Hoxe, hai un ano, estábamos no hospital.

Xa daquela sabíamos que a nosa vida nunca sería igual, ver durmir a esta pequena persoa fai que esqueza calquera problema que poida ter.

Se queren ver vostedes imaxes da moruncha haberán de queixarse á señora Colombo. Se o fan moitos igual amolecen o seu corazón e levanta a súa prohibición.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe fan xa seis meses do nacemento da moruncha. E semella que pasou tanto tempo...

Podedes encher o resto con tópicos sobre felicidade, medrar moi rápido e todo iso. Millóns de persoas fixérono antes, porén de entre todos eses millóns de historias esta é a nosa.

Xa sabedes que as fotos da moruncha están vetadas pola sra colombo, así que porei unha miña con algo mais dun ano de idade. A foto (mítica entre a miña familia) na que saio xogando coas tarteiras.

Supoño que irán aparecendo mais fotos vellas no blogue porque collín prestadas na casa dos meus pais unha chea de fotos vellas para escanear.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe comezou o meu tempo de neneira a tempo completo coa moruncha e non tiven problemas que merezan tal nome. Se quitamos algunhas cousas que a señora colombo garda da súa man e non daba atopado e que ainda teño que collerlle o xeito de todo a preparar a papa (non me pode levar tanto tempo) o único problema é qu ea nena rosma algo mais cando non pode baixar á rua.

Tivemos que pasar o día enteiro metidos na casa porque a moruncha leva un tempo acatarrada e ainda lle funga o peito. Disque o mércores está previsto que deixe de chover e xa poderemos sair á rua e facer vida social os dous.

É tan boiña qu eme deixou mesmo ler algo de BD e ver un par de capítulos dunha serie que descubrín hoxe.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe, cumplindo co calendario de vacinacións da consellería de sanidade tocou levar á Moruncha á pediatra, que o mércores a pícara vai facer xa 2 meses.

vacinas.jpg

Non tiven que sufrir o momento da inxección ca desculpa do traballo, mais para compensalo, estaba só na casa dandolle de comer cando comezou cun choro inconsolabel que durou quince ou vinte minutos e que semellaban horas.

Nese momento voltou a señora colombo que era a que recibira as intruccións para tomarlle a temperatura (canta tranquilidade da meter un termometro dixital polo cu e que pouca me daría un de vidro :lol: ) e darlle o antipirético.

Consello: dar as pingas soltas e non todas xuntas, botounas por fora e houbo que darlle de novo (calculando a ollo que botara fora mais da metade)

Despois diso pasoulle a dor (que febre non tiña) e agora mesmo está aquí tranquila ó meu lado. Mesmo botou uns sorrisos hai un anaco que me encheron tanto de alegría coma antes sufrira ó ver que choraba sen poder remedialo.

Como curiosidade direi que o momento no que mais calma estivo no medio de tanto choro foi cando lle cantaruxei a foliada do Celta. (será casualidade? :lol: )

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Despois de catro semanas na casa dos abós de Ourense, hoxe á fin a Moruncha e a señora Colombo chegaron á casa.

Esta será a hora da verdade. Agora veremos se de verdade son un superpapá ou non :P

Neste intre marcho para cama, nun par de horas hai que darlle de comer e así cada tres ou catro horas sen parar.

A ledicia é intensa, o cansancio ainda pode medrar mais. E medrará, abofé  :lol:

Xa irei dando conta.

E por certo, hoxe dicíame berto que desfrutara do novo 'gadget' na casa. Se a nena é un gadget non sei que caste trae á súa vez tantos aparellos coma para encher unha casa enteira.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Despois de ver as últimas estatísticas de visitas da Blogaliza cheguei a un par de conclusións:

A primeira é que no blogomillo hai un grande interese polos nenos. Igual non por ter nenos de seu, mais si polas cousas que lles pasan ós nenos do resto  ;-)

E a segunda que as fotos de rapazas guapas seguen atraendo as visitas, non importa a súa idade.

Será por iso que, despois de meses e meses tentando ter tantas visitas coma o marabillosos blogue dos pelachos, foi preciso que tivera unha filla para poder adiantalos. Alfredo e Leco levaban vantaxe, que teñen un neno e unha nena, mais eles non quixeron compartir as imaxes dos seus guapísimos cativos e iso permitiume adiantalos [temporalmente, abofé ;-) ].

Pero isto descubrino onte á noite, polo medio esta fin de semana houbo 500km de autoestrada, unha voda e colicos da moruncha.

Porque o sábado casoume un curmán en Vigo, e como a señora colombo ainda está recuperándose fun eu só a voda desde Ourense a Vigo, ida e volta. O tempo xusto para saudar a xente, facer 500 ou 600 fotos e marchar (o das fotos non é coña, cando empezo coas ráfagas da cámara perdo a conta :lol: ) Nin sequera fun tomar o aperitivo, ainda que sei pola miña nai que foi un banquete de sete estalos. :-)

voda.jpg

O domingo tivemos a novidade de que a moruncha, como agora está mais esperta e con mais fame, nas tomas zuga con tanta ansia que toma moito mais ar do que antes e está tendo algúns cólicos. Non me gusta un carallo que a nena chore, porén a que o leva pior é a señora colombo. :-(

Con todo, tiven tempo para descansar no balcon lendo algo de BD ca moruncha ó meu carón.

Ainda que todavía mellor que iso foi poder collela todalas veces que quixen na fin de semana.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google