Xa temos o armario eléctrico enchufado á corrente e facendo ruido. Agora é cuestión de tempo que empece a botar frio para fora ó abrilo.

Mañá xa poderei comer e beber cousas frías! :-)

Falta chamar un carpinteiro para que nos enganche as portas de fora coas de dentro, así que non sabemos canto vai custar finalmente.

E aproveito para desculparme coa xente da LNB noroeste, que onte non puiden subir á Zapateira (despois de tanto avisar que ía) por temas familiares de última hora. As prioridades están moi claras, mais non quita que me amole non subir xogar.

Agora vou pagar á tenda e de paso mercar algo no metadona para meterlle dentro. ;-)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non, hoxe non vou falar desa xente tan festeira que ainda que non son tantos semellan 61 porque non deixan de aparecer en cantas festas ou concertos haxa en Galicia.

Vou falar deses armarios que a xente ten na cociña. Eses armarios que cando abres sae algo de frio do interior. É estupendo abrir a súa porta e ver o que hai dentro.

Xa sei que haberá algún estudante lendo isto e pensará que ver o cabo dun chourizo (e toda a corda) e un anaco de queixo medio podre non lle alegra a vista a ninguén. Certo. Porén malo será que o leite tamén estea ácedo. Nomeadamente se é o único comestibel que queda dentro. E con todo, nin sequera os estudantes a teñen sempre tan mal. Ou non está chea de líquidos de diversas cores e propiedades os xoves de cada semana?

Pois ben, non podedes imaxinar o bonito que é ter a neveira na casa até que un día a neveira convírtese nun armario branco por dentro cuns andeis estraños, no que só hai algo de froita e que non solta apenas frio.

Porque, meus amigos… a nosa neveira morreu!

Polo prezo do trasplante de corazón que precisaba (e un chisco mais) e aproveitando tamén a coincidencia co ‘plan renove’ da Xunta imos mercar unha neveira nova. A quen carallo se lle ocorre meter a neveira dentro dos mobeis da cociña para que semelle un armario mais? Ademais de que así dura menos (ainda que normalmente non tanto coma a nosa, que morreu bastante nova) agora pagamos mais por unha nova e temos menos onde escoller :-(

Agardamos por ela impacientes.

Quero os meus iogurtes de volta na neveira! E a cervexa e o leite frio!  :-(

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estes días, ademais de estar na casa ca familia e ver a televisión mais do habitual para min (eurocopa incluida) pouco mais fixen.

O mais salientabel, seguramente foi estar o venres coa familia pelacha e dorfun na presentación de que la ciencia te acompañe, atraidos pola persoalidade dun dos editores do libro, que ilusamente dixo que se algún dia os ten, os seus fillos non terán Playstation. Abofé que non. Quen quererá unha antigualla coma esa nuns anos? haberá cousas piores.

Por certo, coñecín á Pelacha e estiven falando moito rato con ela. É encantadora. E mándolle un bico a Leco para mañá, que xa sabe ela por que é.Esta é a pelacha debuxando con moito estilo :-)

pelacha.jpg

Alén diso o mais importante do que fixen leva aparellado gastar unha gran cantidade de cartos:

1.- mercar un coche.

Desta volta non contei os meus padecementos. Porque ó contrario que opaco eu odio andar buscando coche. Todo reduciuse a pasar uns meses convencendo á señora colombo de que o coche que lle conviña era o que a min me gustaba e ningún outro.

Puiden levala ó meu rego e mercamos un Honda Jazz. Que leva matriculado desde o venres e ainda non o collimos! :lol:

Somos mais raros que diola.

2.- estivemos vendo un mac mini. Probablemente merquemos un mac mini e unha pantalla de 40» para o salón e un router para montar unha rede na casa co outro PC. Tamén é posibel que caia un disco externo de 1Tb, pero xa se verá.

O coche custou case 10 veces mais que o resto, pero dareille mais voltas á compra porque iso si que me gusta compralo :lol:

Xa vedes, paso o día repartido entre o meu papel de pai de familia e alienandome grazas ao consumismo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Un dos motivos polo que as vendas na rede non acaban co comercio tradicional (ainda) é a falla de confianza do consumidor na garantía ofrecida.

Confeso que cando o outro día descubrín que a cámara estaba avariada, ademais de amolarme a propia avaría pensei que ía ter que enfrontarme a outro servicio de atención ao cliente.

Por iso cando ademais non atopei a factura na casa fíxenme á idea de pagar a reparación da cámara.

Con todo preocupei en averiguar que o servizo técnico de foto e video dixital de Canon está centralizado en Madrid e recollen os equipos a domicilio. Pero esixen a factura ou o tique de compra :-(

Por iso hoxe armeime de valor e paciencia e pedinlle á xente de Pixmanía que enviaran unha copia da factura por correo coma paso previo á chamada a Canon para a recollida da cámara.
Fixen a solicitude na súa web e confirmáronme a recepción cun correo automático ás 16:50.

