilo? Porque suspendera a aplicación do Plan Galicia?

Lembro o que pensei cando o do Prestige. Se o barco vertera chapapote na costa catalana o goberno estaba alí nun día.

E agora querían reprobar á ministra (que seica o fai coma o cu desde que a nomearon) porque o fixo mal en Cataluña. Pois que lles dean polo cu. Pareceme estupendo que o BNG tirara partido para Galicia apoiando á ministra. Ía cambiar algo agora se a chimpara Zapatero? Abofé que non. É un argumento electoral para o BNG? Facelo ben sempre é un argumento electoral. Ogalla tivera problemas para decidir o voto sempre porque todos o fixeran ben sempre, morrería de pracer.

O das estatísticas madrileñas.

Calquera pode conseguir que as estatísticas digan algo que lle interesa. Está de puta madre que a Comunidade de Madrid aporte moito ó conxunto do Estado. Canto levamos o resto fornecendo de infrastucturas á capital do Reino? Cantas empresas cos seus centros productivos espallados por todo o Estado (xa non falo só de Galicia) teñemn a súa sé en Madrid e tributar alí (incrementando ese saldo negativo dos pobriños madrileños)?

Non tributamos todos os cidadáns de xeito individual?  Igual ter unha renda mais alta ca media resulta que pagan mais impuestos e como alí teñen as infrastucturas cubertas agora nos toca ó resto.

Os cataláns levan unha chea de tempo recibindo cartos a eito, pero coma o seu é chorar por un lado e apretar os collóns do goberno de turno por outro vailles ben.

E os cataláns non son os mellores. Quedan terceiros despois dos Vascos, que co seu concerto viven nun paraiso tributario, cobrando gastando e repartindo o que lles peta.

Con todo, os mellores son os navarros. Conseguiron, ninguén sabe como, unha autonomía previa á propia constitución pola vía dos foros históricos, unha lei derogada da que sacaron mais partidos que todos os demais parvos do título VIII. Teñen as mesmas ou mais competencias fiscais que os vascos, pero coma eles están calados a ninguén lle parece (empezando polo PP gobernando alí con outro nome tantos anos e que tanto berra cando os cataláns piden algo que nin chega ó mesmo nivel)

Tonto o último.

E remato co do novo horario do Banco Popular

Alegrarse de que os bancos abran ás tardes porque xa que cobran, que dean o servizo non é intelixente.

O que cobra é a entidade, non os seus traballadores, e se a banca perde o horario continuo, o resto de sectores que o teñen irán perdendoo detrás. Para a patronal de banca moito mellor, porque xa ten ó personal facendo horas extras que non remunera e agora fará uns turnos que non respetará e terá a parte do seu persoal traballando doce horas diarias. Empezaron nos comercios abrindo os domingos, agora segue a banca abrindo até os sábados ás mañás e tardes, que se prepare todos os que marchan a casa os venres á tarde, o ritmo non pode parar.  Ogallá estea equivocado.

Creo que hoxe abondou. Outro día mais.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estábamos o outro día no fedello falando lourixe, besbelliña e mais eu e preguntámoslle a lourixe se viña ó concerto do venres.

Ela dixo que non, que xa estaba cansa de ter que desprazarse ela sempre desde Lugo e que a ver cando Mahoma ía á montaña.

Nese momento besbe tivo unha saída xenial e respostoulle que seica cando rematen a Cidade da Cultura todos os concertos serán na montaña.

Hoxe na radio escoitei dicir que a ‘redecoración’ do Gaiás vai custarnos 600 millóns de euros (dividide iso entre o número de galegos) levamos botadas unha chea de moedas.

Todo isto para dicirvos que encántame o disco de Fanny + Alexander, pero un tema tenme perturbado e non podo parar de escoitalo. Agora tócalle ós políticos bailar ad eternumn «…e canto mellor será se a túa moeda é grande…» Abondan 600 millóns?

[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/H94sadl2AWg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Por certo, na entrevista que onte (na páxina 16) publicaron en de luns a venres de Noel puxeron un anaco dunha foto que lle fixen o outro día :-)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Disque van investigar ás operadoras de telefonía móbil orange, movistar e vodafone por pactar a suba dos seus prezos.

Non foi sen tempo. Semella que esta xente pacta mais que os políticos da Transición pero ninguén fai nunca nada.
Pensei que xa quedaramos fora de cobertura ca comisión do mercado das telecomunicacións.

Pasará o de sempre? Porque só hai ‘indicios’ e eles xa negan todo (lóxicamente)

Quen mandarán a investigar? Será alguén tan espelido coma o tenente Colombo?colombo.JPG

Chuzame! A Facebook A Twitter

Se a contabilidade do Deportivo fora irregular calquera socio podería demandar ós administradores por falsedade contable, ¿non é?

Ocórreseme unha maldade… ¿Canto custa unha acción do Deportivo?

consello.jpg

Igual despois tiña que deixar de vivir aquí :lol:

Chuzame! A Facebook A Twitter

paraquepiquen.jpg

Se vos chega algo coma isto á vos caixa de correo, non chasquedes, e tanto ten que vos cancelen o voso servizo molonet.

Ca de cartos que se gañan co spam, ¿é preciso que empreguen un traductor automático?, ¿non poderían pagar a alguén que llo traducira?

Este correo non é unha invención miña, se vos chega algo así, ainda que non sexa tan evidente, eu aconsellaríavos que chamárades ou vos achegárades á oficina do voso banco. E facede o favor, non chasquedes alí, é mellor perder algo de tempo que de cartos, ¿non si?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Esta semana santa descubrín que na AP9 hai unha cobraxe. Si, hai moitas peaxes na Ap9 pero eu descoñecía que nunha delas estiveran só para pagarlle ós que pasen.

Si, o que oides. Se vas pola AP9 desde Pontevedra e saes antes de chegar á ponte de Rande, na peaxe devólvenche a parte do que te cobraran antes que lle corresponde a cruzar a ponte.

¿Absurdo? Ainda non oiches nada.

Se vas de Vigo a Pontevedra e saes na peaxe de Redondela apoquinas como corresponde por empregar o tramo de circunvalación de Vigo, pero se segues até cruzar a ponte de Rande e saes no Morrazo é de balde.

Conclusións:

1.- Montar cristo é a única solución para que os políticos fagan caso ó que ti queres. Velaí a xente do Morrazo.
2.- Facer turismo e coñecer a cobraxe de rande sae a conta.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp