Grazas a postscriptum coñecín hoxe este mercado de pulgas.
Que pouco ten de mercado porque non venden nada. E mais que pulgas, o que ten son alfaias.
Coma esta que agora mesmo estou a escoitar. Xa a coñecía, mais non a tiña.

chuzame - Grazas a postscriptum coñecín hoxe este mercado de pulgas.
Que pouco ten de mercado porque non venden nada. E mais que pulgas, o que ten son alfaias.
Coma esta que agora mesmo estou a escoitar. Xa a coñecía, mais non a tiña.

chuzame - ¿Qué é tan gallego?
¿Qué é tan gallego como el gallego?
¿Hai algo tan gallego como el gazpacho?
Todo isto ven a conto dunha proposta de google bombing do demo ¿Quen, se non?

chuzame - Na entrada que puxen o outro día falaba dunha secuencia hexadecimal que serve para decodificar HD-DVD.
Como sabía que tentan impedir a súa difusión de xeito legal non quixen que aparecera nos buscadores que eu puxera nada. Evidentemente non pensaba que puideran chegar aquí ca súa loita, chamádeme parvo, pero preferín poñer o número sen aparecer despois no google.
Porén, non todo mundo fixo o mesmo, buscando en Google a secuencia con guións aparecen hoxe 648.000 resultados e sen guións 51.000. No Technorati, que pescuda só entre blogues aparecen con guións 1073 e sen guións 250.

Dame que non van ser quen de impedir que esa secuencia estea na rede.
Deixovos cunha fermosa canción.
chuzame - Copio e colo un correo que me chegou enviado por Leco á miña caixa de correo (e á de mais xente tamén)

"Os libros son un dos temas que orixinan máis posts e suscitan máis conversas no blogomillo. Por iso, e coincidindo co Día do libro e a un par de semanas do Día das Letras Galegas, queremos facer unha proposta a todas as persoas que navegan pola Rede e len libros en galego…
Propomos crear un grupo de lectores e lectoras de libro galego que se comunique a través de Twitter para trocar información e opinións sobre os libros que estamos a ler.
Para quen aínda non coñeza Twitter, diremos que se trata dunha rede social cuxo obxecto é comunicar aos demais o que estamos a facer. Con defensores e detractores, non deixa de ser un recurso comunicativo, que paga a pena aproveitarmos se temos contidos con que enchelo.
Como Twitter non permite, polo de agora, a creación de grupos, e para poder atopármonos con facilidade entre toda a twitterada, propomos que os tres primeiros caracteres do nome de usuario ou usuaria que escollades sexan “lg_” correspondentes a “lemosgalego”. Así por exemplo, os usuarios das persoas de quen parte a iniciativa somos: lg_leco, lg_ferreiro e lg_pawley. (Se xa es usuario de Twitter podes mudar o nome engadíndolle “lg_” ao comezo ou facer outro rexistro cun nome que comece por “lg_” e dedicar este usuario só a lemosgalego)
Comentamos brevemente os pasos que hai que seguir para unirse ao grupo:
1.-Escoller un libro en galego e comezar a lelo (se aínda non o fixeches).
2.-Rexistrarte en Twitter cun nome de usuario ou usuaria que comece por lg_ (sabemos que está só en inglés mais aínda non existe ningún clon en portugués nin en castelán)
3.-Incluír como primeiro contacto a lg_lemosgalego, ademais de outros da túa elección (como non existe a figura do administrador, é o único modo de nos asegurar que todos os participantes son visíbeis para o resto. )
4.-Comezar a trasmitir opinións, recomendacións, comentarios, glosas… sobre os libros que esteas a ler en galego. O límite por comentario está en 140 caracteres.
5.- Se che apetecer podes incluír no teu blog/web algún dos “badges” que che ofrece Twitter para teres á vista os teus contactos ou os seus comentarios.
Unha vez que te rexistres xa podes usar Twitter a través da web, desde Gtalk, descargando Twitteroo ou Twitterrific, ou desde a barra do Firefox.
Atoparás sempre os contactos actualizados nos nosos blogs. E nuns días habilitaremos un blog do grupo, onde poderás atopar a relación de contactos, as intervencións e terás a posibilidade de deixar comentarios, propostas ou peticións de axuda se precisares. Tamén nos próximos días anunciaremos un Concurso de microrrelatos…
…Seguiremos a informar.
Bks 1000
Leco"
chuzame - Non vou falar de dorfun porque non quero facerlle moito a pelota, simplemente direi que me parece un rapaz estupendo.
Do que si falarei é do seu blogue. Ainda que ¿quen non coñece no blogomillo a dorfunteca?
¿Hai tempo que non a visitas? Nese caso paga a pena que o fagas para ver o seu novo deseño.
Cheo de fiestras coma se fora un escritorio na túa pantalla, só que dentro do navegador. Curioso.

O contido coma sempre (desde o pouco tempo que eu o coñezo) tendendo pontes dentro do blogomillo, ca súa escolma Blogamia por exemplo, pequeno resumo da visión total que se pode atopar na Blogaliza ou en Blogalego.
E mais recentemente ainda ca lingua bloguetaria do meu pobo.
Un blogue a seguir, abofé.

Esta ven sendo a foto oficial de dorfun
xa é a segunda vez que a poño.
chuzame -