O sábado comecei en Ourense ca lectura de apocalipse zombie, a novela de zombies do Manuel Loureiro.

Non a lin en papel, senon que a seguín coma foi criada, no seu blogue. A experiencia é mais que recomendabel, lese coma un folletín, cunha chea de cliffhangers ao final de moitas das entradas. Ademais a estructura do livejournal, que deixa entradas valeiras cando un día non se escribe nada permite recrear o ritmo da súa publicación orixinal sen ter que sufrir as insufribeis esperas de varios días.
A acción transcorre como din os de Dolmen nunha cidade española de provincias, pero non nunha calquera, a historia comeza nos arredores de Pontevedra e moita da acción ten lugar en Vigo.
O sábado estiven case todo o día lendo e, buscando no google algunha vella tasca en Vigo chamada a cepa vella, atopei este arquivo en PDF.
O domingo á mañá rematei as últimas 44 páxinas xa no PDF, e penso que o vou mercar para que o lea a señora Colombo, porque semella que esta interesada e gustoume abondo como para que mereza mercala.
Cando cheguei á casa o domingo á tarde púxenme ver Life on Mars, serie que tiña pendente, e entre onte e hoxe á tarde vin case enteiros os 8 episodios da primeira tempada. Aviso para televidentes a versión traducida ao castelán que emitiron os amigos de antena 3 está recortada segundo din aquí. Afortunadamente eu estaba vendo a versión orixinal leguendada, porque acabo de enterarme disto hai un minuto. A serie paga a pena ainda que só fora pola música e toda a ambientación de comezos dos setenta, grandisimo ano o 73, que boa colleita

Estas sobredoses de cultura pop teñen algún sentido?
Pois si, porque se non acabara de ver todas estas cousas igual calquera día teño que aprazalas unha semana. Disque esta semana hai moi, moi, moi grandes probabilidades de que naza a moruncha. Así que calquera día teño que sair disparado de Carballo a Ourense
Se houbera novidades teríavos informados.
chuzame -