O contador do Statcounter conta só as visitas á páxina que cargan, por iso onte baixaron. Todas as visitas chegadas desde un internet explorer recibía unha mensaxe de erro 403. Para saber de que estou a falar, le isto.
Eu comprobeino... desde o concesionario onde fun levar onte o meu ghanitomóbil á revisión dos 15.000 16.200 km. Os da toyota tiñan un pc conectado á rede e alí fun eu todo decidido a comprobar a eficacia do pluggin. Admito que digan que son un excentrico (toda a vida de dios se lle chamou excéntricos ós que agora se chama friki, podíamos seguir empregándoo :D)
Na casa non podería comprobalo, que (coido que) non hai versión de ie para linux
Por curiosidade, as visitas medias segundo o statcounter este ano están sendo 127 únicas e 169 cargas de páxina diarias e onte foron só 54 e 72.

chuzame -











