Tivo lugar o sorteo hoxe, 5 de febreiro, festividade de Santa Águeda que coincidiu neste ano co martes de entroido, festividade local na Coruña (ainda que non en Carballo).

Ca colaboración da señora Colombo que aportou a súa man inocente sairon ó chou os números que correspondían a:

F. Míguez, autor do blogue Apunta para non esquencer que desfrutará percorrendo as marabillosas infraestructuras viarias que enchen a fermosa vila de Redondela dunha mostra de músicas Creative Commons escolmada e gravada por ictioscopio.

ak77, autor do blogue do mesmo nome (uséase homonimo)  que escoitará o cd de alDDao de camiño a un concerto popeiro ou a unha exposición de arte, ou se cadra o deixará debaixo dunha chea de discos moi roqueiros para que non abaneen...

Sexa nun lugar ou noutro que o desfruten con saude (e que nós o vexamos)

Deixo unha foto desta maqueta porque non atopei ningunha que fixeran ó CHOU

hospital-cristal-pinor-ourense.jpg

Chuzame! chuzame -

Copiando a lista que besbellinha fixo no seu blogue, estes serán os posibeis gañadores dos agasallos da festa:

Jan cruxens tangaranho An(tres veces) a rapaza do arco (dúas veces) seguro prosciutto (dúas veces) Regueifeiro W. Sobchak Almu zerovacas Sak turuto vacorinho(dúas veces) Manuel Rivas(dúas veces) dorfun Doutora Seymour(dúas veces) O_Fartura Anxo D ifrit opaco spaviladiyo F. Miguez Zeke Sugar Kane paideleo ak77 oko x Sol Costas ictioscopio Mr Tichborne

o prazo rematou onte e xa non se engadirán mais nomes a esta lista de 33 comentaristas (32 en realidade, que algún cambiou de nome nos comentarios :) ) no período fixado nas regras do concurso dos agasallos da festa. Contando as repeticións (e excluindo a besbellinha, que tamén me excluíu a min :lol: ) son 40 números que entran no sorteo neste blogue.

Ainda non sei o que me corresponde entregar a min e o que lle corresponde a besbe. Procuraremos no tardar moito en resolvelo porque o sorteo disque vai ser esta semana.

bolas.jpg

Chuzame! chuzame -

Non chegou con facer unha macrofesta para sacar ós blogueiros do botellón! (e mesmo do garrafón como podo dar fe polo bo mencer que me deron as copas do 14!)

Non abondou con facer que os presentes sentiran intensas emocións ó comprobar se lle tocara algo no sorteo de agasallos da festa! (ainda que ós mais deles non lles tocara nada, que aí esta a graza)

Non! Ainda hai mais!

Si, ainda que pareza incribel mantemos a mesma liña e seguimos para bingo. (lembrademe que non bote caña no café antes de escribir no blogue, que me perdo)

Besbellinha e mais eu sortearemos entre todos aqueles que (de xeito deliberado ou fortuito) comenten neste blogue ou no blogue beliscos pequenos desde hoxe e até o día 3 de febreiro inclusive. E non vou mirar moito o tema da hora, se acertades o reloxo pola hora portuguesa vale, porén non valerá se tomades como referencia Bariloche ou Sâo Paulo. Ainda que tanto ten, supoño. Todos os que non puidéchedes vir á festa xa tedes a resposta ás vosas peticións: sorteamos agasallos para todos!

O caso é que entre os que comentedes sortearemos un CD de música Creative Commons escolmado polo noso amigo common boy, dous Cd de AlDDao, e un exemplar de Proxecto Identidade o libro parido por moitos dos membros do blogomillo e que tamén ten licenza creative commons.

O caso é que todo o que sorteamos está xa na rede e ademais de balde que exercemos de comuneiros até para agasallar pero este sorteo pode ter éxito por dous motivos:

1º Todo o que é de balde encántanos, ainda que despois teñamos dor de bandullo, ollade aí para as vodas e as 'barras libres'

2º Non creo que perderades totalmente o pracer fetichista de ter os discos e sobre todo dos libros na vosa man.

Cada blogue repartirá dous agasallos (non sei ainda cales) entre os seus comentaristas e despois fara chegar por correo ou na man o premio ó afortunado. Se tedes o costume de deixar un enderezo de correo falso nos comentarios igual podíades cambiar o costume por un par de semanas, porque dese xeito xa nos poderíamos poñer contacto cos gañadores. Senon, é traballo voso o contactar con nós unha vez premiados.

Se tedes algunha dúbida deixade un comentario preguntando e así xa entrades no sorteo.

Mais nada, sorte a todos e lémonos.

Chuzame! chuzame -

A LNB Liga Nacional de Billarda medra.

Agora, ademais da conferencia Este (a orixinal) haberá unha conferencia Nororeste.

Coma di esta xente: Outro deporte é posibel!

Non hai que estar en forma para participar, e a diversión está garantida.

packlnb.jpg

É a vosa oportunidade se vivides perto da Coruña.

para pedir información polo miudo ou anotarvos podedes, ademais de mirar no blogue, enviar un correo a:

lnbnoroeste@gmail.com

Xa estades tardando!

Chuzame! chuzame -

O pracer que atopamos en masacrar seres na consola, ¿fala de nós?

Agardo que non.

Polo voso ben, muahahahaha

Chuzame! chuzame -

Teño a PS2 desde hai moito tempo, pero nunca lle saquei moito partido. Tan pouco que presteilla a Aser durante uns meses porque levaba moito tempo sen usala nada.

Pero a señora colombo, de un tempo a esta parte aficionouse ós novos xogos da PS2, xa comentara hai pouco o tema das novas interfaces, xogos coma o buzz, o guitar hero, o singstar e outros.

Por iso decidinme a tunear a Playstatión e merqueille unha nova carcasa, unha coma esta:

tapa.jpg

E tamén merquei un CD e un DVD, que na páxina web di que serve para xogar con xogos mercados no estranxeiro e para as miñas copias de seguridade tamén.

cddvd.jpg
Por sorte tiña unha gran colección de xogos que nunca estreara e fixéralles copias de seguridade (un costume que eu teño de sempre) antes de que desapareceran todos nun incendio na miña casa.

Merquei todo na rede e en dous días xa me chegou á casa. Xa vos contarei cando o monte e probe os xogos, que teño as miñas copias de seguridade en Vigo ;-)

Chuzame! chuzame -