Ola a todos.
É certo o que me dixo o outro día o meu irmán: levo un tempo escribindo menos no blogue.
Non pasou nada especial para que baixara o ritmo, supoño que será un conxunto de cousas.
Ainda estou agardando polos de ASUS (non merquedes as súas placas base) que contesten se a garantía cubre a avaría do PC e o portatil non o teño acendido día e noite (porque non o emprego para baixar torrents)
Paso mais tempo ca señora Colombo e xa case rematamos de ver The Sopranos. Hoxe comezaremos cos derradeiros episodios, a segunda parte da sexta tempada.

Estiven lendo bastante BD (lin todo o Question de Denny O’Neil entre outras cousas)

E mais nada. Supoño que o período do nadal paseino afastado do teclado. Non sei se agora que acabaron as festas collerei ritmo de novo. Xa veremos.
E os reis deixaron, entre outras cousas moito mellores, varios quilos de mais que haberá que botar fora coma se poida. Non é nada raro tendo en conta o ritmo de comidas que houbo estes días. Esta foto non é de un cocido, é do que lle bota a miña aboa á sopa que fai o día de reis. Xa podedes imaxinar a potencia da sopa.













