Estou fora do blogomillo, non leo moitas sementes, nin vieiros e pouco de Chuza!

Escoito algo a radio e vexo algo menos os telexornais.

Tan pouco contacto cos medios abonda para enterarme das parvas, inutiles, contraproducentes e malintencionadas polémicas nas que os partidos políticos e os medios de comunicación fan aparecer cada día.

A penultima foi a do pasapalabra e agora o video do El-ReiJoy co seu mensaxe do día da patria ejpañola.

A pouco que o pensemos é evidente que todos están a chamarnos parvos facendo que perdamos o tempo no que eles queren e tomando partido en loitas que non existen en realidade: Ti és de Kas laranxa ou de Kas limón?

A trascendencia do que aquí temos que escoller é semellante.

E con todo, ainda me amolan moitas das cousas que din. Unha das miñas favoritas xa a lembrei hai non moito, cando un tema din que é importante hai que sacalo 'de la contienda política' outro deses topicazos que en realidade quere dicir: Este tema é de mais para que vós poidades pensar pola vosa conta ou mesmo ter unha opinion, xa nós decidimos que hai que facer sempre así.

Pois non.

Para ilustrar esta estupidez, a última vez que oín de sacar algo da contenda política non falaban de terrorismo (a imbecilidade habitual), falaban da educación.

Quen ten tan pouca intelixencia para ocorrerselle que a educación pode abstraerse da ideoloxía en maior ou menor medida?

Para rematar falarei da Igrexa uns amigos meus de longo (estudar con curas e monxas deixa marca)

Falando da polémica do pano na cabeza dunha rapaza nun instituto a Igrexa di que é aceptabel porque é parte fundamental dunha relixión. Escoiteino na radio e non sei quen foi o que o dixo nin atopei a cita na rede (se alguén a atopa agradecería a ligazón) pero a idea viña sendo esa.

Erro. Deberían aceptar o pano na cabeza (non o burka) porque hai moitos indicios de que o fai dun xeito totalmente voluntario e ademais non atenta contra a súa dignidade (como si penso que o fai o burka)

Se aceptáramos o planteamento de lexitimación pola vía relixiosa abriríase unha porta á relatividade absoluta e a declaracios dos Dereitos Humanos podería ir ó lixo dereitiña. A ablación do clitoris non tiña unha xustificación relixiosa?

Nada xa botei fora a carraxe por uns días. Podedes facer o mesmo nos comentarios se queredes.

Chuzame! chuzame -

Onte, nunha voda tiven por enésima vez unha sensación que a todo o mundo lle chega de cando en vez. ¿Nunca quixéchedes berrar: "Eu xa os coñecía cando ningún de vós os coñecía (malditos advenidizos)!"?

É algo que ocorre con moita frecuencia na música, mais tamén en calquera outro campo da cultura ou da sociedade:

-Despois do Master of Puppets non fixeron mais que caer no marketing.

-Eu xa era fan cando a estrea de Reservoir Dogs.

-Eu merquei a primeira edición de Dark knight returns. (e aconselleille persoalmente que non fixera DK2)

Frases semellantes a estas escoitanse de cando en vez, ainda que os mais de nós non somos tan ousados e todo queda nun intimo sentemento de ultraxe sufrido (ou desfrutado) en silencio.

Eu hai xa anos que racionalizo o sentemento e recoñezo a miña propia imbecilidade. Ademais non é certo que sexan todos uns vendidos porque coñeza o seu traballo o teu veciño o que escoita radio fórmula día e noite. Ou ó mellor si, pero iso non lle quita (necesariamente) calidade á súa obra.

Para rematar terei que facer aquí confesión pública de antigas devocións que fixeron que en algún momento sentirame coma 'un dos fans de sempre' (ainda que non fora certo)

En primeiro lugar ó grupo de onte na voda foron os Blues Brothers. Non sei a data certa na que vin a película dos Blues Brothers ca súa marabillosa dobraxe galega, porén levo as patillas longas desde os dezaseis anos e deixeinas longas coma as levaban John Belushi e Dan Aykroyd. Teño fotos dunha viaxe a Inglaterra con esa idade xa cas patillas e cunha camiseta ca lenda "We're on a mission from God". Facerse fan dun fenómeno xurdido de hollywood non é o camiño mais directo á exclusividade, mais na idade preinternet podíase vivir nesa fantasía. E ademais daquela non eran tan populares en España coma chegaron ser. Ver as múltiples recreacións que multiples parellas de dous ghichos famosos calquera fixeron na televisión con mais ou menos gracía acabaron de soterralos na miña memoria, saindo só en situacións coma a de onte. Por certo, tiven especial coidado en non ver Blues Brothers 2000.
bb.jpg
Despois dos Blues Brothers fun tamén fan de Eric Clapton e así coma dos Blues Brothers atopara moi poucos LP gravados antes da morte de Jake Blues de Eric Clapton fun mercando ós poucos unha chea de discos. Hoxe non é nada raro saber quen é Eric Clapton, pero despois dos anos 80 era unha persoaxe bastante menos coñecida até que saíu do alcohol e as drogas e o recuperaron para os grandes concertos multitudinarios. Porén, tampouco era moi doado ter moita exclusividade na afección por alguén ó que chamaban deus case vinte anos antes. A este ainda lle merquei o Unplugged que recoñezo que me parece unha boa obra e algún posterior até que cansei de ver como facía sempre o mesmo para seguir gañando cartos. Paréceme ben, pero a min xa non me presta.

