Non pensaba eu que houbera moita necesidade dun titorial coma este, mais despois de que dúas ou tres persoas diferentes preguntaran como conectei o Mac á TV decidinme. Non a facer un screencast coma pedía Pablo, mais acho que a cousa non pide tanto e abonda con isto.

O meu iMac merqueino no 2010 mais consultando a versión agora sei que é o modelo de finais do 2009, concretamente iMac11,1. Nesta páxina de apple tedes a lista de versións do iMac e o xeito de atopar cal é a do voso equipo.

Todo isto de atopar o detalle ten o seu interese porque dependendo da antigüidade do equipo o mini displayport leva só imaxe ou tamén imaxe e son.

O meu é dos que levan todo xunto, se o teu é mais antigo hai adaptadores que xuntan a saida do mini displayport coa do son. Bota unha ollada aquí.

Unha vez claro isto pasei a mercar os aparellos:
un adaptador mini displayport macho a HDMI femia
Un HDMI macho-macho

Mercados no voso fabricante chinés de confianza, unha vez os tedes na casa, ben porque chegou o mensaxeiro da tenda online ou ben porque apoiastes o comercio local baixando a unha tenda, é o momento de ver para o aparello.

Enchufamos o adaptador no mac. Partindo da base que non tedes puta idea poño unha foto na que está todo marcado. Saqueina de google, nin gaña tiña de coller a cámara, xa vedes.

Despois unimos o adaptador co HDMI, e se tedes unha tv coma a miña atoparedes que detrás hai algo tal que isto

Sexa esta, sexa outra, as teles adoitan traer HDMI a esgalla así que non debiades ter moito problema en atopar un libre e se non, desenchufade outro aparello e listo. Se non ten HDMI trabucácheste de titorial, amigo.

Unha vez tedes todo conectado. Ide ás preferencias do sistema. Están no menú da mazá, se non buscade esta icona no dock ou entre as aplicacións.

 

 

 

 

 

Este é o panel aberto.

 

 

Seleccionades o son, que por se non sabedes ler, é esta icona:

 

Este sería o seguinte menú.

 

 

 

Se tedes a TV acendida o Mac debería recoñecela, entón cambiaredes a saida para os efectos de son. 

 

E no menu de saida escolledes o HDMI.

No meu caso despois de todo isto non escoitaba o son. Escoitei que houbo un bug nunha versión de OS X que daba problemas cos adaptadores, e no proceso de lembrar a familia de todo canto colaborou en levar os cables que mercara á miña casa lembrei algo…

Reiniciei o equipo e listo, todo funcionando. Agora lamento non mercar unha tv mais grande no seu día.

Remato deixándovos co santo patrón de todas estas leas.

Que desfrutedes.

Agradecer a Dani por facerme lembrar que non ten sentido mercar aparellos e artellar unha rede na casa cando cun par de cables podes obter o mesmo (ou mellor) resultado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Escribo isto dun xeito rápido para confirma que finalmente pasei pola XGN aka (no meu caso) Senectude Galiza Net.

De camiño a Vigo e só unha hora, porén pasei.

E si, volvín entrar dentro da zona restrinxida aos participantes dun xeito case igual ao do ano pasado.

Estiven con María Yañez, fer, xornalistinha, Goretoxo, Andrés Milleiro, Sapviladiyo, anllo (sen recoñecelo) e Modesto.

Non poño fotos nen ligazóns, as ligazóns engadireinas, e as fotos quedan para outro día.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Isto é publicidade. Desculpade por ser tan burdo, mais como o fago de balde igual teño desculpa.

Turuto vende o seu portatil. Un macbook 15″ Intel Core Duo 1.83, RAM ampliada a 2Gb, cor branca, HD 80Gb e unidade superdrive.

El di que está moi ben coidado e eu sei que coida moito as súas cousas.

Se vos interesa véndeo por 1.000 ouros que disque é un chisco menos do que o valoran en mac2sell

o portatil está en Vigo.

Se vos interesa, ide á súa casa.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Disque a uns desenvolvedores web cataláns ocorreuselles a idea de impedir o acceso con internet explorer ás súas páxinas o día 4 de marzo, o día 403. A mensaxe de erro do servedor é a 403, de aí a escolla da data. ascarida introducíu a idea no blogomillo e opaco colaborou a espallala.

Ainda que cada día é menos frecuente atopar páxinas nas que non se pode entrar se non se emprega ie ainda é o navegador mais empregado na rede. Ainda que haberá xente que o prefira con coñecemento das alternativas a grande maioría emprega o ie por descoñecemento, ou coma é no meu caso no traballo, por imposibilidade de instalar outro nun entorno empresarial que restrinxe a instalación de software ó departamento informático.

Ollade as estatísticas das últimas 500 visitas a este blogue:

navegadores.jpg

O 60% emprega ie, pero decatádevos de que o 29,6% non actualizou á última versión e segue ca 6.0 que é famosa polas súas eivas de seguridade. Comparade iso co 31,4% de usuarios que emprega Firefox 2.0 fronte o só 1,2% que quedou na versión 1.5. Os usuarios de firefox saben que actualizar a versión pode ter vantaxes, están acostumados a instalar extensións que engaden funcionalidades ó navegador desenvolvidos por calquera, non necesariamente por unha compañía.

E non pensedes que todos estes usuarios de firefox empregan Linux ou algún sistema operativo exótico.

so.jpg

O 83,6% dos meus distinguidos visitantes emprega windows en algunha das súas variantes.

Alternativa ó explorer ademais das que podedes ver nas estatísticas recoméndovos tamén o flock, derivado do mozilla igual co firefox e que está pensado para a xente que fai parte en redes sociais. Eu useino hai atrás porque inclue unha aplicación para engadir fotos ao flickr e pareceume ben xeitoso.

Querido 60% dos meus amigos, NON me veredes no 4 de marzo se persistides neses malos costumes que tedes. E ós que ademais empregades o ie 6.0 cando menos cambiade ao 7.0 porque ides ter un disgusto calquera día.

O engadido do Wordpress que vos impedirá acceder ó meu blogue foi desenvolvido por Choan e instalado polo goretoxo na Blogaliza.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A puta merda de combinación de SO e navegador de Microsoft non combina ben co WordPress.

Fixen un pequeno texto queixandome de que me borrara por erro un texto anterior mentras o escribía, e cando o vou publicar sae o texto valeiro.

Menuda merda que é.

Antes pensara que era pouco cómodo e era o que dicía, agora téñoo mais claro ainda.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Disque o que o outro día semellaba unha gripe tecnolóxica é grave.

Confirmase que o pc vai precisar un trasplante de placa. asus.jpg

Andan os doutores a ver se poden facer valer a garantía e poño unha igual ou non, e habería que facer unha actualización (co conseguinte acompañamento de novas memorias, micro e se cadra fonte de alimentación)

Xa vos contarei.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp