Despois de ver as últimas estatísticas de visitas da Blogaliza cheguei a un par de conclusións:

A primeira é que no blogomillo hai un grande interese polos nenos. Igual non por ter nenos de seu, mais si polas cousas que lles pasan ós nenos do resto  ;-)

E a segunda que as fotos de rapazas guapas seguen atraendo as visitas, non importa a súa idade.

Será por iso que, despois de meses e meses tentando ter tantas visitas coma o marabillosos blogue dos pelachos, foi preciso que tivera unha filla para poder adiantalos. Alfredo e Leco levaban vantaxe, que teñen un neno e unha nena, mais eles non quixeron compartir as imaxes dos seus guapísimos cativos e iso permitiume adiantalos [temporalmente, abofé ;-) ].

Pero isto descubrino onte á noite, polo medio esta fin de semana houbo 500km de autoestrada, unha voda e colicos da moruncha.

Porque o sábado casoume un curmán en Vigo, e como a señora colombo ainda está recuperándose fun eu só a voda desde Ourense a Vigo, ida e volta. O tempo xusto para saudar a xente, facer 500 ou 600 fotos e marchar (o das fotos non é coña, cando empezo coas ráfagas da cámara perdo a conta :lol: ) Nin sequera fun tomar o aperitivo, ainda que sei pola miña nai que foi un banquete de sete estalos. :-)

voda.jpg

O domingo tivemos a novidade de que a moruncha, como agora está mais esperta e con mais fame, nas tomas zuga con tanta ansia que toma moito mais ar do que antes e está tendo algúns cólicos. Non me gusta un carallo que a nena chore, porén a que o leva pior é a señora colombo. :-(

Con todo, tiven tempo para descansar no balcon lendo algo de BD ca moruncha ó meu carón.

Ainda que todavía mellor que iso foi poder collela todalas veces que quixen na fin de semana.

Chuzame! chuzame -

A señora colombo estivo hoxe maquinando co meu irmán e remexendo no meu pasado.

Todo empezou ca señora Colombo dicindo que todo o mundo a apoiara na historia das chaves no oco do ascensor, e despois lembraron un vello episodio que ten a súa coña, é certo.

Hai anos, en Ourense, aparquei o coche (daquela tiña un Peugeot 205) no Parque de San Lázaro e cando o fun coller, dous días despois non estaba.

Pensei que o levara a policía, que xa non sería a primeira vez que me pasar, pero non, cando cheguei á policia sabían onde estaba o coche, pero non o tiñan eles.

Vírano na rua cun vidro roto, porén o non estar denunciado o roubo deixárano estar alí. Tentaron contactar comigo pero no telefono que aparecía na documentación non había ninguén.

Cando saín do coche recollín as maletas que tiña no asento traseiro e pechei os seguros a man desde atrás. Non me decatei de que deixara o coche pechado pero ca chave no contacto.

Alguén decatouse e botoulle o ollo ó radio-CD, eu non o volvín ver.

Por iso a señora Colombo di que, en temas de chaves, ainda non lle podo dicir nada.

p205.jpg

Chuzame! chuzame -

Cea na casa dos avós da señora colombo ca súa familia e pouco mais.

Desta volta non saímos, había anos que non quedaba na casa nesta data e pouco me importou.

Alomenos non quedamos durmidos antes das uvas coma lle pasou a alguén (que non vou nomear) algún ano.

E sigo sen conexión á rede en Ourense. Iso xa me amola mais.

Que teñan todos un bo ano os próximos 364 días.

Beizóns.

Chuzame! chuzame -

Estes días de festas familiares coinciden con vacacións que collín para rematar 'como Dios manda' o ano.

Por iso estarei lonxe do meu cuarto e da nova estantería. Tamén do meu PC e da conexión á rede.

O wi-fi que dun xeito tan xeneroso permitía o meu acceso en Ourense desapareceu, agora só hai xente que protexe a súa conexión frente a usuarios abusóns coma min (ainda que eu non abusara tanto da conexión)

Por este motivo esta semana haberá apocalipse do porco, pero menos, non sei canto menos.

Sexan felices, eu tentareino.

happiness.jpg

Chuzame! chuzame -

Onte, no Extrarradio, tamén entrevistaron a Miguel Robledo, debuxante ourensán de banda debuxada. Hai tempo puxera unha foto deste home que saquei en Viñetas xunto con Kiko Da Silva e Turuto.

Miguel é o creador da serie Vilaverzas, que nacera na revista golfiño e recentemente reditouse en parte por Kalandraka. O libro que está a asinar na foto é un exemplar desta edición (que foi o que lin eu).

Tendes aquí unha gravación da presentación que se fixo na Libraría Torga en Ourense do libro coincidindo cas xornadas de banda debuxada de Ourense. Na conversa intervén mais xente (só recoñezo entre as outras voces a de David Rubín) e fan unha pequena analise da situacion da banda debuxada en Galicia e mais cousas. Moi recomendada.

Non coñecín a serie no seu día porque non era lector da revista golfiño (ni da Voz daquela) polo que o meu coñecemento da serie é só do que inclue o libro. As historias de Gor, Tobuso e o resto da paisanaxe de Vilaverzas ainda que estean creadas para os nenos, son unha historia moi agradable tamén para os adultos.

Chuzame! chuzame -

Esta mañá emitiuse o programa Extrarradio da RG desde a rua en Ourense, para celebrar o San Martiño e polo peche do OFF. E xa aproveitando que estaba aquí achegueime para velo.

Comezou un chisco tarde porque houbo algún problema e non chegaba o sinal a San Marcos. Despois duns pequenos momentos de nervios solucionouse todo. Aquí estábano amañando.

problemas.png

Non lle fixen fotos ós castañeiros, pero era certo que había castañas de balde, mesmo probeinas. Ó meu lado un ghicho protestou porque algunhas estaban queimadas. Hai xente que non sabe estar calada, menos mal que eran de balde.

Na primeira hora falaron do San Martiño, de magostos e de trompos ou peóns. Na segunda hora incorporouse Martin Pawley e falaron de cine, entrevistando a Marcos Nine, a Xosé Zapata e a Ruth Chao
mesa2.png

No programa tocaron os cuchufellos, e despois un par de membros de Lamatumbá fixeron unha mostra do seu traballo. Moi ben os dous (os dous grupos, os cuchufellos tamén)

lamadousba.png

Á unha fun con Martin á lectura do palmares do OFF, non vou facer comentarios (el sí que os fixo). Unha curiosidade que descoñecía, o OFF é despois de San Sebastián o festival que mais xente ten traballando os doce meses do ano en España. Mesmo teñen un local debaixo de onde se emitiu o programa moi ben posto.

mesa.png

Despois marchamos tomar un cafe no Latino e ás duas eles marcharon para a súa casa e eu fun xantar.

Para que mourullo non pregunte, falei un minuto con BR. O dialogo foi:

Ela diríxese cara a min, que estaba a falar con Pawley. Evidentemente debía trabucarme con Marcos Nine ou con Xosé Zapata.

Sinaloume ca man e dixo: ¿Ti es..?

Eu: Non me coñeces de nada.

Pawley: Este é un do fedello.
BR: Ui, eses teñen moito perigo.

Ou algo semellante para toda-las frases. (Supoño que me viña chamando troll ou algo así)

Non trasmitín a petición de mourullo en persoa, así que fareina aquí:

¿que hai do prometido blogue do ER?

Chuzame! chuzame -