ec.jpg
E xa non vou seguir facendo confesións, se queredes facelas vós podedes, e así lercheamos o resto. Pola habitualidade de este sentimento entre os parroquianos do 'indie' agradeceranse dobremente ese tipo de confesións. Asúmídeo con naturalidade.

Chuzame! chuzame -

Ós bispos, no tema da educación para a cidadanía pásalle igual que a todos os políticos. Porque os bispos non deixan de ser políticos, os gobernantes da Igrexa.

Mentras as asociacións de docentes católicos non se opoñen á nova asignatura e participaron en reunións previas sobre a mesma co ministerio de educación, os bispos opóñense frontalmente á nova asignatura e chaman á obxección de conciencia.

Abro un pequeno paréntese para dicir que están chamando á desobediencia civil, ou á insumisión. A obxección de conciencia existe para certas normas e está regulada, alén diso é moi lexitimo enfrontarse á lei, mais é ilegal e mesmo pode ser sancionado. Isto é lóxico, porque se non o ordeamento xurídico non o respectaría ninguén. Eu obxecto ás multas de tráfico, porque creo na bondade dun ser superior que me obriga a violar o código da circulación.

Voltando ó tema, ¿quere isto dicir que as asociacións de docentes católicos concordan ca nova asignatura?

Pois non o sei. ¿Recibiron sempre vostedes, cando estudaban todos os programas integros das asignaturas? ¿Nunca saltaron ou non chegaron a algún tema por falta de tempo? ¿Pasoulle algo ó profesor?

¿Alguén vai controlar que a asigantura de educación para a cidadanía impartida en todos e cada un dos centros públicos e concertados se axuste ó temario establecido?

¿Porque os bispos non aprenden dos seus fieis? Os principios están moi ben, pero os cartiños que da o ministerio de educación para que os nenos reciban educación conforme o programa educativo oficial tiran mais.

¿Alguén matricularía ós seus fillos (deixando aparte ós membros das sectas) nunha escola que non dera o título oficial en primaria, secundaria ou bacharelato?

Non o podo saber, pero a min a situación de desencontro entre os bispos e os profesores católicos dame esa impresión.

xeneralarandaebispo.jpg

Chuzame! chuzame -

Hoxe á mañá escoitei que ós bispos españois non lles gusta a educación para a cidadanía, que a educación en valores democráticos excede o cometido do Estado.

Isto o di unha organización que non respeta os valores democráticos, lóxico.

Se pensamos que España é maioritariamente católica, as afirmacións da Conferencia Episcopal poden levar á confusión.

¿Non deben os nenos ser educados no coñecemento dos valores democráticos recoñecidos pola nosa Constitución vixente e base da mesma?

¿Non deben os nenos coñecer os dereitos humanos recoñecidos na propia constitución e en varios tratados asinados por España e a maioría dos países do mundo?

¿A que lle ten medo a Conferencia Episcopal?

¿Téñenlle medo a que os nenos poidan pensar? ¿Teñenlle medo a que pensen que a Igrexa non se guía por principios democráticos? ¿Téñenlle medo a que pensen que a súa Igrexa non respeta a igualdade entre sexos? ¿Teñen medo a que pensen que a Igrexa pon a miudo outros valores antes que a dignidade dos seres humanos? ¿Teñen medo a que pensen que os seus lideres morais aplican criterios do século XVI á realidade do século XXI?

Para ver mais claro o absurdo do que pretenden os bispos non pensedes que os pais son católicos, imaxinade que os pais son de outra cultura distinta. ¿Habería que deixar a uns pais musulmáns que educaran ós seus fillos sen coñecer os valores da nosa sociedade?

¿E por que a uns musulmáns non e a uns católicos si?

A esta xente o que lle viña ben era eliminar o celibato para non andar todo o tempo pensando en cousas raras.

bispos.jpg

Chuzame! chuzame -

Pero non este nin este, este outro.

Hoxe, na caixa de correo da miña casa atopei variado spam. (non é preciso que leades o que pon, só é spam ;-) )
Dos que agora están en campaña:

bng1.jpgbng2.jpg

E tamén dos que están en campaña permanente:

ohome.jpgohomevolta.jpg

Afortunadamente alguén preocúpase polo benestar do meu barrio e da miña alma.

Grazas ós dous, mágoa que desta volta non poidades venderme nada.

¡Sorte para a próxima!

Chuzame! chuzame -