Falou o Tribunal Constitucional sobre a lei de violencia de xénero. Non vou entrar en tecnicismos porque excede dos meus coñecementos e pretensións discutir xurídicamente aquí co TC, porén direi que non concordo coa súa decisión.

Os textos polémicos refírense a que se un home pégalle (ou ameaza, ou maltrata sicolóxicamente, etc.) á súa parella ou ex parella e esta é unha muller merece mais castigo que se a vítima é un home.

Non é que estea a favor da violencia machista, nada mais lonxe da miña intención. A miña discrepancia vai mais pola liña das ferramentas para evitala e das consecuencias de empregar ferramentas pouco axeitadas.

Cando a sociedade ten un problema os políticos son os elexidos por todos os demais para resolvelo. O xeito mais aparente, rápido e barato de facer algo é lexislar. Un dos candidatos mais habituais para recibir esas 'atencións' é o Dereito Penal. O perigoso é que o Dereito Penal é unha das partes da lexislación mais cercanas á Constitución, porque limita os Dereitos Fundamentais. E ademais, a solución desde o meu punto de vista non está nas Leis, está no que despois se faga con elas. Por iso paréceme un erro a nova redacción que se fixo do Código Penal.

Non podo aceptar coma argumento que o 90% da violencia familiar a cometan homes contra mulleres. Non vamos xulgar cada caso por separado? Non vamos estudar cada realidade independentemente da persoa que cometera o acto típico, antixurídico, culpábel e puníbel?

Non estaremos colocándonos ao mesmo nível do que o home que puxo un cartaz proibindo a entrada a rumanos na súa tenda? descoñezo o seu caso, e ademais estatísticamente os inmigrantes non cometen a maior parte delitos, pero non estaríamos xustificando a súa actitude se aceptamos o argumento estatístico?

Eu non o acepto.

Paréceme ben regular esta realidade para darlle armas a xuices e corpos de seguridade na defensa das mulleres, porén o texto debería castigar igualmente a violencia dentro dunha parella de homosexuais, de lesbianas ou o hipotético caso de que unha muller fora a que exercera a violencia sobre o seu home. Se iso non vai suceder nunca, que mal hai en que estea previsto? Seica non sería un feito igualmente rexeitable? O meu problema non é o que castiga a lei, senon que sexa demasiado curta e non castigue outros feitos porque non os considere frecuentes ou mesmo posibeis.

E non vexo en que podería perxudicar facer unha lei xeral e que fora mais obxectiva. Porque subxectivo ven de suxeito e canto menos subxectivas sexan as leis penais muito mellor.

Fíxome dubidar sobre escribir isto quen está a favor e quen está en contra, porén até o momento no que lea a resolución (que non dou atopado na rede) alguén tería que convencerme do contrario con argumentos que non foran 'ad hominem'

Para rematar, hai xa un tempo que as polémicas polícas que arrodean ás altas instancias xudiciais fanme lembrar a Alan Moore e Dave Gibbons.

who watches the watchmen

Chuzame! chuzame -

Hoxe no coche escoitaba a COPE (Si, escoitaba a COPE, non é un erro) cando sorprendeume unha cuña que dicía:

¿harto de la cultura progre?

Era unha cuña de Criteria Club de Lectores. Estiven mirando e atopei alfaias coma o libro Cartas a un joven español ou La ciudad que fue. Barcelona años 70 entre outras moitas de autores menos coñecidos.

A pregunta é a seguinte: coñecedes moita xente que empregue as expresións: progre e sociata con frecuencia?

A min parecenme unha expresións algo resesas, porén coñezo xente que as emprega case que decote.

Deixovos ligazón ao excelente catálogo de Criteria Club de Lectores onde atoparedes obras coma 'Juicio a Darwin', 'El Presidente, el Papa y la Primera Ministra' ou 'Huid del escepticismo'

Non semella esta imaxe unha desas que empregan os Testigos de Xehová?

jarl.jpg

Que por certo convocáronme o outro día na caixa de correo física unha xuntanza a semana que ven non sei onde para falar de non sei que de Xesus (non anotei o lugar, data nen hora cando vin que me collía lonxe da Coruña)

Chuzame! chuzame -

É evidente que os mais beneficiados coa concentración territorial do poder político (e por extensión o económico) son os cidadáns da Capital.

Este feito paréceme algo evidente, ainda que non o saco de dados obxectivos senon dun xeito intuitivo, non hai mais que ver o exemplo español, onde Madrid concentrou históricamente multitude de inversións, o que contribuiu o seu crecemento económico e favorece a implantación progresiva de mais e mais empresas cun efecto acumulativo (e autoxustificativo) polas economías de escala. Agora como a súa economía é mais grande poden chorar dicindo que contribúen mais ó mantemento do Estado. Non é relevante que a maior parte dos organismos estatais estean en Madrid, nin que as infraestructuras estean organizadas de xeito radial (e non en rede, o que favorecería á economía periférica).

Por iso é lóxico que en Madrid o PP conseguira uns resultados históricos despois de entrar nunca dialéctica de acusación continua e serrompespañismo. Caso de romperse España, eles serían os primeiros perxudicados.

Conste que o serrompespañismo ten o perigo de que pode pasar como a Pedro co lobo, pero no caso dos políticos cando un non confía no que din, deixa de crer calquera cousa que digan.

Pode que o erro fora estar catro anos con Acebes e Zaplana amolando co 11M-14M. Pode que Pizarro non fora tan boa idea coma semellaba nun primeiro momento (a Rajoy, que a min nunca me pareceu unha boa idea para atraer votos). E o de pelexarse coma cans pola súa cadeira con el sentado non foi o mellor favor que lle podían facer o par de abutres madrileños.

mitin.jpg

E xa metidos en campaña, pedir que haxa tensión para que a xente se anime e vaia votar semella un pecado menor que promover a abstención. Disque a pinta que da é menos democrática.

O PP que tanto falan de defender aos españois deberían deixar de pensar que España é só Madrid. Coma cando Esperanza Aguirre dixo que levaban Endesa para fora de España (e ainda estaba marchando para Cataluña, que non apareceran os alemáns para levalo fora de verdade). Despois non sei como se estrañan que desde ós extremos do estado aparezan movementos que se opoñan ao centralismo.

De seguir nesta liña, agrupando todo o voto desde a dereita até o centro e dinamitando as pontes cos nacionalistas (e hainos de dereitas tamén) non é estraño que precisen de maiorías absolutas para gobernar. Esa é unha vantaxe competitiva que o PP non debería darlle ao PSOE, entre outras cousas, porque estar sempre só da unha imaxe de extremismo que non penso eu que atraia ós votantes moderados.

Porén hai que recoñecelo: en Madrid arrasaron

Chuzame! chuzame -

Entereime no medio dunha conversa profesional, un cliente comentoume que ETA matara a un ex concelleiro socialista diante da súa muller e a súa filla. Quedei frio.

Xa no coche, coma en tantas outras ocasións tristes a radio foi dando mais detalles.

No portal da súa casa, feridas na cabeza e no peito, sen escolta desde había non moito tempo.

Puiden escoitar bastante mais tarde a un amigo de Isaias cheo de dor e carraxe e entón escoitando falar da persoa que morrera, non do concelleiro asasinado, sentín un calafrío. Vinme a min mesmo nas mismas, ca miña muller e a moruncha, saindo da miña casa e morrendo alí mesmo.

No plano político non hai moito que analisar, porque un asasinato non debe ser analisado dese xeito, porén é evidente que estes feitos teñen as súas consecuencias (e xa pudimos comprobalo hai catro anos) e despois de escoitar a varias persoas chamando á participación cívica (que penso que é o que tocaba facer, ademais) dame que a participación vai subir mais do que se agardaba. E todo o mundo dicía que unha alta participación beneficiaba ao PSOE.

Síntoo moito pola súa familia, os seus amigos e todos aqueles que sintan medo despois de escoitar o que lle pasou.

Ten algún sentido esta violencia? Pensan eles mesmo que así acadarán algo?

sangue.jpg

Chuzame! chuzame -

Entre as varias cancións de apoio a partidos políticos nesta campaña electoral apareceu unha cun titulo moi afortunado: Revolución Popular

Colo aquí un vídeo do traslado dos restos de Castelao a Bonaval, o que berra a xente, por se non se entendera é Galiza ceibe, poder popular. Moito cambiou o poder popular nestes 24 anos :lol:

E se algún non coñece a historia da persoa que fala no video é Tareixa Navaza, unha das xornalistas da TVE-G, que acabou dando o tempo. Algún imaxina por que puido ser? (piove, porco governo)

Chuzame! chuzame -

Tiña pensado falar o outro día das eleccións nos EUA e en España e reflexionar sobre as distintas campañas electorais.

Como semella que as primarias demócratas son unha desas finais anticipadas que ás veces enfrontan ós dous rivais mais fortes antes de chegar á final (o tempo dirá se acerto con isto ou Mr Potato gañará o asalto final)

Daquela mencionaba o video da rapaza co que por vez primeira oín falar de Obama hai xa mais de medio ano.

Para min, se gaña Obama será, igual que Kennedy foi o primeiro que tirou partido da televisión, o primeiro presidente dos EUA que aproveite a rede 2.0.

Hoxe estiven vendo as contas de twitters de Barack Obama e Hillary Clinton. É claro que as dúas contas son actualizadas polas equipas de campaña, porén a de Obama disimula mais.

osdous.jpg

E iso sen pararnos moi polo miudo, cal das dúas semella unha conta dw twitter 'de verdade'?

detalles.jpg

Como diría enjuto mojamuto, o tema do following éo todo no twitter.

Desta beira do Atlántico ainda non están moito para cousas distas. Se os debates non son debates e non hai moito programa neles (mais ben nada) xa non lles podemos pedir cousas do século XXI.

Os americanos, con todo o malo que teñen, consideran os cargos públicos coma as maxistraturas romanas. Son un servizo público que da lustre ó curriculo e o acceso á politica é moito mais aberto do que aquí.

Alí hai que ter un lote de cartos, pero non tes que formar parte do aparato do partido. E ademais pode postularte coma candidato por calquera dos partidos maioritarios e se és quen de montar unha boa campaña (para o que necesitarás cartos,  e moitos) podes chegar á xefatura do Estado.

Aquí tes que pasar moitos anos na guerra suxa interna dos partidos para ir subindo e cando chegas arriba nunca saberemos a quen lle debes os favores ti ou o teu partido.

Ao final, con todo eles van ser mais transparentes. Por iso alí a rede pode funcionar na política e aquí non.

Nos EUA, algo tan contestado polos electores e con tan pouca contraprestación coma é o do canon nunca sairía adiante. Aquí como somos parvos, si. Deixamos que mexen por nós e non dicimos que chove, dámoslle cervexa para que non paren.

Xa empezou a chegar correo electoral á miña casa. Desta volta votarei na Coruña. E porque pasou o prazo, senon votaría o mesmo ca Escolar.

Chuzame! chuzame -