Non sei que lle pasou hoxe o pc. Cando fun acendelo a pantalla dicía que o sinal non chegaba.

Non sei se se escarallaría a tarxeta gráfica.

O outro día cambieille o ventilador por un disipador de calor que vai todo ó redor e quiteille a chapa do lateral á caixa.

Pior todavía podería ser que morrera a placa. Quiteille o ventilador e mentinlle outro disipador. (Nótase que a señora Colombo queixábase do ruido, non si? :lol: )
En realidade non teño a menor idea do que pasou. Sería algunha actualización do Ubuntu que non irá ben?

Mentras estou co portatil enganchado ó monitor de 19″, o tecládo inarámico e ó disco duro externo e estou tan cómodo coma sempre  :D   Teño que instalar aquí Ubuntu dunha vez e esquecerme do Windows XP nestas ocasións! :lol:

Chuzame! A Facebook A Twitter

[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/gJ7rCQXdgmk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Benvidos ó marabilloso mundo das industrias Reynholm.

Ainda non sabes de que estou a falar? Non tes idea de que vai esa páxina corporativa?
Pois dame que en calquera momento vaise estar de moda. Ollade.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hai tempo, case desde a primeira vez que tiven unha memoria USB din en chamalas ‘pincho’.
pendrive.jpg
A señora colombo, que ten menos contacto ca min cos ordenadores e a tecnoloxía en xeral, fiouse de min e pensou que era o nome popular para o trebello. E o outro día no seu traballo deberon pensar que non tiña moita idea ou ó contrario que era algo friki ó chamarlle pincho por teléfono e nun correo electrónico.

Por certo, que buscando a foto de arriba atopei outras.

Esta xa a coñecía

oso-usb.jpg

Esta, tamén moi discreta, non

usb_thumb_drive.JPG

Pero tiven a sorte de atopar o pincho ca mellor funda imaxinable. Se queres amosar o teu estilo vai rápido e merca un.
pen_drive.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ainda que sobrepaso a idade límite para inscribirme na XGN, animado pola presenza no recinto de cidadáns de idade avanzada animeime a quedar con Modesto hoxe á mañá e ver a romaría. Cando eu chegaba marchaba Quín (seica cando el chegou baixaron o volume da musica por aquilo do benestar dos participantes)

Queda claro ademais que non me custa moito ir a Compostela así que alí aparecín ás once da mañá para escoitar a conferencia de Berto e de Daniel Bañobre a resposta foi masiva, a pesar de non estar incluida no programa oficial. Dos 1500 rapaces inscritos estaban alí 10. En realidade 10 eramos incluindo a Berto e Daniel, un de vieiros que facía fotos, outro mais de Compostela wireless e claro, Modesto e mais eu que somos da Senectude Galicia Net. Pero iso si, sacámoslle moito partido á charla.

Con isto queda claro ó que vai facer a xente ás parties: baixar cousas co p2p a velocidades de vértixe (os mais), xogar on line (menos) e pasar un par de noites fora da casa cos amigos (todos) pero non a escoitar conferencias.

A conferencia de berto mais ou menos xa a coñecía no seu contido, falou da evolución do escritorio aillado á rede mundial, á rede 2.0 e ainda alén a web 2.0. Amosou este gráfico que podedes ver para entender de que carallo falo. Os que nunca oírades falar da web 2.0 probablemente non entendades tampouco de que vai o gráfico, pero tanto ten, só tendes que saber que son comeduras de coco da rede.

Daniel Bañobre falou sobre redes locais, ainda que ó comezo da súa conferencia non atendín moito ó que dicía, que estiven escoitando o Extrarradio ó mesmo tempo, porque mourullo chivoume polo gtalk que estaban a falar do meme das cancións que esta semana percorreu o blogomillo á velocidade do son. Puxeron dúas das cancións que eu escollera e citaron outra pero a ningún dos que nos colleron cancións da escolma nos citaron o nome do blogue. Por iso estiven cunha orella posta na radio, un ollo no fedello e o resto na conferencia. Porque claro, estaba conectado á rede durante a conferencia co meu portatil.

