Esta entrada é para a mesma xente que as primeiras anotacións do blogue.

Cando escribía pensando que ninguén ía ler o que puxera pensaba que alomenos os meus amigos lerían o blogue.

FAIL

Os meus amigos tiñas cousas mais interesantes que facer naquel intre.
Agora que teño o blogue aparcado pola vida, as series, o twitter, gomiso.com, escribirei isto e mandareille un correo para que non teñan outra que lelo.

A miña amiga Patricia mandaba o vello video de Enjuto porque está descubrindo o twitter. Eu ía dicirlle que o que agora está de moda é este:
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/vmzhSVDR2nc" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Mais este video así sen explicar non di todo.

Hai que contar que o escritor Juan Gómez Jurado publicou este artigo on-line.
Que un cantante moi famoso, que gaña premios grammy e vive en Miami «…de cuyo nombre no quiero acordarme» e que chamaremos só famoso cantante retouno a regalar os seus libros na rede como disque ten que sufrir el.

Juan Gomez Jurado como é unha mala persoa, decidíu amolar ao famoso cantante e comezou a regalar o seu libro mais vendido, Espía de Dios. Puxo unha ligazón en twitter coa ligazón ao seu libro animando á xente a descargalo e se lles parecía ben doar un euro a Save the Children a cambio.
Cando xa levaba algúns miles de euros recadados decidíu montar unha web 1libro1euro para animar a outros autores a que fagan o mesmo.

Juan Gómez Jurado é unha mala persoa, fíxose mais famoso igual que Bob Geldoff aproveitando o tirón de axudar aos demais.
Claro, como a súa iniciativa leva recadados mais de 30.000€ ou 40.000€ é un heroe, mentras o famoso cantante que só quere facerse millonario co seu humilde traballo queda coma o malo da película. E ainda ten que sufrir o demagóxico ataque dos que din que non fai declaración da renda en España. Canta maldade!

Pois todo isto, e moito mais, está pasando nesa realidade alternativa que é Twitter.

Coma o TurismoBisbal ou telebasura tu puta madre
Ainda que o que mais consecuencias tivo foi a ‘abducción’ de Alex de la Iglesia por ese ente que é twitter seguida algo mais lonxe polo humor negro de Vigalondo empregado polo Mundo e outros para meterlle caña ao Pais …que finalmente cedeu.

Esquecede Facebook, que está moi ben para compartir fotos coa vosa tia que vive en Alacante.
Embrace the dark side… come to twitter XD

…ou se cadra non, que xa está comezando a haber xente de mais ;-)

Que toca agora? Segue de moda Quora?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Remata un 2010 que na familia foinos bastante ben. O ano estivo marado pola gravidez da señora Colombo e o nacemento do Pequeno.
Económicamente non temos queixa, polo de agora os dous seguimos co mesmo choio e non nos afectou a crise. Ademais a Moruncha naceu no primeiro ano do cheque bebé e o Pequeno no derradeiro así que por aí tampuco hai queixa.

Tamén un cambio importante foi o do piso da Avenida Finisterre a MatoGrosso. O piso novo é mais grande e o barrio é mais cómodo para andar cos nenos. Polo de agora tamén estamos contentos con iso.

Así que non pedimos mais para o 2011.

No tema de internet xa vedes como teño esta leira, que veño pouco e sen moito xeito. Agora ando moito sachando no twitter, algo no Facebook ainda que lle faga menos caso e desde hai pouco no miso porque estou vendo moita tele. Pouca polas cadeas españolas, mais moita tele ao fin.
E outra das cousas que estou facendo este ano é escoitar mais podcast. Queda para outra.

Cando leades isto xa será 2011, é un momento tan bo coma calquera outro para desexarvos todo o mellor a todos. Grazas por ler isto nestes cinco últimos anos.

Bicos e apertas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Reproduzo o comunicado de Agustín Fernández Paz rexeitando o Premio da Cultura Galega.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A miña vida e a da nosa familia convertiuse nunha escolma de tópicos sobre a felicidade. Supoño que faltará algún, mais cos que hai, por sorte, imos ben servidos.

Despois de eliminar tres parágrafos sobre as bondades de ser pai (non é coña :D ) simplemente sabede que estamos encantados co neno e co abraiantemente ben que aceptou a Moruncha a nova situación. Agora mesmo todo son cousas boas e alegrías, tempo haberá para estar cansos e querer meter aos nenos nunha gaiola. ;-)

E agora, un por un, tal coma é debido, agradecer aos que mandaron parabéns:

ascárida e opaco os mais rápidos, ela no blogue e el no twitter. Opaco xa sabe o que é isto e mandara ademais recado da matemática dos fillos. Pawley mandou un SMS e chamoume polo móbil porque el sempre ten moito que dicir.
Seguiron a Opaco no Twitter Tawil, Bertogg, Meryone, Lombao, Orsinia, IaRRoVaWo, ascarida outra vez, anllo, odeleandro, zezinho, chimpinho, calveiro, francovicetto (que terá un post enteiro para contestar unha pregunta súa), bertez, Reidotoxo, mediapinta, Modesto, albixoi, goretoxo, mais de opaco, Tati e signatus.
Polo vello e bo camiño do blogue comentou o nacemento ademais de ascarida mourullo que mandou as primeiras beizóns para o neno, Lombao outra vez, mias odemo (demostrando o seu bo gusto), F.Miguez (o cativo é moi boiño, sorríu porque sabe que sae mellor nas fotos así), Oko (outra cun gusto excelente), ifrit a nena tiña conta no vello chuza a ningún dos dous lles fixen conta no novo, albixoi, David Fernández, Snob gústame o de nitiño e estiven tentado por deixar que seguira nomeando a membros da familia despois do suceso da Sra.Colombo, mais non me vexo chamando ao neno nitiño, e o do micro xa lle atopamos uso ao que teño na casa!, besbellinha, emerecí (outra que ten bo ollo para os homes), Tati e Alfredo que de nenos tamén teñen moita mili feita, mais umha vez Franco Vicetto, Serigami (é abraiante canta xente sabe recoñecer aquí a un neno guapo :D ), igual que Paula GV e ollo de vidro, Adycto, Ictioscopio e xOsse dorrío.

E sigo con esta relación de nomes que semellan os aprobados da selectividade, ademais de toda esta xente tamén houbo quen aproveitou o Facebook para facer chegar as boas vibracións. Aquí só falarei de novos nomes porque moitos sodes multiplataforma ou multirrede e mandades o voso agarimo en múltiples formatos.

Gala González, Pablo Mato, Teresa Mancebo, Jorgito, Nuria, Cris, marcos Riveiro, Marta Concheiro, Paula Gamallo, Mar Barreiro, Eduardo Estevez (que está trabucado porque non sei se o pai é guapo, mais o fillo gáñalle de longo :-) ), Juanjo Seixas, Siro, Moncho que avisou con gran sabedoría de algo que xa tiña previsto ;-) , Martin Wu. E gustoulle ademais a Marta Lores, Sara Atán, Begoña Outeiro, Belén Regueira, Ozo Perozo, Archer Ése, Eli Rios, Bruno.

Entre todos estes nomes hai moitos que son só coñecidos (ainda que sexa só porque ainda non tivemos oportunidade de ser algo mais) e agradézolles moitísimo que se lembraran da miña familia, fixéron que me sentira moi ben. Outros xa vos convertistes en algo mais, sodes meus amigos e as vosas mensaxes chegan desde o voso teclado ao meu corazón. Un terceiro grupo, cos que teño mais trato xa sodes tan amigos coma os que non mencionei ainda, os meus amigos de toda a vida que recibiron a nova por mail e respostaron do mesmo xeito ou polo móbil, sodes case da familia.
Con todos vós, as cousas malas son menos malas e as boas son ainda mellores, de verdade sodes xa unha parte importante na miña vida. (Non entendo como hai tanta xente que fala mal de internet)

Grazas a todos. Deséxovos o mellor.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xa somos catro na familia. A nena ainda non coñeceu ao seu irmán e xa o podedes ver vós.

O parto foi mais doado que da primeira vez, se cadra porque desta volta decidiu o neno que xa era tempo de sair e non fixo falla provocalo. Ou pode que axudara que fora o segundo.

Hoxe ás 13.30, pesando 3,200 gramos naceu o neno, que hai xa moito que ten nome, o do seu avó materno mais ainda non ten alcume, con todos vós o pequeno ghanito.

durmindo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe vin polo twitter que anda por aí unha coleccion de adidas e Star Wars xuntos. Foi doado atopar imaxes coma estas ou estas

Os tenis non me teñen boa pinta en xeral así de primeiras, ainda que algún non está mal, porén a chupa de Darth Vader ten unha pintaza, deixando claro tamén que non me vexo eu mesmo con ela! :D

adidas-DarthVader1

adidas-DarthVader2

Sei de algún que igual cando vexa estes tenis de Luke bota contas para mercalos e todo. Non vou dar nomes…

adidas-Luke

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp