Falou o Tribunal Constitucional sobre a lei de violencia de xénero. Non vou entrar en tecnicismos porque excede dos meus coñecementos e pretensións discutir xurídicamente aquí co TC, porén direi que non concordo coa súa decisión.

Os textos polémicos refírense a que se un home pégalle (ou ameaza, ou maltrata sicolóxicamente, etc.) á súa parella ou ex parella e esta é unha muller merece mais castigo que se a vítima é un home.

Non é que estea a favor da violencia machista, nada mais lonxe da miña intención. A miña discrepancia vai mais pola liña das ferramentas para evitala e das consecuencias de empregar ferramentas pouco axeitadas.

Cando a sociedade ten un problema os políticos son os elexidos por todos os demais para resolvelo. O xeito mais aparente, rápido e barato de facer algo é lexislar. Un dos candidatos mais habituais para recibir esas 'atencións' é o Dereito Penal. O perigoso é que o Dereito Penal é unha das partes da lexislación mais cercanas á Constitución, porque limita os Dereitos Fundamentais. E ademais, a solución desde o meu punto de vista non está nas Leis, está no que despois se faga con elas. Por iso paréceme un erro a nova redacción que se fixo do Código Penal.

Non podo aceptar coma argumento que o 90% da violencia familiar a cometan homes contra mulleres. Non vamos xulgar cada caso por separado? Non vamos estudar cada realidade independentemente da persoa que cometera o acto típico, antixurídico, culpábel e puníbel?

Non estaremos colocándonos ao mesmo nível do que o home que puxo un cartaz proibindo a entrada a rumanos na súa tenda? descoñezo o seu caso, e ademais estatísticamente os inmigrantes non cometen a maior parte delitos, pero non estaríamos xustificando a súa actitude se aceptamos o argumento estatístico?

Eu non o acepto.

Paréceme ben regular esta realidade para darlle armas a xuices e corpos de seguridade na defensa das mulleres, porén o texto debería castigar igualmente a violencia dentro dunha parella de homosexuais, de lesbianas ou o hipotético caso de que unha muller fora a que exercera a violencia sobre o seu home. Se iso non vai suceder nunca, que mal hai en que estea previsto? Seica non sería un feito igualmente rexeitable? O meu problema non é o que castiga a lei, senon que sexa demasiado curta e non castigue outros feitos porque non os considere frecuentes ou mesmo posibeis.

E non vexo en que podería perxudicar facer unha lei xeral e que fora mais obxectiva. Porque subxectivo ven de suxeito e canto menos subxectivas sexan as leis penais muito mellor.

Fíxome dubidar sobre escribir isto quen está a favor e quen está en contra, porén até o momento no que lea a resolución (que non dou atopado na rede) alguén tería que convencerme do contrario con argumentos que non foran 'ad hominem'

Para rematar, hai xa un tempo que as polémicas polícas que arrodean ás altas instancias xudiciais fanme lembrar a Alan Moore e Dave Gibbons.

who watches the watchmen

Chuzame! chuzame -

Se o 1º de maio a xente non está aquí...

20080501elpepivin_1.jpg

... se cadra é porque está nunha manifestación diferente.

trafico.jpg

Chuzame! chuzame -

Entereime no medio dunha conversa profesional, un cliente comentoume que ETA matara a un ex concelleiro socialista diante da súa muller e a súa filla. Quedei frio.

Xa no coche, coma en tantas outras ocasións tristes a radio foi dando mais detalles.

No portal da súa casa, feridas na cabeza e no peito, sen escolta desde había non moito tempo.

Puiden escoitar bastante mais tarde a un amigo de Isaias cheo de dor e carraxe e entón escoitando falar da persoa que morrera, non do concelleiro asasinado, sentín un calafrío. Vinme a min mesmo nas mismas, ca miña muller e a moruncha, saindo da miña casa e morrendo alí mesmo.

No plano político non hai moito que analisar, porque un asasinato non debe ser analisado dese xeito, porén é evidente que estes feitos teñen as súas consecuencias (e xa pudimos comprobalo hai catro anos) e despois de escoitar a varias persoas chamando á participación cívica (que penso que é o que tocaba facer, ademais) dame que a participación vai subir mais do que se agardaba. E todo o mundo dicía que unha alta participación beneficiaba ao PSOE.

Síntoo moito pola súa familia, os seus amigos e todos aqueles que sintan medo despois de escoitar o que lle pasou.

Ten algún sentido esta violencia? Pensan eles mesmo que así acadarán algo?

sangue.jpg

Chuzame! chuzame -

Non vira ainda este video, que atopo en casa Pawley.

Vexo que ZP xa está cobrando o canon (ou mais correctamente polo voto no do canon)

Vamos que este video pagámolo entre todos. Gústennos ou non, que esa é outra.

É curioso ver coma os antigos apoios do PCE volvense agora tan pragmáticos.

Chuzame! chuzame -

Os tres do Eixo están xa en terceiro grao despois de mes e medio.

Había ser tan axiña se non mereceran, cando menos, ser indultados?

Alomenos poderán traballar e ver decote ás súas familias.

Agardando polo indulto.

Chuzame! chuzame -

Paseino moi ben nos últimos dez días, non tedes mais que ver o blogue. E non contei aquí todo, paseino estupendamente ca miña muller facendo o de sempre, todas esas cousas cotiás sen importancia.

Estiven en Compostela nun concerto, estiven en Vigo, en Ourense, e tamén fun traballar (isto foi o pior, claro)

Queda clara unha cousa unha vez mais: eu non son un dos tres do Eixo, que levan dez días na cadea.

A ver se é verdade que lle dan o terceiro grao axiña e mellor ainda se lles dan o indulto.

Chuzame! chuzame -