(A foto está sacada nun pasillo, alí había hoxe un feixe de redes wifi abertas, con cobertura total e largo de banda de 5 ou mais Mb.)

Voltando a Daniel Barallobre, cando rematou a súa conferencia, Sak e mais eu estivemos dándolle voltas ó proxecto de Compostela Wireless facéndolle preguntas. Concordando que é unha boa idea montar esa rede wifi local comparto o pesimismo de Sak. Ogallá esteamos equivocados.

Despois da charla Modesto marchou, que tiña compromisos familiares, e Sak levounos pola zona onde estaban os participantes (previa adquisición de acreditación para o min, que non a tiña). Dimos un paseo, saudamos a Andres Milleiro (aka Ballan) e a Manuls e vimos algún modding.

Cando rematamos o pequeno paseo, berto marchou e Sak e mais eu fomos xantar ó tránsitos dos gramáticos.

http://farm1.static.flickr.com/209/441127613_c25e58ec64_m.jpg

Xa vedes que ó flan de queixo nin tempo tiven de sacarlle unha foto.

Despois voltamos á XGN e mentras agardabamos a que abriran a porta a xente de Vieiros, que deixara alí o meu portatil, probamos un simulador de golf (que non me gustou, ainda que fixen par) e xogamos ó Scalextric que está infinítamente mellor que cando eu xogaba de neno, agora controlas o coche independentemente da vía na que estea correndo.

E isto foi todo este ano. ¿Para cando unha auténtica Senectude Galiza Net na que poidamos estar os maduritos de pleno dereito?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Wii

Despois de contar o que me botaron os Reis, podo contarvos o que fixen o día de Reis.

Fun á casa de turuto, que estivo contandome algún proxecto que ten (e do que xa falarei no seu día) e despois fomos xogar co agasallo de Reis de Voloi. Unha Wii.

Parece ser que foi sorpresa porque esgotouse en todo Vigo e non se agardan novas unidades até febreiro, porén a súa moza estivo moi espelida e localizou unha que quedara no Alcampo na Avenida de Madrid e mercoulla ó neno.

Xogamos ó Wii Sports e ó Call of duty 3, ainda que este pouco, que había que afacerse ó mando e daba un pouco de traballo. Non coma no wii sports, no que o manexo do mando e moi intuitivo e desfrútase desde o primeiro momento.

Ollade unha xente xogando ó tenis.

Estes son turuto e Iago boxeando.

boxing.jpg

Este xogo do boxeo mesmo cansa. ¿Será esta nova xeración de xogos un parche para o problema da obesidade infantil?

Xogando manqueime no ombreiro facendo un movemento brusco no tenis e o cóbado por un ‘raquetazo’ que me meteu Turuto.

Remato con este video publicitario de Nintendo. Ainda que non faledes inglés non teredes moito problema en vos decatar de quen representa á wii e quen á PS3.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe chegoume un envío postal desde os E.U.A.

envelope.jpg

Xa poderedes imaxinar que en realidade non eran parabéns de nadal, ainda que o pareza pola data.

Chegoume igual que a outros fedelleiros que o pediron o mesmo día, era o Solaris 10 que envían (ou enviaban) de balde os de Sun ós que o pediran.

solaris.jpg

Seica alguén de Sun ten contacto ca cultura de Catalunya…

Non sei se o instalarei polo de agora para ver que tal vai, porque esta fin de semana teño outra cea de empresa (só van dúas) e ademais veñen traer un moble novo e estou valeirando o vello. Teño o cuarto desde o que escribo (mais ou menos) así

papeis.jpg

Pero acabarei instalando para ver que tal… Non para empregalo decote, abofé, só por curiosidade ainda que non me vaia valer de nada. Como foi de balde…

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp