Despois da morte de Fraga atopeime…
Vale, non foi a morte de Fraga. En realidad
e foi a desaparición do carril bus, substituido pola ora e os carrís prioritarios(?)
Pensaba eu que as decisións da maioría, se a maioría tivera toda (toda e real) a información sería perfecto. Ou mellor ainda: O goberno dun ser omniscente, desinteresado e que buscara sempre o ben da maioría. Ese sería o goberno perfecto.
Non falo do despotismo ilustrado, porque eses despotas non podían ser totalmente desinteresados e carecían de moita información.
Ocorréuseme que isto xa o vira, isto era o que ocorría na saga da Fundación cando finalmente Asimov a uníu co Imperio e os robots. Mais non, por moito que Daneel pretenda actuar informado (e sabe moito) non pode saber todo.
O autentico gobernante tiña que ser Deus: unha teocracia.
Volta ás orixes. Ou non?
En realidade, o que os humanos vivimos foro aristocracias ou autocracias lexitimadas relixiosamente, mais Deus ipse nunca gobernou pola súa man.
Poderedes dicir que o goberno de Deus é unha fantasía, porque Deus non existe.
Eu resposto que é unha fantasía evidente, mais non é outra fantasía a nosa democracía se non temos a información que precisamos para decidir?
Pois iso: Deus, a ver se reimplantan o carril bus.
P.D. Este é o primeiro post que escribo desde o móbil. No bus.





