Xa está publicado o novo disco de Projecto Mourente: Kara.o.ke na Regueifa de balde coma sempre e tamén, desta volta en CD.
Deixovos, que acaba de baixarse e teño música que escoitar.

Xa está publicado o novo disco de Projecto Mourente: Kara.o.ke na Regueifa de balde coma sempre e tamén, desta volta en CD.
Deixovos, que acaba de baixarse e teño música que escoitar.

Vexo que tivo exito o da adiviña de onte coas fotos do Cinque terre feitas por pansaram, así que hoxe farei dúas cousas.
A primeira, para non esquecerme, recomendar que visitedes casa Mourente, onde xa dan unha proba do seu novo Prosciutto. Pequena sesión de kara.o.ke.
E a segunda, unha nova foto misteriosa. Desta volta vais ser moito mais doada, e xa víchedes que a de onte non tiña dificultades para moita xente. Como é tan, tan doada tedes que dicir cal é exactamente o lugar.
Aquí teredes que premer na imaxe para vela mais grande.
E non está tan lonxe coma Kuala Lumpur
Había tempo que non sabía nada do ultramarinho.
A este machuco cheguei vía un chío de nemtele. Non é mestura de dúas músicas, ainda que Farruco ten o seu ritmo.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/IQw5-JGYlWE" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Mola.
Esta é a foto que Alfredo fixo o outro día no Palexco.
Que sentido ten facer unha foto para presumir de coñecer a alguén se depois apagas a túa cara? admítense suxestións
Conste que alguén dixo que saio ben na foto e o pelota de Auserón chamoume sex symbol (como era aquilo? os paxaros lánzanse ás escopetas, non si?) así que o motivo de agocharme é o de sempre, non que saia mal na foto
.
Voltou! Tiveron que pasar oito meses para que on the rocks o podcast gravado en Carballo coa novísima locutora Pepa Arán, retomara a súa actividade. E o seu engado non é só a voz, as súas entrevistas revisan moito do indie estatal, neste hai unha entrevista con la habitación roja e un saudo de Calamaro.

Gardo boas lembranzas do concerto que argallaron no Silfo, a ver cando o repiten
Emocionante.
Coido que este é o termo que mellor define moitas das sensacións de onte no Palexco.
Comezando ca presentación de Xurxo Souto, co seu estilo de sempre (calquera que o escoitara falar xa sabe coma é) que servíu para meter a xente en situación. Ainda que non era moi preciso. Así como saíu Pablo Díaz a xente conectou e seguiu moi forte ca intensidade de Chámalle Xis. Podedes ver un anaco da súa actuación, cortesía de Martin Pawley.
[kml_flashembed movie="http://www.vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=837324" width="400" height="327"/]
Non vou relacionar o resto dos que actuaron, porque podedes atopalos todos con anacos de video na crónica que fixo Pawley. É un interesante exercicio comparar as gravacións que subíu Pawley coas que enviaran ao concurso e podedes atopar na páxina de A Coruña Son. Así poderedes ver a pegada do traballo feito con Santiago Auseron.
Moitos deles non eran novatos ante o público e notábaselles ben, pero comezaba dicindo que o concerto foi emocionante e non falo en sentido figurado. A boa relación entre os participantes do obradoiro, entre eles mais tamén coa organización e os músicos que lles acompañaban no concerto trasmitíase cara o público.
O tema do que non subíu imaxes Pawley foi o que interpretou Juan Perro que para esta ocasión traduciu ao galego la misteriosa. Eu lembrei nese momento a canción que Pimpinela gravara por encarga (non sei se lembro ben que de Perez Varela) cun retrouso en galego. Os dous conceptos están tan alonxados coma o día e a noite.
Despois do concerto houbo un momento pinchos, (demostrando que A Coruña Son foi en realidade un evento cultureta
) e estiven falando un breve momento con Santiago Auserón. A sensación que saquei foi que realmente disfrutou da semana de traballo na Coruña e daba unha impresión de sinceridade cando falaba do gran presente (e futuro) da música galega.
Confesar para rematar que quedei engaiolado de Santiago Auserón, tiven a mesma sensación que outras veces que atopara persoas que son brillantes no seu campo e ao tempo cheos de carisma. Por se iso non abondara, lembrábase de min do mércores e mesmo chamoume Ghanito! Que mais podía pedir para acabar de seducirme?
Se queredes ver mais do concerto, probablemente a semana que ven estea xa subido na páxina de A Coruña Son o video do concerto e das sesións de tarde do obradoiro.
Parabéns ao Concello polo seu acerto coa iniciativa e agardo que poida consolidarse coa celebración de sucesivas edicións.
Para rematar unha pequena nota negativa persoal: a cámara non quedara sen batería, estaba estropeada
. A miña única foto da noite fíxoa Alfredo e saio xunto a Santiago Auserón, ainda non a teño así que non vou precisar apagar a miña cara porque non vai ser publicada