Ás 16:56 chegou a resposta incluindo a factura en formato pdf.

6 minutos, abraiante. Parte do mérito está en que a miña consulta levaba incluida a referencia do pedido de xeito automático e probablemente teñan xa case automatizada a resposta a esta petición concreta que debe ser moi frecuente. Porén iso non lle quita o merito nin a satisfacción que coma comprador produciume. Parabéns.

Como estou chamando despois das 14 horas Canon recollerá a cámara o venres entre as 9 e 14 horas no enderezo que lles facilitei (o do choio, claro, que a esas horas…)

Irei dando mais novidades a medida que se produzan. E agardo que sexan case igual de rápidos  :P

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pensei titular isto oportunidade perdida, porque penso que vai ser o caso.

Son cliente de Vodafone desde que se chamaban Airtel. Non lembro exactamente, mais penso que desde o ano 1998. Levo sendo cliente seu desde o século pasado.

Cando comecei levando móbil non era nada frecuente que a xente tivera un, era algo un pouco snob e eu procuraba falar ás agachadas para que a xente non me mirara mal. E por outra banda era esclavo del porque ó ser cliente de tarxeta non me daban a posibilidade de desconectarlle o buzón de voz co que condeaba ós que me chamaran a falar co buzón de voz e pagar unha chamada ó móbil (que daquela considerábase algo carísimo).

Con tan longa traxectoria conquerín ir axustando os prezos por minuto cada vez mais ainda que non o establecemento de chamada, claro. Porque aí é ónde está o seu negocio.

Ó comezo era a propia regulamentación a que nos daba polo cu ós consumidores, porque estaba proibido baixar o establecemento de chamada, e agora son eles sós que se poñen de acordo para sacarnos os cartos do mesmo xeito que casualmente nos subiron o prezo o mesmo día.

Non estou moi contento últimamente porque desexaría poder acceder á rede co móbil sen ter que pagar coma se fora un luxo. Desgraciadamente para min, sei que en outros países do mundo considérase o acceso ás novas tecnoloxías da información unha cousa tan normal que o servizo de acceso a internet móbil espallouse coma aquí o sms. Claro que alí o prezo é outro. Igual que o da internet de banda larga na casa. Pero iso o deixarei para outro día.

Antes de cambiarme a Yoigo, o operador que tiña a tarifa que me pareceu mais axeitada: 1,20€ + iva diarios, pensei agardar a que R sacara o móbil e levei unha decepción enorme.

Non vou entrar polo miudo pero o consumo mínimo non baixa dos 6 € por liña contratada (cando xa lles pago cotas mensuais polo resto de combos) e as tarifas de acceso a internet móbil son de risa: 1€ por Mb descargado é o estandar (é certo que se pode mellorar moito ese prezo) e a operadora nin sequera sabía cal era a velocidade de baixada que ofertaban.

Certo que o trato non foi tan malo coma o día que unha operadora de Vodafone colgou cando lle dixen que quería información para darme de baixa, se cadra é porque con R só levo desde o 2000.

En tempos conseguín convencer a toda a miña familia e a miña familia política que se pasaran a R. A oferta era tan boa que só tiña que chegar o cabo á súa casa para convencelos de que o contrataran. Témome que a chegada do móbil de R non vai consolidar a súa posición no mercado, porque cos prezos que ofertan, e para falar igual pola rede de Vodafone, ou quedo onde estou ou marcho para Yoigo.

Ainda non tomei unha decisión, porque R non me axudou nada ca súa oferta.

Mágoa.

logo-r.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hai un par de semanas ou así tiven unha pequena discusión sobre as bondades do iPod con turuto.

El dicía que desde que se acostumou ó iPod é un aparello totalmente imprescindibel na súa vida.

Eu defendía que o iPod era un trebello coma outro calquera, se cadra non o mellor, porén convertíuse nun estandar por motivos que teñen que ver co marketing e coa oportunidade. Recoñezo que poida ser robusto e cun deseño atractivo, porén casos coma o dos sistemas de video doméstico ca guerra entre o Video200 o Betamax e o VHS fainos lembrar que a imposición dun estandar ou de outro non ten que ver as mais das veces cas bondades técnicas e si con outro motivos económicos, comerciais ou corporativos.

Agora, o coche do que tanto falo dun tempo a esta parte (non porque fale moito del, é que non escribo case nada e parece mais :D ) pode que me leve a mercar un iPod porque a radio-CD (que tamén le os arquivos mp3) ten un conector para iPod. A expansión das súas vendas grazas ós acordos comerciais con fabricantes de coches é un xeito tan bo coma calquera outro, e as xentes de apple aproveitan a súa posición dominante e a súa imaxe de marca para aumentar a inercia das súas vendas.

O meu Zen de 5GB xa o podo meter polo cú. E tamén podo esquecer mercar un reproductor compatible co formato ogg.

Vivan os estándares pechados!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp